Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unhas producións audiovisuais nas que intentamos mostrar unha pequena parte de todo o traballo feito durante a III Semana  da  Música:

  • A apertura da III Semana da música coa charla sobre  “A Música e o cerebro” impartida por Iria Rajal e a interpretación do alumnado de música de  2º Bacharelato “Relax” do cantante Mika.

 

  • Os obradoiros de :
    • Artes escénicas e danza a cargo de Marián Montes Fernández
    • Os instrumentos na música impartido Paulo Padrón Santamarina
    • Percusión corporal e con instrumentos musicais e obxectos cotiás ofrecido por Isabel Diego Calviño
    • Musicoterapia receptiva con cuencos de cristal de cuarzo dado por Iria Rajal.

 

  • E como non, os concertos de todo o noso alumnado, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música:
    •  Concerto I realizado polo alumnado de  2º e 3º da ESO, que por primeira vez subían ao escenario para converterse nunha Orquestra Orff

    • Concerto clausura a cargo do alumnado de música de  4º ESO, 1 e 2º Bacharelato que unha vez máis mostraron toda a súa arte facendo desfrutar ao público en todo momento

 

Agradecemos a colaboración impagable  da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas  para desenvolver este proxecto.

 

Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración e audicións conformado polo alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharealto, xunto co incansable equipo de alumnos/as de 2º Bacharelato , encargados da montaxe e deseño gráfico de todos os vídeos creados ao longo do curso, pola súa dedicación e profesionalidade: Mencía Barca Amado, Lucía Ceán Suárez, Valeria Ramos Busto, Alejandro Couto Nicolau capitaneados por Xairo Campos Blanco.

 

Esperamos que desfrutedes con estes  catro vídeos

 

Bo verán!!!