Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Música

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

SINFONÍA Nº 103

J.HAYDN

Esta sinfonía é a undécima  das doce chamadas “Sinfonías de Londres”. Trátase, polo tanto, dunha obra instrumental cuxo autor é Joseph Haydn, gran compositor de clasicismo, considerado o pai desta forma musical.

Nós escoitaremos o primeiro movemento, dos catro que ten esta forma, coñecido popularmente como o “Redobre de timbal” debido ao prolongado redobre que efectúa o timbal ao comezar a obra.

MÚSICA CLÁSICA

TOCATA EN RE MENOR BWV565

J.S BACH

 É unha peza de música de órgano escrita, por Johann Sebastian Bach (1685-1750), o gran compositor alemán do Barroco e do que beberon o resto dos compositores posteriores. A peza ábrese cunha sección toccata, seguida dunha fuga que termina nunha coda.

A popularidade desta peza creceu entre outros factores, pola súa inclusión na película animada Fantasía de Walt Disney, converténdose na obra máis famosa no repertorio de órgano.

MÚSICA CLÁSICA

LA DONNA È MOBILE

GIUSEPPE VERDI

Neste caso trátase dunha  aria da ópera Rigoletto de Giuseppe Verdi. É  unha das arias máis famosas da lírica universal, composta no último momento por Verdi, compositor italiano do Romanticismo,  antes as esixencias dun tenor que necesitaba unha aria para lucirse no último acto desta ópera. Esta peza convértese nunha das máis populares, xa que é moi fácil a súa memorización e o seu acompañamento bailable.

.

MÚSICA CLÁSICA

TE DEUM

MARC-ANTOINE CHARPENTIER

Charpentier foi un compositor prolífico e versátil do barroco francés. Produciu música de alta calidade en distintos xéneros, sendo recoñecida polos seus contemporáneos a mestría na composición de música relixiosa vocal.

O que imos escoitar é o Te deum, un dos primeiros himnos cristianos, tradicional de acción de gracias, e que agora soe entoarse en momentos de celebración. Converteuse tamén, nunha peza popular cando pasou a ser a sintonía de Eurovisión. 

MÚSICA CLÁSICA

A DANZA MACABRA

CAMILE SAINT-SAËNS

Imos escoitar unha obra orquestral; trátase dun poema sinfónica “A danza macabra” composto en 1874 por Camille Saint Saëns (1835-1921), compositor, director, pianista e militar do Romanticismo francés. Esta peza é a máis popular do autor. Estreouse en 1875 e nela describe a morte tocando o violín a medianoite. O seu ritmo os esqueletos bailan o redor dunha tumba. Ó amencer, co canto da galo, os mortos volven as súas tumbas.

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

TANXUGUEIRAS

MIDAS

Imos a escoitar un grupo galego de cantareiras, cheas de virtuosismo, máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. Este é o seu último single “Midas”, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, pon o foco  sobre estas audaces artistas, chamadas a levar ritmos e a enerxía da terra polos escenarios de todo o mundo

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

YMCA

VILLAGE PEOPLE

Trátase dun sencillo grabado polo grupo estadouidense de música disco Village people. lanzado  en 1978. É un dos poucos temas que vendeu 10 millóns de copias en todo o mundo.

MÚSICA ROCK

O ROCK DA CÁRCERE

ELVIS PREYSLER

Nesta ocasión escoitaremos ao chamado, rei do rock and roll, Elvis Preysler, coa súa canción “O rock da cárcere”. Este título compárteo coa película que el tamén protagoniza. Elvis, foi un dos cantantes estadounidenses e iconos culturais máis populares do século XX.

MÚSICA SOUL

REHAB

AMY WINEHOUSE

Rehab (“Rehabilitación” en galego) trátase dunha canción de soul e rhythm and blues da cantantes británica Amy Winehouse. Con esta canción Amy gañou tres Premios Grammy en 2008.

 

MÚSICA POP

GRACE KELLY

MIKA

Este venres ímonos de vacacións de Semana Santa coa canción  Grace Kelly de Mika, compositor e cantante de orixe líbano-británico. Dito tema lanzouse no 2007 alcanzando enseguida o número 1.  Con esta peza Mika intenta burlarse dos músicos que intentan reinventarse a eles mesmos para ser máis populares; o mesmo Mika di, que a canción xurdiu  despois dunha mala experiencia cun executivo dunha discográfica.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

SUPERMAN

JONH WILLIAMS

Imos escoitar o tema principal da banda sonora “Superman” estreada en 1978. O seu compositor é Jonh Williams, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense. Compuxo un tema grandilocuente para esta personaxe que acabou converténdose en emblemático co paso do tempo.

 

 

BSO PELÍCULAS

SUPERMAN

JONH WILLIAMS

Imos escoitar o tema principal da banda sonora “Superman” estreada en 1978. O seu compositor é Jonh Williams, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense. Compuxo un tema grandilocuente para esta personaxe que acabou converténdose en emblemático co paso do tempo.

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

“Pequena serenata nocturna” W.A.Mozart

Trátase dunha obra instrumental en catro movementos (realmente eran cinco, mais só conservan catro)considerada unha das pezas clásicas máis coñecidas; o seu autor é W.A.Mozart, o afamado compositor do Clasicismo; hoxe en día non se sabe para quen ou porque a compuxo. Esta obra é de 1787, coincidindo coa composición da ópera D.Giovanni. A súa instrumentación é a habitual dun cuarteto de cámara: dous violíns, viola, cello e contrabaixo. Nós escoitaremos o primeiro movemento, allegro en forma sonata.

