Documentos

Normas de Organización e Funcionamento (NOF)

Marco de referencia para a organización e funcionamento do IES María Soliño.

Plan de Igualdade do IES María Soliño 2022-2023

Os interesados/as poden consultar o Plan de Igualdade do IES María Soliño no arquivo adxunto.

Plan Xeral Anual curso 2023-2024

Os interesados/as poden consultar o Plan Xeral Anual do centro para o curso 2023-2024 no arquivo adxunto.

Plan Lector

Podedes todos/as consultar o Plan Lector vixente no centro no arquivo adxunto.

Plan de coordinación de convivencia e benestar emocional

A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar o Plan de traballo referente á Coordinación de Convivencia e Benestar Emocional elaborado polo Departamento de Orientación do centro.

Autoprotección

 Durante o curso 2006-2007 elaborouse o Plano de autoprotección do noso instituto; neste documento recóllense as características do centro, os planos de evacuación, os protocolos de actuación en caso de emerxencia e as recomendacións de seguridade para as persoas, mobiliario e edificios do centro. Podes descargar a versión completa dese plano (arquivo pdf de 8,52 Mb). Se debido aos cambios que se están producindo na localización do aloxamento das páxinas da Consellería non consegues acceder directamente podes abrir a páxina da web antiga do centro (http://centros.edu.xunta.es/iesmariasolino/webantiga)  e desde ela acceder a "Taboleiro virtual" onde atoparás ese documento.

 No curso 2007-2008 iniciamos a realización de simulacros de emerxencia con tres obxectivos principais:

  • dar a coñecer a todo o persoal do centro os itinerarios de evacuación e a forma correcta de realizala.
  • detectar posibles deficiencias que afecten á seguridade das persoas, do mobiliario ou dos edificios.
  • mentalizar a todo o persoal da necesidade de estar preparados para calquera emerxencia que poida producirse, de xeito que se minimicen os seus efectos.

Este exercicio realizarase todos os cursos escolares.

No documento adxunto atoparás o resumo das instrucións expostas nas aulas.

Distribuir contido