Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Música

O alumnado de Proxecto Competencial de 1°ESO e 3°ESO saíron á residencia de maiores situada na Praza de Vigo de Carballo. Os nosos nenos e nenas convertéronse en contacontos para así traballar e mellorar a expresión oral en público. E foi un éxito! Contaron e cantaron e tamén recibiron consellos, eloxios e agasallos dos maiores. Moitas grazas por esta experiencia!

O alumnado de Proxecto Competencial de 1ºESO e 3ºESO acudirán os días 17 e 19 de abril a un centro da terceira idade de Carballo para facerlles un contacontos. Esta actividade está organizada polo Departamento de música.

 

O pasado venres 22 de Marzo ás 11:00 horas, aberto ao público, o alumnado de Bacharelato do IES Isidro Parga Pondal realizou un programa de radio en directo dende o Casino 1889 de Carballo.

Tratouse dunha emisión en streaming con entrevistas, debates, opinión,... todo intercalado con pezas musicais interpretadas en directo.

Agradecemos ao Casino por cedernos este marabilloso espazo, así coma a súa axuda en toda a loxística, sen esquecernos claro está dos colaboradores que participaron nas entrevistas e a enorme implicación, traballo e esforzo do alumnado e profesorado participante, tanto na preparación da actividade como na organización.

Deixamos aquí unha pequena montaxe con fotos dos participantes durante a preparación do evento e vídeos das actuacións musicais.

O noso alumnado de bacharelato que participa no taller da radio e tamén o alumnado coa optativa de música van facer o vindeiro venres 22 unha emisión en directo dende o Casino 1889 de Carballo. Podedes entrar, completamente de balde, ata completar aforo. Dende ás 11:00 ata as 12:30. Non volo perdades posto que haberá entrevistas, opinións, unha mesa redonda e música en directo.

cartel

 

O DEPARTAMENTO DE MÚSICA quere ofrecervos, para festexar este Nadal 2023 e a entrada no ano 2024, este concerto no Pazo da Cultura de Carballo, co traballo que o alumnado de música estivo a preparar con moito esforzo, espírito colaborador e entusiasmo.

Por un lado,  agradecemos á inestimable e desinteresada axuda de todo o excelente profesorado (que tanto canta, como saca fotos, vídeos, toca instrumentos, editan o material audiovisual...) e persoal non docente, xa que sempre nos fixeron  as tarefas moito máis fáciles,  con moita paciencia,  facilitando e facendo posible en todo momento a realización deste concerto de Nadal, inviable sen a súa inigualable axuda.

Por outro lado, temos moito que agradecer, á implicación do alumnado de música que fixo unha gran piña, para lograr plasmar este Concerto de Nadal, encargándose de diferentes aspectos como toda a loxística para levar todo o material, como tocar diferentes instrumentos, converterse tamén en actrices, axudantes na cabina de son, e nun sinfín de tarefas.

Outro agradecemento imprescindible é para o noso arranxador de cabeceira, Paulo Padrón Santamarina, autor de todas as pezas que tocamos, incluídas o arranxo de Noite de Paz para o Septeto Parga Pondal, como  a estrea da canción en honor a Isidro Parga Pondal, para o nacente Coro do profesorado do IES Isidro Parga Pondal.

E por suposto, non podemos esquecernos dos letristas da obra de Isidro Parga Pondal:  Xurso Souto, que fixo a letra do estribillo e do 1º retrouso, xunto coa melodía do estribillo e Lucas Espasandín autor do segundo retrouso.

Xa para rematar non podemos despedirnos sen falar de Lorena Varela Amboage, a nova incorporación ao  Departamento de Música. A súa chegada permitiu revivir vellos proxectos que estaban gardadas e que agora van cobrando vida.

Sen máis, despedímonos e desexámosvos Bo Nadal e Feliz Ano Novo

 

O pasado mes de maio o alumnado do centro, dirixido polo departamento de Música, celebrou o festival da V Semana da Música. No seguinte vídeo podes ver o concerto de peche da semana.