 

MÚSICA CLÁSICA

 “Moto perpetuo nº 11”

Niccolo Paganini

 

Moto perpetuo (en italiano), significa movemento continuo. As pezas musicais con este nome,  caracterízanse por unha corrente continua e fixa de notas nun tempo rápido. Neste caso, interprétana  instrumentos de corda fretada. Ideouna o compositor italiano, virtuoso  do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo.

MÚSICA CLÁSICA

 “Sinfonía n.º 101”

Joseph Haydn

 

Esta sinfonía é a novena das doce chamadas “Sinfonías de Londres”. Trátase, polo tanto, dunha obra instrumental cuxo autor é Joseph Haydn, gran compositor de clasicismo, considerado o pai desta forma musical. En concreto esta sinfonía é coñecida popularmente como o reloxo, polo ritmo de tic-tac que se escoita durante o segundo movemento.

Nós escoitaremos o primeiro movemento dos catro que ten esta forma.

MÚSICA CLÁSICA

“Sílfides”

Fréderic Chopin

 

Sílfides (en francésLes Sylphides) é un ballet breve e non-narrativo nun acto coreografiado por Michel Fokine con música de Frédéric Chopin, profesor, compositor e virtuoso pianista polaco, considerado un dos máis importantes da historia e un dos maiores representantes do Romanticismo musical. Esta obra estreouse en 1908 n San Petersburgo.

 

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

“Stubborn love”

The lumineers

 

Stubborn love é unha canción de estilo folk, unha das máis coñecidas do grupo The lumineers, banda estadounidense de folk rock con sede en Denver, Colorado, que se converteu nun dos principaisgrupos de folk en Estados Unidos e outros países.

 

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

“Billie Jean”

Michael Jackson

 

Billie Jean é unha canción disco do artista estadounidense Michael Jackson incluída no seu sexto álbum de estudioThriller .Obtivo o número un en Estados UnidosReino UnidoAustraliaItalia, e España e recibiu dous premios Grammy en 1984, un deles na categoría de mellor canción masculina.

MÚSICA ROCK

“Sweet Child O’ Mine”

Guns N’ Roses

 

Trátase dunha canción pertencente ao estilo rock que esconde unha mensaxe do vocalista do grupo Axl Rose, xa que el mesmo escribe esta canción nun momento no que se atopaba nunha relación moi tóxica.

MÚSICA SOUL

“Respect”

Aretha Franklin

 

Respect é unha canción escrita e interpretada orixinalmente polo artista estadounidense Otis Redding en 1965. La versión de Aretha Franklin, cantante soul, foi un emblema para o movemento feminista e considérase unha das mellores cancións  da era do Rythm and blues, gañando dous premios Grammy

 

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

“El último mohicano”

Trevor Jones e Randy Edelman

Se trata de una película épica estadounidense de 1992, do xénero aventuras, baseada na novela clásica do escritor estadounidense James Fenimore Cooper. Os autores da banda sonora son Trevor Jones (compositor sudafricano de música para cine) e Randy Edelman

 

BSO PELÍCULAS

“El último mohicano”

Trevor Jones e Randy Edelman

 

Se trata de una película épica estadounidense de 1992, do xénero aventuras, baseada na novela clásica do escritor estadounidense James Fenimore Cooper. Os autores da banda sonora son Trevor Jones (compositor sudafricano de música para cine) e Randy Edelman

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Barras y estrellas

John Philip Sousa

 

É una marcha militar patriótica estadounidense, xeralmente considerada a obra mestra do compositor Jinh Philip Sousa, compositor, marine e director musical neste país. Pola lei do Congreso, converteuse na marcha nacional dos Estados Unidos de América.

MÚSICA CLÁSICA

Waltz nº 2

Dimitri Shostakovich

 

Trátase do 2º movemento da “Suite para orquesta de variedades”. Unha suite é unha forma musical composta por movementos instrumentais breves e de carácter bailable. O seu compositor é Dimitri Shostakovich, un dos compositores e pianistas soviéticos máis importante do século XX.

MÚSICA CLÁSICA

Sinfonía nº 40

W.A.Mozart

 

Esta obra como seu nome indica é un sinfonía, é dicir, unha composición musical para orquestra dividida, xeralmente en catro movementos. Neste caso, é a penúltima, que o seu autor, o excelente músico do clasicismo, W.A.Mozart compuxo e a segunda que fixo en modo menor. Mozart, ademais de compositor foi pianista, director de orquestra e profesor, converténdose nun dos músicos máis influentes da historia.

MÚSICA CLÁSICA

Moto perpetuo nº 11

Niccolo Paganini

 

Moto perpetuo (en italiano), significa movemento continuo. As pezas musicais con este nome,  caracterízanse por unha corrente continua e fixa de notas nun tempo rápido. Neste caso, interprétana  instrumentos de corda fretada. Ideouna o compositor italiano, virtuoso  do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo.

MÚSICA CLÁSICA

A máquina de escribir

Leroy Anderson

 

A máquina de escribir é unha novidosa peza instrumental clásica composta por Leroy Anderson en 1950. O seu nome refírese ao feito de que para a súa interpretación requírese dunha máquina de escribir, que se utiliza no escenario.

