Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Lingua Galega

O venres, 23 de abril conmemórase o día internacional do libro. O 23 de abril é a data na que faleceron grandes literatos como William Shakespeare, Miguel de Cervantes ou Garcilaso de la Vega entre outros. Por iso esta data ten moita importancia para a literatura universal e foi elexida pola Conferencia Xeral da UNESCO para facer unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores.

O obxectivo desta conmemoración é alentar aos máis novos a decubrir o pracer da lectura. É importante que o hábito de ler se adquira a idades temperás xa que aporta moitísimos beneficios como por exemplo: facilita a comunicación, aumenta a curiosidade e o coñecemento, desperta a imaxinación, activa a memoria, estimula a concentración….permitíndonos crecer como persoas.

 

Unha das actividades propostas dende o IES Isidro Parga Pondal  foi pegar vinilos co título de libros e os seus autores nos chanzos das escaleiras, dende a entrada ata o segundo andar. O obxectivo desta actividade é estimular a curiosidade do alumnado con diferentes lecturas, e seguramente ao ver os títulos dos libros que xa teñen lido, viranlles á memoria os agradables recordos dos relatos que máis lles impactaron.

 

 

Tamén contamos coa axuda inestimable do alumnado voluntario. Entre todos fixemos unhas recomendacións súper chulas dalgúns dos nosos libros favoritos como se foran pelis ou series de Netflix, mais claro, cambiamos o nome por BOOKFLIX.

Esperemos que vos gusten e que os mergulledes na lectura de calquera libro!

Hoxe, 7 abril , o noso centro realizou unha visita en liña ao corazón do Salón Teatro do Centro Dramático Galego organizada polo departamento de Lingua Galega e o EDLG. Os grupos que puideron asistir de forma online foron os de 2º ESO, 4º ESO e 1º bacharelato.

A actividade consistiu en coñecer en profundidade os segredos do Salón Teatro, conmemorando o seu Centenario. Os alumnos tiveron a oportunidade de realizar preguntas sobre o teatro en xeral que foron contestadas moi amablemente por Fran Núñez, o director do Centro Dramático Galego. No edificio ten a súa sede o Centro Dramático desde hai 22 anos.

A conexión tivo lugar ás 12:30 xunto con outros centros de Galicia. O noso agradecemento á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola organización do acto.

Desde os departamentos organizadores, a nosa máis sincera gratitude ao Departamento de Informática pola súa constante colaboración.

Os nosos parabéns á alumna Zaira Rivadas Mourelle de 4º ESO D por ter acadado un premio accésit no XV Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Poesía), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña.  
Animamos a todo o alumnado que teña inquietudes literarias a participar na seguinte edición.
Deixámosvos un vídeo e unhas imaxes da entrega do premio á nosa alumna Zaira, celebrada o xoves, 25 de marzo no IES Eusebio da Guarda.

 

Premio Zaira Rivadas

O IES ISIDRO PARGA PONDAL, centro moi comprometido co noso idioma, celebrou esta semana o “Día de Rosalía de Castro 2021”. Para iso contou co apoio do alumnado e tamén dun grupo de ex-alumnos moi involucrados que realizaron unha serie de actividades encamiñadas a que toda a Comunidade Educativa puidese coñecer polo miúdo a figura da nosa poeta máis universal.

Todas as actividades estiveron protagonizadas polo propio alumnado e coordinadas polos Departamentos de Lingua Galega, EDLG e a Biblioteca do centro.

Comezouse cunha exposición sobre a homenaxeada que toda a Comunidade Educativa puido ver no taboleiro principal do centro. Nela inclúese unha liña histórica cos momentos relevantes da súa vida. 


 

 

 

Expúxose ademais nunha vitrina da planta baixa unha ampla bibliografía da poeta.  

 

 

 

Durante todos os días, emitiuse un podscat ás 8:45 e pola tarde ás 19:15 onde o alumnado de Bacharelato recitou poemas da autora. Podedes escoitar a versión completa con todos os poemas no seguinte reproductor.

 

O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía, escoitouse en todo o centro ao inicio das clases unha canción cuxa temática versa sobre a súa obra Rexurdimente do grupo galego De Vacas. Despediuse a xornada cun poema musicado e interpretado por alumnado de 2º de Bacharelato: Negra sombra do compositor galego Xoan Montes.

Tamén o propio día 24, na televisión da entrada do centro estivo posto un vídeo-recital durante os recreos da ESO e Bacharelato, realizado por ex-alumnos onde fan a súa propia e emotiva homenaxe á nosa escritora.

 

Completáronse as actividades coa elaboración dun vídeo gravado no patio do centro recitando o poema Negra sombra que tamén se reproduciu na televisión da entrada nos recreos. O alumnado de cada un dos niveis educativos recitou este fermoso poema en varios idiomas: francés, castelán, galego, inglés, romanés, italiano e árabe, finalizando cunha versión musicada e cantada na que participou o alumnado de 2º de Bacharelato. O profesorado de Lingua galega encargouse de poñer nas súas clases esta gravación. Deste xeito todo o alumnado puido ver este traballo.

O Departamento de Lingua Galega e o EDLG queren dar un agradecemento especial a profesora Leticia Riestra Ainsua por toda a súa colaboración

Novas na prensa:

 - Que pasa na Costa
 - La Voz de Galicia

Este ano non contamos coas habituais clases de apoio para o alumnado coa materia pendente.

En breve convocaremos unha reunión de información e seguimento. 

Datas dos exames

  1º parcial 2º parcial Global

 

BAC

 

16 xaneiro

16h 00

23 abril

17h 50

7 maio

17h 50

 

ESO

23 abril

16h 00

21 maio

16h 00

Para consultar calquera información, accedede á programación.

Se vos interesan os criterios de cualificación para este curso, consultade os documentos que se achegan.

E non esquezades que estamos á vosa disposición para aclarar as vosas dúbidas.

 

 

A continuación poñemos a disposición da comunidade escolar a Programación didáctica do departamento de Lingua galega para o curso 2018/019.

Para facilitar o acceso, engadimos tamén a información básica para cada un dos niveis (grao mínimo de consecución de estándares, criterios de cualificación e obras de lectura).

Ao mesmo tempo, publicamos nun só documento todas as obras de lectura aprobadas polo departamento para o presente curso.

O alumnado que teña a materia de Lingua galega pendente de cursos anteriores debe ter en conta a seguinte información:

Horarios das clases
  ESO 1         martes de 15:20 a 16:10
  ESO 2
  ESO 3         martes de 17:50 a 18:40

Como todos os anos realizaranse dous exames parciais que, de seren superados, suporán o aprobado da materia. Aqueles que teñan algún destes exames suspenso deberán presentarse ao global:

Datas dos exames
    1º cuadrimestre     16 de xaneiro
    2º cuadrimestre     15 de maio
          Global     29 de maio

 

 

Todos os datos de interese están na Programación didáctica; pero para que o atopedes con máis facilidade, neste artigo aparecen os enlaces que dan acceso á seguinte información para cada un dos niveis:

  • Grao mínimo de consecución dos estándares.
  • Criterios de cualificación
  • Obras de lectura