O ALUMNADO DE 3º ESO DO IES MARTAGUISELA GOZA ESTES DÍAS DO PREMIO DO RALLY MATEMÁTICO POR TERRAS MADRILEÑAS

Día 1:

O alumnado de 3º ESO C, Xoel Fernández Jones, Fernando López Braz, Eva López García, Nerea López García, Xiana Pungín Estévez, Ander Quintáns Guerra, Mariamne Tamerón Andreu e Lucas Valcarce Fernández, do IES Martaguisela que resultou gañador da Fase Final Galega do XXXI RALLY MATEMÁTICO goza estes días por Madrid.

Saíron o martes, día 27 de xuño a media mañá do instituto en compañía da súa profesora de Matemáticas, Belén Lombardía e os outros tres centros educativos (IESMaría Casares de Oleiros, Sagrado Corazón Placeres de Marín e o IES Blanco Amor de Ourense)que tamén resultaron gañadores noutras categorías.

Ao chegaren a Madrid levaron a cabo unha ruta matemática de sólidos platónicos na zona de Arganzuela. A ruta desenvolveuse polo paseo Juan Antonio Vallejo Nágera, iniciando o percorrido na estación de cercanías de Delicias e rematando na Rúa Jemenuño.

Nos 3.3 Km de camiño observaron diferentes esculturas dos sólidos platónicos (octaedro, icosaedro, tetraedro, hexaedro ou cubo e dodecaedro) así como varias pirámides o obeliscos.

Tamén tiveron ocasión de ver un cadrado máxico, que ten a propiedade de que todas as filas, todas as columnas e as súas diagonais suman o mesmo.

Pola noite, descanso no hotel para mañá gozar do parque Warner.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.

Día 2:

A primeira hora da mañá do mércores, día 28 de xuño, pasearon polos arredores do Palacio Real e asistiron ao cambio de garda, a contemplaron tamén a Catedral da Almudena e o templo de Deboh.

A partir das 12:00h, hora de apertura do Parque Warner, comezaron a gozar das atraccións.

Xa pola noite, tocaba descansar para afrontar o terceiro e último día da excursión antes de volveren cara á casa.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.

Día 3:

Comezamos a xornada do xoves, día 29 de xuño, visitando o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) en Alcobendas. Asistiron a unha visita guiada na Sala Espazo e Tempo e posteriormente participaron nun obradoiro de electricidade. Alén disto tiveron tempo para gozar da Sala de Interactivos e da Sala de Patrimonio.

A última hora da mañá pasearon pola zona do Centro Comercial Praza Norte 2 en Alcobendas e rematado o xantar emprenderon viaxe cara ao Barco de Valdeorras.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.

 

Powered by Drupal - Design by artinet