 

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Riverdance

Riverdance é un famoso espectáculo teatral de música e danza tradicionais irlandesas creado polo músico e compositor Bill Whelan.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

I wanna dance with somebody

Whitney houston

Trátase do primeiro sencillo do álbum Whiney da cantante estadounidense co mesmo nome, Whitney Houston. Composto por Geroge Merril e Shannon Rubicam e publicado en 1987. A canción recibiu o premio Grammy en 1988 e converteuse nun éxito comercial

MÚSICA ROCK

Bienvenidos

Miguel ríos

“Bienvenidos” é un canción composta en 1982 por Miguel ríos, cantante y compositor de rock español, un dos pioneiros deste xénero no noso país. A orixe desta canción está nas gañas que Miguel tiña de compor un saúdo ao estilo das bandas inglesas. Saíulle dun tirón e fixo maxia.

MÚSICA RHYTHM AND BLUES

Stand by me

Ben E.King

 

É  unha canción de 1961, interpretada por Ben E.King e composta por el mesmo, por Jerry Leiber e Mike Stoller. Dita canción adaptouse a partir dun tema gospel.

MÚSICA POP

Feel

Robbie Willimas

Canción del cantautor británico Robbie Williams, lanzada como o primeiro sencillo do seu 5º álbum, Scapology (2002). Tras publicarse converteuse no maior éxito internacional de Williams, vendendo máis de 4 millóns de copias en todo o mundo e alcanzando o “top ten” en tódolos países europeos.

 

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Star wars

John Williams

A música de Star Wars é o conxunto dos temas orquestrais e musicais para a serie de “La guerra de las galaxias” de George Lucas, compostos case na súa totalidade para as películas, polo compositor, director de  orquestra, pianista e trombonista estadounidense,  John Williams, dende 1977

 

BSO PELÍCULAS

Star wars

John Williams

A música de Star Wars é o conxunto dos temas orquestrais e musicais para a serie de “La guerra de las galaxias” de George Lucas, compostos case na súa totalidade para as películas, polo compositor, director de  orquestra, pianista e trombonista estadounidense,  John Williams, dende 1977

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Primavera

Antonio Vivaldi

 É unha peza clásica  do compositor italiano Antonio Vivaldi.Esta obra barroca pertence á “Las cuatro estaciones”. Trátase dun concerto a solo dividido en tres movementos, rápido, lento e rápido. Vivaldi publicou os concertos cuns poemas que describían cada unha das estacións. Esta obra é o exemplo máis cedo do que máis tarde se chamaría música programática ou descritiva.

MÚSICA CLÁSICA

Libertango

Astor Piazzolla

Libertango é una obra que pertence ao xénero do tango. A versión que escoitamos é interpretada por unha orquestra de cámara. O autor desta peza é Astor Piazzolla, bandoneonista e compositor arxentino, considerado un dos músicos máis importantes do s. XX e un dos compositores máis importantes do tango en todo o mundo.

O tema desta peza e disco de Piazzolla posiblemente é un palabra composta polos termos  “liberdade” e “tango”, para indicar a liberdade creativa que buscaba Piazzolla ao crear o chamado tango novo, a diferenza do tango clásico.

 

MÚSICA CLÁSICA

El Danubio Azul; Op. 314

J. Strauss

 

É un vals composto por J. Strauss(Fillo) en 1866. Esta tamén é considerada unha das pezas máis populares da música clásica. As connotacións sensitivas vienesas convertérono no segundo himno nacional austríaco e é un dos bises indiscutibles do Concerto de Ano Novo de Viena.

MÚSICA CLÁSICA

La campanella

Paganini

 

Esta obra é o 3º movemento do concerto para violín nº 2 que o compositor italiano Niccolo Paganini escribiu en 1826. Coñécese co sobrenome, Campanella, converténdose nunha das obras máis popular e famosa deste autor. Paganini representa un dos arquetipos do virtuosismo do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo. Contribuíu tamén coas súas aportacións ao desenrolo da “técnica moderna do violín”

MÚSICA CLÁSICA

Obertura fantástica Romeo e Xulieta,

 Tchaikovski

Esta obra escrita polo compositor ruso Tchaikowsky baséase na obra homónima de Shakespeare. A idea que impulsou o nacemento desta peza xurde do seu amigo Mili Balakirev, líder do grupo dos cinco; a pesar do entusiasmo inicial, Tchaikowsky comeza a decaer e a non sentirse satisfeito do seu traballo, mais o motor que leva ao compositor a rematar a peza é a tristeza na que queda sumido cando a cantante lírica Desirée Artot decide romper toda relación con el sen explicación. Será a música o seu vehículo de escape e na que plasmará a súa profunda pena.

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Little Talks

Off monsters and men.

Little Talks é unha canción do xénero musical folk do grupo Off monsters and men. É o seu primeiro single, recollido dentro do seu álbum My head is an animal

 

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Girls just want to have fun

Cyndi Lauper

Este é o  primeiro sencillo da artista estadounidense Cyndi Lauper. Trátase dunha canción disco do ano 1983. Tivo un gran éxito e é considerada como un himno feminista.

