Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Biblioteca

O pasado venres 18 de Decembro, o equipo da Biblioteca do noso centro organizou unha charla motivacional, a petición do Departamento de Orientación, para o alumnado de 2 de bacharelato de cara a axudarlles a afrontar este curso tan importante.


Na charla  participaron tres antigas alumnas da promoción do ano pasado: Aida Duarte, Saray Gende e Elena Fariña que aceptaron encantadas o reto de contar a súa experiencia e tentar  motivar e resolver as dúbidas dos seus compañeiros.
 

Durante dúas horas, unha para cada un dos grupos de bacharelato, contáronlles a súa experiencia sobre como preparar e estudar de cara a preparación das ABAU, como levaron e afrontaron o estudo en tempo de pandemia así como consellos sobre a proba en si.

ex-alumnas dando a charla

Queremos informarvos que desde o luns 30 de novembro desaparece o funcionamento de acceso á biblioteca empregando a cita previa. Agora poderedes acceder cando o necesitedes.

No caso de non producirse aglomeracións, seguiremos mantendo este novo sistema ao longo do curso.

En calquera caso, os protocolos de limpeza de mans e dos postos así como o resto de normas mantense vixentes

Esperámosvos na vosa biblioteca!!

horario definitivo biblioteca

O IES PARGA PONDAL di NON á violencia contra as mulleres a través de numerosas actividades que pretenden concienciar a tod@s deste grave problema na nosa sociedade:

 

O alumnado de adultos tamen se sumou ós actos conmemorativos en contra da violencia de género

alumnado de adultos

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado que colaborou e se implicou en todas estas actividades, xa que sen a súa axuda non se poderían levar adiante.

Graciñas a tod@s.

Debido ao cambio de recreo de 4º ESO desde a vosa biblioteca Rebolo temos que facer cambios nos nosos horarios. Aínda son provisionais e esperamos ter os definitivos a finais desta semana. Desculpade as molestias

horario provisional da biblioteca

O departamento de Música, en colaboración coa Biblioteca, o departamento de Galego, Informática e Lingua Castelá, queremos ofrecervos una pequena homenaxe que fixemos o Samaín, unha das tradicións propias da nosa terra.

Para elo, o alumnado de música de 1º e 2º de Bacharelato, 4º ESO C e D, e 3º ESO B prepararon una velada musical moi especial. Puxeron moita ilusión, esforzo e traballo.

E por suposto, queremos agradecer á dirección do centro, a todo o profesorado e ao persoal non docente por facilitarnos a realización deste proxecto.

Esperamos que o gocedes.

Feliz Samaín!!!

A partir de hoxe o servizo da biblioteca reabrirá para o préstamo e devolución de libros e material audiovisual, co seguinte protocolo:

a) devolución de libros en préstamo da biblioteca (non libros de texto)

  1. a devolución farase dentro do horario de oficina, de 10 a 13 horas, de luns a venres.
  2. a devolución farase entregando o material na conserxería do centro.
  3. non é necesario traer nin o carné da biblioteca nin identificarse.

b) servizo de préstamo de libros e material audiovisual

  1. farase mediante correo electrónico (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) ou chamando ao 881 880 371.
  2. será necesario indicar: nome e apelidos do alumno ou alumna, o título do material solicitado e o número do carné da biblioteca.
  3. importante: se a petición se fai por correo electrónico, indicar un teléfono de contacto.
  4. cando o material solicitado estea disponible, avisaremos a persoa indicada para a súa recollida na conserxería do centro.

NOTA: o prazo para a devolución de libros amplíase ata á volta en setembro para o alumnado que así o precise.

 

Con motivo do fin do primeiro trimestre, a profesora Leticia Riestra, do departamento de Informática organizou un breakout- edu ao alumnado de 1 e 2 de bacharelato.
Un "breakout" é un xogo inmersivo derivado do populares Escape  Rooms. Nun breakout non hai que saír dunha habitación na que un grupo está encerrado; aquí o obxectivo consiste en abrir unha caixa pechada con diferentes cadeados nun tempo predeterminado. Para conseguir os códigos que os abren é necesario resolver problemas, cuestionarios e enigmas. Unha breve narrativa transforma aos participantes en axentes secretos, científicos, aventureiros ou calquera personaxe que imaxinemos.
Os breakout achegan entre outras: colaboración e traballo en equipo, desenvolvemento de pensamento crítico, habilidade para resolver problemas, aprender a traballar baixo presión…
Neste caso, e baixo a temática de Harry Potter, o alumnado tiña que deter un contador nun tempo estipulado de 80 minutos para conseguir por unha banda poder acceder a todo o material que o profesorado utiliza para preparalos para as ABAU (no caso de 2 bacharelato) ou para evitar que todas as excursións programadas fosen canceladas (no caso de 1 bacharelato).
Despois dunha pequena introdución co reparto do alumnado nas diferentes casas da escola de maxia usando o sombreiro seleccionador e dun pequeno vídeo co director do centro explicando o problema, deuse comezo ao xogo tendo que resolver enigmas de materias como matemáticas, historia, galego, educación física, bioloxía e mesmo procura de libros pola biblioteca todo iso acompañado de música para xerar un ambiente máis divertido.
Como premio, o grupo que conseguiu parar o contador, e despois de resolver un último enigma empregando variñas máxicas, puido atopar a combinación do cadeado do libro dos monstros e acceder a un premio final o cal tamén incluía un premio de consolación para todos os participantes.
O alumnado pasoullo en grande e gozou moito da experiencia.
Poden consultar as fotos na seguinte galería, así como un par de vídeos resumen de cada un dos grupos.

Este ano o FIOT presentou o FIOTEEN, unha canle para sair á procura de novo público nos centros educativos.

A través desa canle mantiveron informado ao alumnado de todo o que acontecía no FIOT, graciñas á interpretación de Alba Bermúdez e Tone Martínez, da compañía carballesa Galeatro, que visitaron os centros con píldoras informativas presentando os diferentes espectáculos. Tamén se representou no centro educativo a obra “Por unha peseta” da compañía Apatacón.

Ademais do anterior ofrecéronse de xeito gratuíto ao alumnado diversas representacións no Pazo da Cultura, podendo dese xeito acudir á preestrea de algunhas das obras do FIOT. Así, o alumnado de 3º de ESO puido disfrutar da obra “Medida x medida”, de PT Excéntricas, o alumnado de 4º de ESO da obra “O electo” de Contraproducións e Focus e o alumnado de bacharelato da obra “Dados” de Ventrículo Veloz.

Agradecemos ao FIOT a colaboración cos centros educativos.


Podedes consultar unha galería cos imaxes das saídas premendo aquí.

O pasado día 9 de maio, o club de lectura Alejandría do IES Isidro Parga Pondal, participou nun obradoiro de haikus con Francisca García Jañez, autora de varios libros deste xénero. Os haikus son poemas clásicos xaponeses, pequenas píldoras de sabiduría. Nun ambiente relaxado, o alumnado aprendeu a pararse nos pequenos momentos da vida e expresar as sensacións que estos lle producen. Finalmente, todos e todas fixeron varios poemas deste tipo sobre a natureza e tamén sobre as bibliotecas e os libros.

Nova na prensa