4º ESO - Mat.

Que é unha sección bilingüe?

Unha sección bilingüe consiste na organización da ensinanza dunha materia non lingüística da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato, que se cursa dun xeito bilingüe, en galego ou castelán, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

A finalidade é reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira a través da incorporación parcial do seu uso como vehículo de comunicación na materia na que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica.

A incorporación da lingua estranxeira farase progresivamente incrementando a súa presenza ao longo do seu desenvolvemento, tendo en conta a experiencia previa en seccións bilingües do alumnado.

As condicións de incorporación do alumnado son as seguintes:

  1. Ter sido avaliado positivamente na materia de lingua estranxeira correspondente ao idioma da sección.
  2. Contar coa autorización escrita dos seus pais ou titores legais.

O alumnado que forma parte dunha sección bilingüe non poderá abandonala antes de rematar o curso escolar, salvo por razóns xustificadas ante a dirección do centro e coa autorización desta.

Ao remate de cada curso o alumnado que sexa cualificado positivamente na materia obxecto da sección bilingüe recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunha sección bilingüe, que se fará constar mediante dilixencia no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico.

Cando nun centro xa estea implantada unha sección bilingüe, como é o caso do I.E.S. Martaguisela, para que poida seguir impartíndos en sucesivos anos é necesario contar alomenos con 10 alumnos.

O alumnado poderá recibir un máximo de dous períodos semanais de clase de reforzo do idioma, como ampliación ao seu horario lectivo, que serán impartidas polo seu profesorado especialista de lingua estranxeira, se as necesidades formativas así o requiren e os recursos do centro o permiten.

As solicitudes entregaránse no centro coa documentación da matrícula.

O Plan de seccións bilingües está regulado pola correspondente Orde de 18 de abril de 2007 (DOG do 7 de maio)

Powered by Drupal - Design by artinet