MÚSICA ROCK

Black Betty

Ram Jam

Black Betty éunha versión dunha canción de rockde Ram Jam de 1977, que rapidamente acolle excelentes críticas por parte do público, sobre todo,  de Estados Unidos

MÚSICA JAZZ

Jubilee stomp

Tuba Skinny

Esta peza é un standar do jazz, é dicir, unha composición importante para este estilo, baseada a miúdo en temas musicais improvisados ou arranxados da big band estadounidense, composta en 1928 por Duke Ellington; representa tanto unha herdanza histórica como unha aportación artística e unha linguaxe significativa deste estilo. A versión que escoitamos a interpreta a banda de jazz tradicional con sede en New Orleans. O conxunto inspírase no jazz inicial, o ragtime e o blues das décadas dos anos 1920 e 1930. O grupo naceu como unha banda itinerante de música na rúa mais ao longo da súa traxectoria atuo xa en todo o mundo

MÚISCA POP

Watermelon Sugaré unha canción pop do artista musical británico Harry Styles, incluída no seu segundo álbum Fine Line como artista en solitario. Na canción emprega a metáfora do azucre de sandía para describir a emoción inicial que sentes  cando empezas a ver a alguén.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Piratas del Caribe

Hans Zimmer

A banda sonora oficial de Piratas do Caribe, escrita polo compositor alemán Hans Zimmer. Estamos a falar dunha canción que acompaña ás 5 películas que conforman a saga, que é capaz de facernos recordar ao capitán Jack Sparrow cada vez que a escoitamos.

 

BSO PELÍCULAS

Piratas del Caribe

Hans Zimmer

A banda sonora oficial de Piratas do Caribe, escrita polo compositor alemán Hans Zimmer. Estamos a falar dunha canción que acompaña ás 5 películas que conforman a saga, que é capaz de facernos recordar ao capitán Jack Sparrow cada vez que a escoitamos.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

En la gruta del rey de la montaña

Edgar Grieg

É un fragmento de música incidental, escrita polo compositor noruego Edgar Grieg en 1876,

para a obra de Henrink Hibsen, Peer Grynt. Esta peza foi incluída como final da Peer Gynt suite nº 1 Op. 26. Trátase dunha historia fantástica na que se narran as aventuras de Peer. En concreta esta peza ilustra o momento no que Peer intenta escapar a escondidas do castelo do rei da montaña.

MÚSICA CLÁSICA

Mambo

Leonard Bernstein

Mambo é unha peza musical que pertence ao musical West Side Story escrita por Leonard Bernstein, compositor, pianista e director de orquestra xudeu estadounidense. O mambo é un xénero musical e danza altamente rítmico, que parte de Cuba na súa orixe. Bernstein emprégao no número Dance at the gym, do 1º acto deste musical , momento no que as bandas rivais prenden motores para o combate desa noite.

Este danza converteuse nunha peza autónoma, ademais dun encore (é dicir, una interpretación adicional ao final dun concerto) imprescindible á hora de  homenaxear aos ritmos latinos empregando una orquestra sinfónica

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

REXURDIMENTE

DE VACAS

Esta canción versa sobre a obra Rexurdimente do grupo galego De Vacas

MÚSICA CLÁSICA

Suite el Cascanueces, Op. 71

Piotr LLich Tchaikovsky

Danza rusa

Imos escoitar a Danza rusa da suite El Cascanueces. Unha suite é unha forma musical composta por movementos instrumentais breves e de carácter bailable. Esta música creouna Piotr LLich Tchainkovsky no ano 1891, para o ballet “El cascanueces”. Trátase dun conto de fadas estruturado en dous actos.

A coreografía ideárona Marius Petipa e Lev Ivánov.

MÚSICA CLÁSICA

Marcha Radetzky

J. Strauss

 

Radetzky March trátase dunha composición orquestral de Johann de Strauss (pai) e foi composta en honor ao mariscal Joseph Radetzky o cal salvou o poderío militar de Austria.

Esta obra foi escrita no ano 1848 e é costume que esta obra peche o Concerto de Viena de Ano Novo.

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA ROCK

Sweet Home Alabama

Lynyrd Skynyrd

 Sweet home alabama é unha cancion      da banda de rock estadounidense Lynyrd Skynyrd, que viu a luz no ano 1974 no seu segundo álbum, Second    Helping.  Foi escrita en resposta a dúas composicións de Neil Young: "Southern Man" e "Alabama", as cales inclúen como temas o racismo e a esclavitude no sur dos Estados Unidos. A partir do 2009, o estado de Alabama comezou a usar a frase "Seet Home Alabama" como lema oficial nas matrículas dos vehículos a motor.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Love is in the air

John Paul Young

Love is in the air é unha canción de música disco dos anos 70, concretamente do ano 1978. Escribiuna o cantante australiano nacido en Escocia, converténdose no seu maior éxito.

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Negra sombra

Juan montes

Negra sombra é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Publicouse en 1880 no seu libro Follas Novas.

A peza foi musicada en 1892,  por Juan Montes,  compositor, organista e pianista galego, concretamente de Lugo.

Intérpretes: Xairo Campos (clarinete)

              Carmen Juncal (voz)

MÚSICA JAZZ

         Fly me to the Moon
               Frank Sinattra 

É unha canción escrita en 1954 por Bart Howard.

Cantada por primeira vez por Felicia Sanders nos cabarets.

Dende entón, converteuse nun estándar de jazz gravado frecuentemente na cultura popular. A versión de Frank Sinatra en 1964 estivo intimamente asociada ás misións Apolo á Lúa.

