Profesorado

Alumnado

Profesional

INAUGURACIÓN DO "MAR DE ANTELA"

 A inauguración oficial do "Mar  de Antela" terá lugar o vindeiro   mércores 18 de outubro, ca  presenza de autoridades educativas.
Neste  enlace podes atopar unha boa colección de fotografías do proceso de elaboración.          

 

CUESTIONARIO DE ESCOLA INCLUSIVA (PROA+) - IES LAGOA DE ANTELA

Neste curso escolar, e dentro do programa auspiciado polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que noso centro solicitou, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, este centro educativo debe iniciar un Plan Estratéxico de Mellora para o próximos tres cursos escolares. Para a realización deste Plan é fundamental á participación e recollida de información de toda a comunidade educativa a través do seguinte formulario (pincha na imaxe para acceder ao formulario):

           

Agradecemos de antemán a súa colaboración na realización deste cuestionario anónimo, cuxos datos servirán para a realización do devandito Plan (PEM).

A data límite será o 28 de Abril.

Suspensión do transporte de escolares durante o mércores 18

Segundo a Comisión de alerta da Xunta de Galicia, mañá mércores, día 18, está suspendido o transporte escolar nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición nas montañas de Ourense e sur de Ourense (o noso centro está nesta zona).

Está medida só afecta aos escolares transportados, o resto sigue todo igual (salvo que ata mañá houbese outras instrucións por parte da Consellería).

Polo tanto, o centro estará aberto no seu horario habitual; tentaremos impartir clase ao alumnado que acuda, e o profesorado estará dispoñible sempre que lle sexa posible acudir ao seu posto de traballo. Non é descartable que ao longo do día se suspendan as clases, polo que deberán estar atentos e dispoñibles para vir buscar os seus fillos e fillas, de selo caso.

Calquera outro problema ou novidade, intentaremos avisalos o antes posibles, por Abalar, a Web ou persoalmente. Tamén poden consultar a través dos teléfonos do centro (988788548 e 634501975)

 

Calendario inicio curso 2022/2023

No calendario axunto fanse públicas as datas de comezo do curso académico 2022/2023 no IES Lagoa de Antela.