Complementarias e extraescolares

Alumnado de 4º de ESO do IES Martaguisela recolle preto de media tonelada de residuos do rio Sil

Alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Ámbito científico do IES Martaguisela participou na mañá do 13 de marzo nunha actividade consistente na recollida de residuos nas beiras do rio Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras. Na actividade colaboraron o Concello de O Barco de Valdeorras e a Asociación Chelonia que a enmarca dentro do seu programa Mares Circulares impulsado por Coca-Cola Europacific Partners. Cono resultado do traballo do alumnado e do profesorado acompañante recolleuse preto de media tonelada de residuos.

Información máis completa no ficheiro adxunto.

Recollida de residuos no rio SilRecollida de residuos no rio SilRecollida de residuos no rio SilRecollida de residuos no rio Sil

Recollida de residuos no rio Sil no periódico

Devolvendo o golpe

O mércores pasado o alumnado de 1⁰ 2⁰ e 3⁰ ESO tivo a oportunidade de asistir á proxección do documental Devolvendo o golpe, unha fermosa historia de superación. Con 10 anos, Aarón case morre atropelado. A súa nai, Rosa, loitará para que saia adiante e cumpra o seu soño: ser campión de España de boxeo.
Esta proxección, xunto con outras, forma parte do agasallo polo *Primeiro Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística* para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/23.
Agradecemos ao concello a súa colaboración.
Cartel de Devolvendo o golpe

Nena e deporte

Hoxe tivo lugar no noso pavillon un acto co que se inaugurou a actividade "Xesto deportivo, Nena e deporte". O noso centro é un dos que participa e a Deputación escolleu o IES Martaguisela para a inauguración.

Ás 12:30, no pavillón do centro, tivo lugar o acto no que participaron o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, o alcalde do Barco, Alfredo García, a representante da Deputación en Valdeorras e alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, o xefe territorial de educación, Jorge Rubén Sampedro e a nosa inspectora, Eva Muñiz xunto á nosa directora, María del Carmen Gamarra, o vicedirector e profesor de Educación física, David Ramos, a xefa de estudos, Natalia Nogueira e o profesor de Educación fisica, José Antonio Morado.
Para a realización desta primeira actividade contouse coa participación de alumnado de 3º de ESO.
Información complementaria no artigo de O Sil.
 
Autoridades participantes
 
Momento da actividade
 
Máis imaxes da actividade aquí.

Samaín 2023

Este Samaín celebrámolo no IES Martaguisela propoñendo dous concursos e actividades. Tratábase no primeiro, non só de decorar as aulas senón tamén de investigar e documentar a tradición destas datas que nos é propia e que moitos descoñecen. O segundo concurso, o de fotografía, pretendía fomentar a creatividade incidindo tamén nos nosos costumes.
Parabéns ao alumnado que se implicou activamente na transformación da súa aula pero tamén na creación de performances terroríficas, relatos e contos de Samaín, murais informativos da tradición celta destas datas e mesmo repostería típica.
Non faltaron os disfraces tampouco, que luciron no patio a última hora da mañá, na que o alumnado tivo a oportunidade de participar en diferentes xogos no pavillón.
Estes foron os premiados:
1º premio á aula co mellor traballo de documentación e decoración sobre tradición celta: 4º D.
Grupo premiado 4ºD coa profesora, Aúrea González
2º premio á aula mellor decorada con traballos orixinais e manuais: 3º A.
3º premio á clase coa mellor representación e atrezzo de Santa Compaña: 4º A.
Parabéns aos grupos gañadores e ao resto de participantes, tanto alumnado como profesorado.
Aquí tedes imaxes da xornada.

Alumnado de 2º de ESO visita a Residencia Nuestra Señora de Fátima

O alumnado de 2 ESO das materias de Relixión e Proxecto Competencial (este curso o Proxecto é sobre Intelixencia Emocional) visitou a Residencia Nuestra Señora de Fátima.