MÚSICA POP

I gotta feeling

The black Eyed Peas

I gotta feeling é una canción do grupo The black Eyed Pears presente no seu quinto álbum e publicada en 2009. Esta peza se caracterízase por un ritmo pop moi bailable e rechamante. Con esta audición ocuparon a primeira posición nos  Billboard hot 100  durante 14 semanas, converténdose nun dos mellores éxitos do citado grupo musical.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

El señor de los anillos- Hobbits

Howard Shore
Concering Hobbits é unha obra do afamado compositor e saxofonista canadense Howard Shore para a banda sonora de El señor de los anillos: La comunidad del anillo, película de fantasías e historias del 2001, baseada na obra que leva o  mesmo nome do escritor J.R.R. Tolkien.

O que escoitamos é unha suite de concertos da música dos Hobbits, arranxada a partir da música da película.

 

 

 

BSO PELÍCULAS

El señor de los anillos- Hobbits

Howard Shore
Concering Hobbits é unha obra do afamado compositor e saxofonista canadense Howard Shore para a banda sonora de El señor de los anillos: La comunidad del anillo, película de fantasías e historias del 2001, baseada na obra que leva o mesmo nome do escritor J.R.R. Tolkien.

O que escoitamos é unha suite de concertos da música dos Hobbits, arranxada a partir da música da película.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Te Deum do compositor do barroco francés Marc-Antoine Charpentier é un motete polifónico que consta de dez números. Nós escoitaremos o preludio instrumental, a parte máis coñecida popularmente, xa que foi a obra escollida en 1954 como a sintonía da Unión Europea de Radiodifusión, sendo costume tocalo ao comezo de cada edición do Festival da Canción de Eurovisión. Dende 1957, é o himno oficial do Torneo das Seis Nacións. Este tema tamén empregouse na introdución da película Una casa de locos (2002).

Charpentier probablemente compuxo esta obra entre 1688 e 1698, durante a súa  estancia na igrexa xesuíta de Saint-Louis en París, onde ocupou o cargo de director musical. La obra está escrita para un grupo de oito solistas vocais, coro e acompañamento instrumental.

MÚSICA CLÁSICA

 A Danza da Hada de Azúcar (ou Danza da Fada Confitada) é unha peza clásica, pensada como un pas de deux (paso realizado conxuntamente por  dúas persoas),mundialmente famosa porque forma parte do ballet Cascanueces de Piotr Ilich Tchaikovsky, compositor ruso durante o período musical Romanticismo.

Dita danza tamén forma parte da suite Cascanueces, obra que apareceu antes do ballet e coa que Tchaikovsky obtivo un éxito inmediato.

 

 

MÚSICA CLÁSICA

Guillermo Tell (título orixinal en francés, Guillaume Tell) é unha ópera clásica  en catro actos con música de Gioachino Rossini, compositor italiano,  e libreto en francés de Étienne de Jouy e Hippolyte Bis, basados na obra Wilhelm Tell, de Friedrich Schiller, que ten como protagonista ao lendario heroe da independencia SuízaGuillermo Tell.

Trátase dunha ópera seria e de gran extensión, de gran impulso dramático e lírico, a innovación musical foi rapidamente loada por mestres da talla de Bellini .

MÚSICA CLÁSICA

Amáquinadeescribir é unha novidosa peza instrumental clásica composta por Leroy Anderson en 1950.

O seu nome refírese ao feito de que para a súa interpretación requírese dunha máquina de escribir, que se utiliza no escenario.

MÚSICA CLÁSICA

O Mesías, ​ (en inglés, Messiah), é un oratorio en inglés composto por Georg Friedrich Händel , compositor alemán, en 1741, cun texto bíblico recopilado por Charles Jennens, que termina co coro «Aleluia», que lle da nome a esta peza musical de carácter clásica.

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Fiesta pagana é o terceiro sinxelo de Mägo de Oz e o primeiro do álbum Finisterra, representativa do xénero musical folk.

 A súa composición correu a cargo de Txus di Fellatio, o batería, compositor e letrista do grupo. Está inspirada na canción "Zortzi Orduko Ekaitza" da banda euskaldun Sorotan Bele. Transmite canto en contra da Igrexa católica da Idade Media e a represión por parte desta.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Stayin' Alive é unha das cancións máis populares e recoñecibles dos Bee Gees dos anos70. Pode ser aínda escoitada nunha variedade de lugares, desde salóns de bailes a eventos deportivos. A revista Rolling Stones inclúea na súa lista das 500 mellores cancións de todos os tempos no posto 189º xunto a "How Deep Is Your Love", primeiro sinxelo da película e tamén dos Bee Gees.

MÚSICA ROCK

We will rock you é  canción de rockcomposta por Brian May, guitarrista da banda británica Queen, lanzada como sinxelo en 1997. Editouse por primeira vez no sexto álbum de  Queen, News of the World, pero reeditouse varias veces nas numerosas compilacións sacadas á venta despois da morte do cantante Freddie Mercury.

Esta canción é coñecida mundialmente polo seu ritmo pegadizo das palmas. E tamén é unha canción que, durante máis de 3 décadas, converteuse nun himno de rock nos estadios, competición deportivas…

MÚSICA JAZZ

Bend It Blues de Smooth Jazz Sax Instrumentals é unha peza musical característica do xénero jazz.

