Profesorado

Alumnado

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

 A resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dita instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

De maneira resumida, pode acreditar a competencia dixital o alumnado que esté matriculado en 4º ESO ou 2º BACHARELATO no curso 2023-2024, do seguinte xeito:

1. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 4º de ESO:

1. 1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

1.2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

 

2. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 2ºBACH

 A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos,  habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere aproba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación que acredita o nivel intermedio.

 

As probas de acreditación terán lugar nas instalacións do IES Lagoa de Antela.

 

Podes acceder a unha demo das probas

 

Ligazón á orde completa.