Actividades

Participación no Correlingua 2009

O xoves 14 de maio 44 alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES Laxeiro participan na edición do Correlingua 2009 que se celebra na Estrada.

Semana de Sostenibilidade de Lalín

Semana da Sostenibilidade de Lalín

Os pasados días 5, 6 e 7 de novembro o alumnado do Comité Ambiental participou na II Semana da Sostenibilidade organizada pola Concellería  de  Medioambiente.
O noso stand estivo no Auditorio acompañado de outros como:  Hifas da terra, enerxías renovables, clube ciclista Alambique e turismo sostible.
Durante a nosa estancia regalamos xabón artesán feito con aceite usado aos visitantes á feira a cambio do cal aceptamos unha colaboración económica para a nosa excursión de fin de curso de 4º de ESO.
Aos nosos veciños mostrámoslle a posibilidade de cubrir un cuestionario medioambiental que tiña como obxectivo facerlles reflexionar sobre as súas prácticas cotiáns.
Na mañá do xoves elaboramos o noso xabón para que os escolares de outros centros educativos poidesen ver o fácil que pode ser reciclar o noso aceite usado na casa.
Compañeiros e profes do noso centro visitaron así mesmo o noso stand para apoiar o noso traballo. 

 

 

Programa de Prevención de Drogodependencias "CINENSINO"

O vindeiro luns día 1 de decembro terá lugar no Filmax Pontiñas a proxección da película estadounidense "Los seis signos de la luz", do director David L. Cunningham. A esta proxección asistirán os alumnos e alumnas de 2º de ESO. É a primeira actividade deste curso dentro do Programa de prevención de drogodependencias "CINENSINO". no que, a partir da visualización deste filme, o alumnado traballará co seu titor unha unidade didáctica na que se abordan contidos relacionados co filme.

Cidadanía no Mundo

O alumnado de 1º de ESO traballará ó longo de dúas sesións no obradoiro "Cidadanía no Mundo". Estes obradoiros faranse nas xornadas do 28 de novembro e 1 de decembro con 2 monitoras do Concello de Lalín.

A actividade central deste taller é a realización do nosa propia árbora xenealóxica para despois reflexionar sobre as orixes e os movementos de poboación das nosas familias. Os participantes pensan, comparten e opinan sobre os motivos que levan a unha persoa a cambiar de lugar de residencia e reflexionan sobre o contraste social e o intercambio cultural xurdido destes desprazamentos.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado martes día 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos e 2º de Bacharelato acercáronse ó Filmax Pontiñas para ver a película "A Descoñecida" do director italiano Giuseppe Tornatore. Esta actividade estaba enmarcada dentro das actividades organizadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Semana do Medio Ambiente

Co gallo da celebración o día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, dende o grupo da Axenda 21 do Centro realizaremos varias actividades conmemorativas durante a semana do 2 ao 6 de xuño.

Distribuir contido