Ali tiveron a oportunidade de coñecer ao persoal do centro e aos internos e internas aos que entrevistaron interesándose pola súa vida e pasando un rato de charla con eles. Unha experiencia de convivencia solidaria e que fomenta o bo trato e a visibilidade das persoas maiores, moitas veces esquecidas por esta sociedade que vive tan á présa.

Foto de grupo

Máis imaxes aquí.

O PROFESORADO DO IES MARTAGUISELA VAI DE EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

O mércores, día 28 de xuño, tocoulle ao profesorado do IES Martaguisela realizar unha excursión pola Ribeira Sacra, despois dun intenso curso 2022-2023.

Comezaron a xornada visitando o Monforte medieval e histórico (conxunto arquitectónico de San Vicente do Pino, a Torre da Homenaxe, o Parador Nacional, a igrexa e o Pazo Condal. Continuaron a visita guiada con Vicente, guía turístico da empresa Novas Rutas, polas rúas da xudería, a igrexa da Régoa, a Calexa, a ponte medieval, o claustro do Museo do Viño, o Parque dos Condes e o exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga.

Xa cara á mediodía desprazáronse a Sober, concretamente á Alfarería de Gundivós onde Elías lle explicou e mostrou a técnica e elaboración da cerámica tradicional típica desta zona, e para repoñer forzas degustaron as delicias do Restaurante Berso de Sober.

Antes de rematar a viaxe por terras monfortinas visitaron o Mirador do Duque e achegáronse ata a adega Regina Viarum de Doade.

Foi un día cheo de emocións positivas, de reencontro con antigos compañeiros e compañeiras que nos serviu para termos unha convivencia fóra da dinámica do traballo diario despois dun curso moi intenso.

Moitas grazas  a todas e a todos!!

Deixámosvos máis fotografías da xornada e o vídeo-resumo elaborado por Rose.

O ALUMNADO DO IES MARTAGUISELA PARTICIPA NO OBRADOIRO A REVOLUCIÓN TEENAGERS

O alumnado de 1º ESO participou durante os días 13 e 20 de xuño nun obradoiro de educación emocional e afectivo-sexual e prevenció de condutas de risco (alcohol, tabaco, ...) impartido por Manoli, enfermeira da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Con estas xornadas o alumnado puido adquirir nocións básicas sobre prevención de condutas de risco que na etapa da adolescencia comezan a xurdir.

A adolescencia é unha etapa de continuos cambios, moi emocionante para a rapazada, na que se consolidan comportamentos, actitudes e aptitudes, claves para a súa vida.

Foi un obradoiro adaptado á idade da rapazada e de forma amena e dinámica.

Deixámosvos máis fotografías da xornada.

O ALUMNADO DE 3º ESO DO IES MARTAGUISELA GOZA ESTES DÍAS DO PREMIO DO RALLY MATEMÁTICO POR TERRAS MADRILEÑAS

Día 1:

O alumnado de 3º ESO C, Xoel Fernández Jones, Fernando López Braz, Eva López García, Nerea López García, Xiana Pungín Estévez, Ander Quintáns Guerra, Mariamne Tamerón Andreu e Lucas Valcarce Fernández, do IES Martaguisela que resultou gañador da Fase Final Galega do XXXI RALLY MATEMÁTICO goza estes días por Madrid.

Saíron o martes, día 27 de xuño a media mañá do instituto en compañía da súa profesora de Matemáticas, Belén Lombardía e os outros tres centros educativos (IESMaría Casares de Oleiros, Sagrado Corazón Placeres de Marín e o IES Blanco Amor de Ourense)que tamén resultaron gañadores noutras categorías.

Ao chegaren a Madrid levaron a cabo unha ruta matemática de sólidos platónicos na zona de Arganzuela. A ruta desenvolveuse polo paseo Juan Antonio Vallejo Nágera, iniciando o percorrido na estación de cercanías de Delicias e rematando na Rúa Jemenuño.