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Concerto grosso nº 2 Brandemburgo

JOHANN SEBASTIAN BACH

J.S.Bach, gran compositor alemán do Barroco musical, do que beberon todos os compositores posteriores, compuxo unha serie de seis concertos mentres ocupaba o posto de mestre de capela en Köthen, denominados Brandemburgo. Imos escoitar, nesta ocasión, o 1º movemento do concerto grosso nº 2. Como curiosidade, explicar, que esta peza foi a primeira pista escollida dentro do disco fonográfico que contén unha ampla mostra de sons comúns, idiomas e música da Terra enviados ao espazo exterior coa dos sondas Voyager.

MÚSICA CLÁSICA

Danza húngara nº 1

JOHANNES BRAHMS

 

Brahms foi un dos grandes compositores durante o romanticismo musical alemán. En 1869, compón vinte danzas húngaras, pezas alegres que influíron a moitos compositores clásicos, en especial a Antonín Dvorak. Nesta ocasión escoitaremos a primeira delas

MÚSICA CLÁSICA

Mov. final  Sinfonía nº 45

JOSEPH HAYDN

Esta sinfonía nº 45, coñecida como a “Despedida”, compúxoa en 1772 Haydn, un dos grandes representantes do clasicismo musical, e co que aprendeu outro xenio da música como Beethoven.

Nesta ocasión, escoitaremos o cuarto e último movemento con tempo presto.

MÚSICA CLÁSICA

Sinfonía nº 1

JEAN SIBELIUS

 

Sibelius é un compositor e violinista finlandés de finais do Romanticismo.

Nesta ocasión escoitaremos o primeiro movemento da sinfonía nº 1. Recordarvos que a  sinfonía é unha composición musical para orquestra, xeralmente dividida en catro movementos, cada un, cun momento e estrutura diferente.

MÚSICA CLÁSICA

Xúpiter (Os Planetas)

GUSTAV HOLST

Os planetas, é a obra máis coñecida deste compositor inglés, escrita entre 1914 e 1916. Trátase dunha suite (forma musical composta por movementos instrumentais breves) de sete movementos, a cada un dos cales. Holst deulle o nome dun planeta e a súa correspondente deidade na mitoloxía grecorromana.

Xúpiter é o portador da alegría, expresa ledicia buliciosa e festiva, características que se lle supón astrolóxicamente.

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Figa

TANXUGUEIRAS

Figa é un single folk composto polo grupo galego Tanxugueiras publicado o 9 de xullo do 2021. Este tema contén ritmos urbanos e electrónicos e trata sobre a forza das mulleres para ser donas das súas vidas máis alá da envexa ,medo ou críticas derivadas do sistema patriarcal. Deste grupo galego debemos destacar tamén que é un dos grupos prospoto e o favorito para presentarse na Eurovisión do 2022.

 

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Tarzan Boy

BALTIMORA

Trátase dunha canción e sencillo de 1985 do xénero musical disco, gravado polo grupo musical italiano Baltimora.

Como anécdota, hai que explicar que esta canción foi o único éxito que lograron a nivel internacional, de feito, en Estado Unidos e no Reino Unido son considerados como a marabilla dun éxito, “one-hit wonder”.

MÚSICA ROCK

You give love a bad name

BON JOVI

Esta canción de Bon Jovi é unha canción publicada en xullo de 1986 chegando a alcanzar o primeiro posto na lista Billboard Hot 100 converténdose así no primeiro gran éxito da banda. Esta canción foi unha dedicación de Jon Bon Jovi para Diane Lane.

MÚSICA SOUL

Back to black

AMY WINEHOUSE

Back to Black é o segundo e último álbum de estudio da cantante británica Amy Winehouse. O seu lanzamento principal foi realizado o 4 de outubro de 2006 no Reino Unido. Back To Black recibiu críticas xeralmente positivas por parte dos críticos de música, gañándose  a loubanza polas súas influencias clásicas de soul.

MÚSICA POP

I want to break free

QUEEN

Esta canción pop está realizada pola mundialmente coñecida banda de rock británica Queen. Inclúese no álbum “The works”, publicado en 1984. O vídeo da canción é un dos máis recordados da banda, na que os seus integrantes parodian unha telenovela británica da época chamada Coronation Street, caracterizados como mulleres.