MÚSICA POP

Celebration  é unha canción pop–dance composta por Taylor e Bell orixinalmente para a banda Kool and the Gang. Publicouse en 1980, logrando o maior éxito en 1992. Forma parte da cultura popular, aparecendo en series, videoxogos, programas de televisión

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Time of my life é unha canción composta por Franke Previte, John DeNicola e Donald Markowitz, escollida para ser a canción final da película de Dirty Dancing

 Recibiu tres premios, os cales son o premio Óscar á mellor canción orixinal en 1987, o premio Grammy por Mellor Interpretación  con Vocais en 1988   Globo de Oro para Mellor Canción Orixinal.

 

BSO PELÍCULAS

Time of my life é unha canción composta por Franke Previte, John DeNicola e Donald Markowitz, escollida para ser a canción final da película de Dirty Dancing

 Recibiu tres premios, os cales son o premio Óscar á mellor canción orixinal en 1987, o premio Grammy por Mellor Interpretación  con Vocais en 1988   Globo de Oro para Mellor Canción Orixinal.

 


 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

 

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

A Valse

A “Valse” é un poema coreográfico para orquestra do compositor francés Maurice Ravel . Esta obra é unha evocación a decadencia e a destrución da civilización occidental, xa que en 1906 intentaba escribir un vals en homenaxe a Johann Strauss mais a 1ª Guerra Mundial impediullo, cambiándolle tamén, a perspectiva que tiña na mente sobre ela. Definitivamente, Maurice Ravel escribe esta obra entre 1919 e 1920 e lla dedicou a súa amiga Misia Sert.

MÚSICA CLÁSICA

Danza húngara nº 5

As danzas húngaras son un grupo de vinteunha alegres  danzas, baseadas  na súa maioría en temas húngaros. Compúxoas o compositor alemán J.Brahms en 1869. J. Orixinalmente escribiunas para piano a catro mans; logo arranxou dez delas para piano solo e outras para orquestra. Antonin Dvorak rematou de orquestrar o resto. A danza nº 5(versión orquestral)  é unha das máis coñecidas de J. Brahms

MÚSICA CLÁSICA

Marcha húngara la condenación de fausto

É unha obra musical para orquestra, voces solistas e coro, composta polo francés Héctor Berlioz. Estreouse por primeira vez en 1846. É unha obra ideada para ser tocada e cantada en versión de concerto, aínda que anos despois da morte do compositor, representárase,  en ocasións, en versións escénicas de ópera e de ballet. Trátase, por tanto,  dunha obra situada entre a ópera e a sinfonía coral.

 

MÚSICA CLÁSICA

Los planetas: Júpiter

 É a obra máis coñecida do compositor inglés Gustav Holst. Escribiuna entre 1914 e 1916. Trátase  dunha suite de sete movementos,  a cada un dos cales G. Holst engadiulle o nome dun planeta. O movemento que imos escoitar e o número 4, Júpiter, o portador da ledicia.

 

MÚSICA CLÁSICA

Can-cán

O Cancán é un baile de alta enerxía e esixencia física que se converteu nun coñecido music hall na década de 1840, continuando a súa popularidade no cabaret francés ata os nosos días. O music hall é unha forma particular de espectáculo  cunha mestura de canción popular, comedia e baile. O music hall británico é similar ao vodevil estadounidense e a revista española, presentando entusiastas canción e actos cómicos. Orixinalmente bailado por ambos sexos, tradicionalmente asóciase ao feminino. As súas principais características son as patadas altas, split e piruetas varias. A melodía é coñecida en xeral, como can-can, mais iso é un erro xa que se trata do Galop infernal, do segundo acto da opereta “Orfeo de los infiernos” de Jacques Offenbach. Saint- Saëns tomou prestado o Galop, ralentizouno e fixo un arranxo para cordas que representaba a “Tortuga” no “Carnaval de los animales”.

 

 

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ (30 /01/2021)

COLOR ESPERANZA

Color esperanza é un tema composto polo cantautor arxentino Coti Sorokin e popularizado polo compatriota, e tamén cantautor Diego Torres, como segundo sencillo do seu disco Un mundo diferente. A canción chegou a convertirse nun éxito internacional e tanto foi a súa popularidade que o mesmo Diego Torres a interpretou frente o papa Juan Pablo II. A letra versa sobre a reflexión e a esperanza dos problemas e momentos difíciles. É un canto positivo e con moi bo ritmo.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

 

DISCO INFIERNO

(HELL DISCO)

 

 “Hell disco” é unha canción da banda estadounidense The Trammps, pertencente ao álbum do mesmo nome (1976).

MÚSICA ROCK

Paradise City

 

Este single escribiuse  e publicouse no albume ”Appetite for Destruction” no ano 1989 en Reino Unido pola banda de hard rock Guns N’Roses. Esta canción trata dos Ángeles e a corrupción que a rodeaba.

A maioría dos seus versos Axl Rose, vocalista do grupo, creounos a partir dos recordos da súa adolescencia en Bloomingnton.

MÚSICA JAZZ

 

Come dance with me

 

Foi escrita por Shirley Horn(1934-2005) e lanzada no ano 1961. Trátase dunha canción do xénero jazz que pertence ao albume “At the Gaslight Square, St. Louis”.

