Novidades

 

 

 

 



 

 

 

 

Aplicación Orienta

 

 

 

 

 

 

 

____________________

PROCESO DE ADMISIÓN (II) CURSO 2024/25

 

Non é preciso baremar en ningún grupo.

As familias poden consultar as listaxes provisionais de admitidos/as no taboleiro do centro o día 25 de abril.

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEFP PARA O CURSO 2024/25

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou no BOE do 13/03/2024 o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen o próximo ano estudos postobrigatorios (bacharelato, fpbásica, ciclos formativos e estudos universitarios).

 

PROCESO DE ADMISION (I) CURSO 2024-2025

 

PRAZO: do 1 de marzo ao 20 de marzo
Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

MODOS: Pódese facer a través dun dos seguintes:

1.Cubrir a solicitude informáticamente na aplicación e presentala asinada de xeito manual no centro no que se solicita praza.

2.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

3.Descargar a solicitude de admisión de praza, cubrila manualmente e presentala en papel debidamente asinada no centro no que se solicita praza.


Notas informativas:
MODALIDADES DE BACHARELATO OFERTADAS:

◦                     Ciencias e Tecnoloxía

◦                     Humanidades e Ciencias Sociais

◦                     Artes (Vía Artes Plásticas, Imaxe e Deseño)

◦                     Artes (Vía Música e Artes Escénicas)

 

No caso de ter feita unha reserva de praza nun centro adscrito e solicitar a admisión noutro centro diferente, ou ben no caso de facer unha solicitude de admisión previa noutro centro, é necesario ter renunciado á reserva de praza no centro adscrito antes do 28 de febreiro (este incluído), ou á solicitude no primeiro centro. Non ter feito a renuncia poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

 

Solicitude de admision.

Vacantes.

Información do proceso de admisión.

Cronograma.

Documentación.

Baremo.

 

Lexislacion aplicable.

 

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO NA MOCIDADE (YAM)

 

 

 

ALUMNADO ADMITIDO RESERVA DE PRAZA CURSO 2024-2025

Están admitidos neste centro para o curso 2024-2025 todos os alumnos/as que presentaron reserva de praza nos centros adscritos tanto para 1º de ESO como para 1º de Bacharelato.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Mañá martes 30 de xaneiro de 17:00 h. a 18:00 h. haberá unha xornada de portas abertas no IES MARÍA SOLIÑO. Recibiremos encantados/as e amosaremos o noso centro a todas as familias interesadas.

Animádevos a coñecer o IES MARÍA SOLIÑO.SorrisoSorriso

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN - CURSO 2024/2025

 

O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

1) As solicitudes de reserva poderán tramitarse na web a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

 

2) Tamén as solicitudes de reserva poderán tramitarse de xeito manual:

a) Empregando o formulario en papel.

b) As solicitudes de reserva poderán tramitarse de xeito manual a través da aplicación admisionalumnado no menú: Solicitudes > Reserva > Crear

 

Esta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificadodixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar a lista de libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024 premendo aquí. Aconséllase, de calquera xeito, agardar ao comezo do novo curso para consultar este punto coa profesora ou profesor responsable da materia.

 

PAGAMENTO DE TÍTULO 2023

Información da documentación de pago de título que se adxunta (premer no apartado correspondente).

Pago do título: cubrir o Impreso datos título e pagar as taxas do título no seguinte enlace pago das taxas do títulos Bacharel LOE, onde poderán optar por pagar telematicamente as taxas ou descargar o impreso de taxas para o pago do título de Bacharel LOE para levar ao banco; os códigos para cubrir de xeito adecuado o impreso de taxas para o pago do título de bacharel poden velos no PDF Instrucións PAGO DO TÍTULO que se adxunta.

 

Os impresos, papeis de pago e documentación será entregada na secretaría do centro.



XXXVI CERTAME DA POESÍA MARÍA SOLIÑO

O IES María Soliño coa colaboración da Biblioteca do centro convoca o XXXVI CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO. As bases do certame poden consultarse premendo na imaxe. O prazo de entrega dos poemas remata o día 09 de xuño de 2023.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 Contacta con nós

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

   Novas anteriores