 

  T

A

R

D

E

 

 

 

 

BSO PELÍCULAS

BSO Pesadilla antes do Nadal

DANNY ELFMANN

Trátase dunha película de fantasía oscura de 1993, producida e concebida por Tim Burton. Conta a historia de Jack Skellington, o rei da “Cidade de Halloween”, que tropeza a través dun portal á “Cidade do Nadal” e decide celebrar a festa. Danny Elfman compuxo as cancións e a partitura, e proporcionou a voz para cantar de Jack. Esta película nomeouse para o Premio óscar aos mellores electos visuais, o primeiro para unha película animada.

 

O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unhas producións audiovisuais nas que intentamos mostrar unha pequena parte de todo o traballo feito durante a III Semana  da  Música:

  • A apertura da III Semana da música coa charla sobre  “A Música e o cerebro” impartida por Iria Rajal e a interpretación do alumnado de música de  2º Bacharelato “Relax” do cantante Mika.

 

  • Os obradoiros de :
    • Artes escénicas e danza a cargo de Marián Montes Fernández
    • Os instrumentos na música impartido Paulo Padrón Santamarina
    • Percusión corporal e con instrumentos musicais e obxectos cotiás ofrecido por Isabel Diego Calviño
    • Musicoterapia receptiva con cuencos de cristal de cuarzo dado por Iria Rajal.

 

  • E como non, os concertos de todo o noso alumnado, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música:
    •  Concerto I realizado polo alumnado de  2º e 3º da ESO, que por primeira vez subían ao escenario para converterse nunha Orquestra Orff

    • Concerto clausura a cargo do alumnado de música de  4º ESO, 1 e 2º Bacharelato que unha vez máis mostraron toda a súa arte facendo desfrutar ao público en todo momento

 

Agradecemos a colaboración impagable  da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas  para desenvolver este proxecto.

 

Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración e audicións conformado polo alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharealto, xunto co incansable equipo de alumnos/as de 2º Bacharelato , encargados da montaxe e deseño gráfico de todos os vídeos creados ao longo do curso, pola súa dedicación e profesionalidade: Mencía Barca Amado, Lucía Ceán Suárez, Valeria Ramos Busto, Alejandro Couto Nicolau capitaneados por Xairo Campos Blanco.

 

Esperamos que desfrutedes con estes  catro vídeos

 

Bo verán!!!

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Cantata BWV 208

J.S.Bach

A cantata  é unha peza musical escrita para un ou máis voces solistas con acompañamento instrumental, que xurde a principios do século XVII, de forma simultánea á ópera e ao oratorio.

O autor desta cantata é o gran compositor de barroco alemán e que sentou as bases da  nosa música occidental,  J.S.Bach.

O termo  “cantata” apenas o empregou J.S.Bach, senón que nomeaba estas obras como concertos. Dito termo popularizouse despois da publicación que levou a cabo a sociedade Bach Gesellschaft

MÚSICA CLÁSICA

“Heil König Heinrich” Lohengrin

Richard Wagner

Lohengrin é unha ópera en tres actos do gran compositor alemán do romanticismo musical, Richard Wagner. Esta ópera é máis italiana das que compuxo, acostumándose a interpretar en concertos escenas e fragmentos dela. Nesta ocasión escoitaremos unha peza instrumental desta fantástica ópera.

MÚSICA CLÁSICA

A consagración da casa

L.V.Beethoven

A obertura pertence ao conxunto de pezas de música incidental que L.V.Beethoven, o gran compositor alemán, director de orquestra, pianista, profesor de piano  do clasicismo musical, escribiu en 1822, despois da súa reactivación do estudo de obras de J.S.Bach e Haendel, as cales evidéncianse nesta obra.

MÚSICA CLÁSICA

Danza das horas ópera A Gioconda

Amilcare Ponchielli

A danza das horas é un ballet corto e tamén o final do terceiro acto da ópera A gioconda, composta polo compositor italiano do romanticismo Amilcare Poncherlli. Esta peza representa as horas do día a través de bailes solistas e conxuntos. Estreouse en 1876; máis tarde representouse por si soa, fóra da ópera, converténdose nun dos ballets máis coñecidos e representados con maior frecuencia. Popularizouse aínda máis, despois da súa inclusión na película animada de Walt Disney de 1940, Fantasía, onde represéntase como un ballet cómico con avestruces, hipopótamos, elefantes e caimáns.

