Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Gracias á entidade Vieiro o alumnado de 1º e 2º do noso centro recibe as  sesións sobre habilidades persois e Sociais, proporcionando ao alumnado habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria, ademais de dotes de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable. Nas últimas sesións facilitará información sobre as distintas sustancias adictivas ás que o alumnado pode ter acceso.

Alumnado de 1º e 2º de ESO

O alumnado de 3º e 4º recibe as charlas impartidas pola pedagoga Dalila Vizcaíno que pertencen ao programa de prevención de conductas adictivas. Lleva por lema Non pasa nada,pasa algo? e ten a finalidade de ofrecer información clara, concisa, real acerca dos efectos e consecuencias do consumo de drogas. 

Alumnado 3º e 4º de ESO

O departamento de Orientación do IES Isidro Parga Pondal, coa estreita colaboración do departamento de Mediación, titores e titoras da ESO e a Dirección queremos agradecer unha vez máis a Vieiro a súa labor tan necesaria para o noso alumnado e comunidade educativa, e o noso  agradecemento a Patricia Rodríguez  e a Dalila Vizcaíno pola súa profesionalidade, implicación e sensibilidade co noso alumnado.