MÚSICA POP

 

Freedom! 90'

É unha canción do músico pop británico George Michael, publicada por Epic Récords en 1990. Foi un dos sencillos con máis éxito da súa carreira e o terceiro do seu albume Listen Without Prejudice, Vol1. No seu momento o vídeo desta canción foi todo un boom xa que conta coa participación de cinco supermodelos da época. A canción interpretouse por Michael nos Xogos Olímpicos de 2012 durante a cerimonia de clausura

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Hay que saber llegar al fondo

A canción “Hay que saber llegar al fondo” composta por Randy Newman e interpretada pola cantante cubana Omara Portuondo, é unha das 17 que forman a banda sonora completa da película de Disney Tiana y el sapo.

 

BSO PELÍCULAS

Hay que saber llegar al fondo

A canción “Hay que saber llegar al fondo” composta por Randy Newman e interpretada pola cantante cubana Omara Portuondo, é unha das 17 que forman a banda sonora completa da película de Disney Tiana y el sapo.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

A “Danza de los Caballeros”  é un dos números musicais de Romeo y Julieta, ballet en catro actos do compositor ruso Sergei Prokofiev, que compuxo entre los años 1935-36.

O ballet contén 52 números de danza. A Danza de los Caballeros é a peza número 13.Aparece na segunda escena do primeiro acto. Representa o odio mutuo que existe entre as dúas familias desta obra( Montescos e Capuletos), e presaxia a fatalidade que caerá  sobre eles. Con abundante presencia en series de televisión, publicidade, e moi difundida grazas a arranxos de bandas rockeras, a peza tamén acompaña, curiosamente, a un club de fútbol inglés de segunda división na súa  entrada ao campo de xogo.

 

MÚSICA CLÁSICA

A “Sinfonía nº 10”de Joseph Haydn é unha obra orquestral. Trátase dunha sinfonía orquestrada para dous oboesfagotes, dúas trompas, cordas e baixo continuo. A obra consta de tres movementos: Allegro en 4/4, Andante en 2/4 e Presto en 3/8. É unha das 106 que compuxo.

Joseph Haydn(1732-1809)  é un compositor austríaco do Clasicismo. É un dos máximos representantes deste período musical, ademais de ser coñecido como o pai da sinfonía e do cuarteto de cordas, grazas ás súas aportacións a ámbolos dous xéneros. Tamén contribuíu o desenrolo instrumental do trío con piano e á evolución da forma musical sonata.

Tivo unha estreita amizade con Wolfgang Amadeus Mozart, e foi profesor de Ludwig van Beethoven

 

 Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do  Holocausto

En conmemoración do día da Memoria das Vítimas do Holocausto, hoxe escoitaremos á peza máis relevante da B.S.O da Lista de Schindler. O seu compositor é John Williams, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense. Considerado un dos máis prolíferos compositores de bandas sonoras da historia do cine.

Traballou co célebre director desta película dende 1974 compoñendo a música de toda a súa obra a excepción de tres filmes.

MÚSICA CLÁSICA

“Pompa y Circunstancia”, é a   primeira marcha orquestral do compositor británico Edward Elgar. Estreouse en Londres en 1901. En 1902 adaptouse  para a coroación do rei Eduardo VII, incorporando o texto da oda "Land of Hope and Glory". En Estados Unidos, esta obra é coñecida simplemente como "Himno de gradación" e está asociada coas cerimonias de colación de graos. Esta mesma Marcha tamén se interpreta noutros países, non so na gradación en colexios, sino para a titulación en institutos de educación superior, para recibir diplomas e acompañar á procesión inicial de ditas cerimonias.

 

MÚSICA CLÁSICA

ADanza del sable” é un movemento do acto final do ballet Gayaneh, composto por Aram Khatchaturian en 1942. Evoca unha danza de espadas armenia,  na que os danzantes mostran a súa habilidade cos sables. A súa sección central incorpora unha canción tradicional armenia de Gyumri. ​ Esta danza, con ritmo vivo, un ostinato moi recoñecible e a súa popular melodía, converteuse nunha  popular peza concertante.

Aram Khatchaturian foi un dos principais compositores e director soviético de orixe armenio do s.XX.

 

 

 

 

S

A

I

D

A

 

MÚSICA FOLK

“Sous le ciel de Paris”é unha fermosa homenaxe que a cantante francesa folk Zaz fai á cidade de París no álbum nomeado igual que a cidade. Esta canción fixo  mundialmente famosa a voz de Èdith Piaf e interpretárona moitos outros como Ives Montand ou Julliette Gréco.

 

 

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

“I Will Survive” - en galego: “Sobrevivirei”- é unha canción soul orixinalmente interpretada pola cantante estadounidense Gloria Gaynor, lanzada en 1978.

A  letra desta canción describe en primeira persoa como alguén encontra forza persoal mentres se recupera dunha separación.

É  unha canción que, como Gloria Gaynor, converteuse nun símbolo da música disco. Recibiu un premio Grammy en 1980, o único ano que a música disco recibe dito premio.

 

Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do  Holocausto

Seguindo con esta conmemoración invitámosvos a  escoitar “Matriarcas” de Guadi Galego, cantautora galega. Trátase dunha bonita canción dedicada as Matriarcas galegas presente no álbum “Lúas de outubro e agosto”, onde reivindica ese matriarcado galego que está presente na nosa sociedade e nas vidas de cada un.