MÚSICA CLÁSICA

Catro danzas escocesas op.59 nº2

Malcolm Arnold

Malcolm Arnold, nado en Inglaterra, é un dos compositores máis importantes da segunda metade da música do século XX. Comezou a súa carreira como trompetista profesional, pero ao redor dos trinta anos decidiu dedicarse exclusivamente á composición. Compuxo tanto música clásica, como documental e cinematográfica, obtendo, en 1957 un Óscar á mellor banda sonora  pola película, A ponte sobre o río Kuawi. O seu estilo movíase dentro do neorromanticismo e neoclasicismo.

As catro danzas escocesas é un conxunto orquestral de música lixeira composto por Malcolm para o Festival de música lixeira da BBCA. Consta de catrp bailes inspirado en melodías e bailes popualres de Escocia.A continuación escoitaremos a segunda danza, “un animado carrete”.

 

 

S

A

Í

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

O baile de Noró

Xabier Díaz

Xabier Díaz é un músico galego, nado en A Coruña, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional. Formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüeto. A canción que imos escoitar pertence o albume Noró,  trece cancións coas que pretende facer un retrato sonoro das paisaxes máis  setentrionais. Xabier define Noró como unha declaración de amor ao Norte, ao lugar onde vive, no que fai unha revisión ao traballo de investigación de música recuperadas en A Fonsagrada, Laxe, Nuez de Aliste, Vimianzo o Quintanilla del Monte.... Neste tema que imos escoitar O baile de Noró, conta coa participación das once Adufeiras de Salitre e os irmáns Álvarez- Gutier, na zanfoña e violín, respetivamente, e Javier no acordeón. .

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Lady, hear me tonight

Modjo

 

Este tema, lanzado en xuño do 2000, é o sencillo debut do dúo francés de música disco, Modjo. Está escrito e interpretado polo vocalista Yann Destagnol e o produtor Romain Tranchart. Converteuse nun gran éxito mundial, encabezando os primeiros postos nas listaxes de música, incluídas as listaxes nacionais de Irlanda, España, Suíza e o Reino Unido.

MÚSICA ROCK

Smoke on the water

Deep purple

 

É unha canción da banda de rock inglesa Deep Purple. Lanzouse por primeira vez no albume de 1972 Machine Head, ocupando enseguida os primeiros postos nas listas. A letra conta un historia real.

MÚSICA JAZZ

Cantaloop (Flip Fantasia)

US3

Trátase dunha canción do grupo estilo jazz-rap chamado US3, que pertence o seu albume Han don the Torch, publicado en 1993. É unha versión do tema “Canaloupe Island” de Herbier Hancock. Esta reinterpretación é de tal brillantez, que o propio autor da versión orixinal, chegou a decir ao público, nalgún dos seus concertos, que o que ía interpretar a continuación, era a versión dun tema dun grupo chamado, US3. Este tema musical, chegou o posto número 9 das listas, e foi o único gran éxito da banda.

MÚSICA POP

Rock DJ

Robbie Williams

 

É un sencillo pop, do cantante británico Robbie Williams,  incluído no seu cuarto albume Sing When You’re Winning, lanzado no ano 2000. Foi a cuarta canción con mellor venta, no ano 2000 no Reino Unido.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

O rei león

Hans Zimmer

Hoxe escoitaremos o tema característico que popularizou este filme animado, producido por Walt Disney e sendo Hans Zimmer, o autor desta banda sonora.

Este home é un compositor alemán de música cinematográfica e de videoxogos, que destaca pola integración da música electrónica e arranxos sinfónico orquestrales.

 

BSO PELÍCULAS

O rei león

Hans Zimmer

Hoxe escoitaremos o tema característico que popularizou este filme animado, producido por Walt Disney e sendo Hans Zimmer, o autor desta banda sonora.

Este home é un compositor alemán de música cinematográfica e de videoxogos, que destaca pola integración da música electrónica e arranxos sinfónico orquestrales.