Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Orientación

Os centros QUÉROTE+, teñen entre os seus servizos o asesoramento online a través da web de Xuventude.net. Pódense formular  consultas  a un equipo de profesionais a través desta vía e ter unha resposta en menos de 48 horas. O servizo garante a confidencialidade, o anonimato e por suposto é de balde. A temática que se aborda: sexualidade,  afectividade, imaxe corporal, convivencia, uso das TICs e consumo de substancias.