Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, ActividadesVisibilizar as mulleres nas LetrasO club de Letras do IES Laxeiro centrouse este curso en visibilizar as mulleres en tres eidos: o literario, o histórico e o musical.
"Cantas mulleres científicas coñeces?"Seguramente, a maior parte de nós, e de vós, contestaría unha, e a resposta sería unánime: Marie Curie. É a única muller científica que a historia patriarcal non logrou ocultar, debido á súa extrema importancia. Aínda así, houbo quen desexou concederlle o mérito ao seu cónxuxe; é o que ten a historia de Occidente, que mesmo se empeñou en tirar o apelido propio da muller para que adquirise o do esposo, como sinal última pero tamén primixenia da perda da individualidade da muller.
Pero cantas mulleres científicas hai e houbo? Moitísimas mulleres traballaron e traballan neste eido sendo tan ou máis importantes que moitos homes científicos que si constan nos manuais, nas enciclopedias, nos libros. E queremos rescatalas. Queremos que no IES Laxeiro se coñezan os seus nomes. Que se saiba que existiron e que existan. Que se transmita que o seu labor é esencial no decurso da humanidade.
Porque vós, mozas, alumnas, tedes o mesmo dereito e as mesmas capacidades ca os vosos compañeiros en calquera eido. Incluído o científico. Sorteo da cesta do Nadal 2019 no IES LaxeiroEfectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2019, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
4777 Novembro contra a violencia de xéneroO alumnado de 2º de ESO- A na materia de igualdade escribiu e realizou unha performance para o 25 de novembro, poñendo o acento en que as mozas non deben vestir nin comportarse segundo os estereotipos de xénero que a sociedade impón.
O alumnado de 2º de ESO-B da materia de Igualdade realiza unha performance para o 25 de novembro, a partir dun poema de Ana Cerezuela (do seu libro "Lejos")
Sorteo da cesta do Nadal IES LaxeiroEfectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2018, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
2778 Xornada Titoría Entre Iguais - TEIO derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, o xoves 21 de decembro, adicamos parte da xornada a fortalecer os lazos entre o alumnado participante no programa TEI por medio de xogos populares e tradicionais. Premio a nosa Alumna Sara Granja SanmartínParabéns a nosa alumna Sara Granja Sanmartín polo seu traballo: "O maltrato crea cadeas, a igualdade dá a forza para rompelas". #lalinsenviolencia @eigualdade » Un ano máis arranca o programa TEI no IES LaxeiroO Programa TEI (Titorización Entre Iguais) arranca de novo... » Xornada de Convivencia con 1º de ESOEste venres, 13 de outubro, as alumnoas e alumnos de 1º de ESO xunto cos seus profesores e profesoras participaron nunha Xornada de Convivencia, co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Unha andaina pola Devesa de Moa permitiulles compartir conversa e camiñata, e coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Unha agrabable xornada para todos e todas. Relación de Libros de Texto 2017-2018Nos seguintes arquivos figuran as relacións de libros de texto correspondentes ao curso escolar 2017-2018
- Relación de libros de texto da ESO - Relación de libros de texto de BAC
|
Novos números
|