MÚSICA ROCK

   “Livin' On A Prayer”, é unha canción da banda estadounidense de rock, Bon Jovi, lanzada como segundo sinxelo do seu álbum de 1986, Slippery When Wet. O sinxelo é unha das cancións máis populares durante a década dos 80, sendo considerada tamén unha das pezas insignia da banda.

 

MÚSICA POP

“Do I Wanna Know?” é unha canción da banda británica  Arctic Monkeys do seu quinto álbum, AM. ​ A canción foi lanzada como sinxelo no ano 2013.

 

 

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

“Eye of the tiger” de Survivor da película Rocky. Esta canción hard rock do grupo estadounidense Survivor, escribiuse a petición de Sylvester Stallone para a película Rocky III.

 

 

BSO PELÍCULAS

“Eye of the tiger” de Survivor da película Rocky. Esta canción hard rock do grupo estadounidense Survivor, escribiuse a petición de Sylvester Stallone para a película Rocky III.

 

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Plink, plank, plunk  é unha  peza instrumental para  orquestra de corda fretada do compositor estadounidense Leroy Anderson (1908-1975). Foi considerado o gran mestre americano damúsica orquestral lixeira

MÚSICA CLÁSICA

Escoitaremos a versión orquestral da Danza húngara nº 5, do compositor alemán Johannes Brahms escrita en 1869. Inicialmente estas danzas, compúxoas para piano a catro mans e máis tarde arranxou unhas  para piano solo e algunha outra orquestrouna. Compositores como Antonin Dvorak remataron esa tarefa.

 

MÚSICA CLÁSICA

Hoxe escoitaremos “El invierno”del compositor  italiano Antonio Vivaldi. Esta obra barroca pertence  á “Las cuatro estaciones”. Trátase dun concerto a solo dividido en tres  movementos, rápido, lento e rápido. Vivaldi  publicou os concertos cuns poemas  que describían cada unha das estacións. Esta obra  é o exemplo máis cedo do que máis tarde se chamaría  música programática ou descritiva.

MÚSICA CLÁSICA

O que hoxe escoitamos é a obertura   da opereta cómica Candide, escrita en  1956, polo gran compositor, director  e pianista estadounidense Leonard Bernstein. Esta obra  gañouse un lugar a parte dentro do repertorio orquestral, pola súa brillantez e ledicia. Ademais de  contar con dúas marabillosas melodías, unha, interpretada polos instrumentos de vento madeira, e outra,  pola sección de  corda

MÚSICA CLÁSICA

Para empezar o venres con ledicia, que mellor  que a  OBERTURA da  ópera Carmen  do compositor  romántico francés  George Bizet.

Recordade que a obertura  é  a peza instrumental que   precede a ópera.

 

 

 

 

S

A

I

D

A

 

MÚSICA FOLK

Xota de cortellas é unha peza que pertence á  primeira orquestra Folk  e tradicional de Galicia SON DE SEU, fundada no ano 2001 por Rodrigo Romaní . Está composta por 53 músicos, divididos en sete secciones: gaitas, zanfoñas, percusión, requintas e frautas, arpas e instrumentos de corda, canto e violíns.​ O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia.

 

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

“La isla bonita” de Madonna. Esta canción pertence ao álbum “True blue”  (1986) da cantante estadounidense.

MÚSICA ROCK

“El ritmo del garage” é o primeiro  álbum de estudio do cantante de rock español Loquillo xunto á banda os Trogloditas, tras dar por finalizada a súa etapa xunto ós Intocables.  Foi publicada en 1983.

MÚSICA JAZZ

Take Five é unha composición de jazz creada por Paul Desmonde interpretada polo grupo The Dave Brubeck Quartet no seu álbum de 1959 Time Out. Este disco pasou a ser o máis coñecido do grupo grazas o  contaxioso saxofón e o  emprego dun compás pouco común, 5/4 ;  dito compás, utilizouse anteriormente, mais esta obra conseguiu unha ampla aceptación comercial no mercado estadounidense.

MÚISCA POP

Para despedirnos da semana, escoitaremos a canción Say you won’t   let go, do cantante inglés  James  Arthur, coñecido por ser o gañador da novena tempada do The X Factor do Reino Unido en 2012.

   T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

A BSO de Tarzán amenizarnos a tarde. Concretamente a canción “Dos mundos”. O seu  compositor é Phill Collins.

 

BSO PELÍCULAS

A BSO de Tarzán amenizarnos a tarde. Concretamente a canción “Dos mundos”. O seu  compositor é Phill Collins.

 

MÚSICA DE ENTRADA:

Neste caso, escoitaremos o 4º movemento da novena sinfonía do compositor checo Antonín Dvorak, tamén coñecida co sobrenome  mal traducido  “Sinfonía do Novo Mundo”, xa que debería ser “Sinfonía dende o Novo Mundo”. Compúxoa na etapa na que residiu en Norteamérica (1892-1894), dirixindo o conservatorio nacional de Nova York. Nesta obra, unifica toda a tradición  musical europea co folklore amerindio e negro norteamericanos, creando una obra chea  de colorido, forza e intensidade.

 

MÚSICA DE SAÍDA:

Para marchar de fin de semana, este venres o faremos a ritmo de “Relax”, tema do músico inglés, Mika. Trátase dun tema pop do 2006 que emprega una melodía da banda de rock Cutting Crew.

 

BOA FIN DE SEMANA