Nos 3.3 Km de camiño observaron diferentes esculturas dos sólidos platónicos (octaedro, icosaedro, tetraedro, hexaedro ou cubo e dodecaedro) así como varias pirámides o obeliscos.

Tamén tiveron ocasión de ver un cadrado máxico, que ten a propiedade de que todas as filas, todas as columnas e as súas diagonais suman o mesmo.

Pola noite, descanso no hotel para mañá gozar do parque Warner.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.

Día 2:

A primeira hora da mañá do mércores, día 28 de xuño, pasearon polos arredores do Palacio Real e asistiron ao cambio de garda, a contemplaron tamén a Catedral da Almudena e o templo de Deboh.

A partir das 12:00h, hora de apertura do Parque Warner, comezaron a gozar das atraccións.

Xa pola noite, tocaba descansar para afrontar o terceiro e último día da excursión antes de volveren cara á casa.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.

Día 3:

Comezamos a xornada do xoves, día 29 de xuño, visitando o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) en Alcobendas. Asistiron a unha visita guiada na Sala Espazo e Tempo e posteriormente participaron nun obradoiro de electricidade. Alén disto tiveron tempo para gozar da Sala de Interactivos e da Sala de Patrimonio.

A última hora da mañá pasearon pola zona do Centro Comercial Praza Norte 2 en Alcobendas e rematado o xantar emprenderon viaxe cara ao Barco de Valdeorras.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.

 

CERIMONIA DE GRADUACIÓN DE 4º ESO

O pasado mércores, día 21 de xuño, tivo lugar a cerimonia de graduación do alumnado de 4º ESO.

Con esta celebración péchase un capítulo na vida educativa do alumnado, verdadeiro protagonista desta xornada.

Khadija Abettoy e Alberto Vázquez, representantes de 4º ESO B e A respectivamente, foron os presentadores e fío condutor do acto.

Ademais, dous alumnos/-as representantes de cada un dos grupos (Nerea Jiménez e Marta Blanco de 4º ESO B e Duarte Domínguez e Jairo Núñez de 4º ESO A) leron cadanseu discurso onde  tiveron palabras agarimosas tanto para os seus compañeiros e compañeiras como para o profesorado e repartiron diferentes agasallos elaborados por elas e eles mesmos.

Por último, os titores de cada un dos grupos, Alberto Pungín e David Ramos, ademais de dirixirlles unhas palabras aos seus titorandos, entregáronlles un diploma como lembranza deste acto.

Grazas, tamén, a todo o profesorado que colaborou na montaxe do escenario.

Parabéns e moita sorte na vosa seguinte etapa educativa, ben sexa o Bacharelato ou a Formación Profesional!.

Deixámosvos máis fotografías da xornada e os vídeos do acto.

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

Vídeo 4

Vídeo 5

Vídeo 6

Vídeo 7

Vídeo 8

Vídeo 9

Vídeo 10

I EDICIÓN DO PASAPALABRA NO IES MARTAGUISELA

O pasado martes, día 20 de xuño, no IES Martaguisela celebramos a I edición do “Pasapalabra” grazas á organización do departamento de Lingua Castelá, e sobre todo á implicación da profesora de 3º ESO, Pilar Rodríguez.

Neste concurso participou o alumnado de 3º ESO do noso centro educativo, representado por Lucas Valcarce de 3º ESO C e quen se tivo que enfrontar a Matilde Gonçalvez, representante do alumnado do IES de Sobradelo. Acompañando a expedición de Sobradelo veu o antigo profesor de Lingua Castelá, César González.

Despois de catro intensos minutos rematou gañando o IES Sobradelo, cun resultado de 13 acertos.

Esperamos que todos os participantes e asistentes gozasen do concurso que agardamos que se repita o vindeiro curso escolar.

Parabéns para o IES de Sobradelo!!!

Deixámosvos máis fotografías da xornada.

Powered by Drupal - Design by artinet