Responder ó comentario

Samaín 2023

Este Samaín celebrámolo no IES Martaguisela propoñendo dous concursos e actividades. Tratábase no primeiro, non só de decorar as aulas senón tamén de investigar e documentar a tradición destas datas que nos é propia e que moitos descoñecen. O segundo concurso, o de fotografía, pretendía fomentar a creatividade incidindo tamén nos nosos costumes.
Parabéns ao alumnado que se implicou activamente na transformación da súa aula pero tamén na creación de performances terroríficas, relatos e contos de Samaín, murais informativos da tradición celta destas datas e mesmo repostería típica.
Non faltaron os disfraces tampouco, que luciron no patio a última hora da mañá, na que o alumnado tivo a oportunidade de participar en diferentes xogos no pavillón.
Estes foron os premiados:
1º premio á aula co mellor traballo de documentación e decoración sobre tradición celta: 4º D.
Grupo premiado 4ºD coa profesora, Aúrea González
2º premio á aula mellor decorada con traballos orixinais e manuais: 3º A.
3º premio á clase coa mellor representación e atrezzo de Santa Compaña: 4º A.
Parabéns aos grupos gañadores e ao resto de participantes, tanto alumnado como profesorado.
Aquí tedes imaxes da xornada.

Responder

Powered by Drupal - Design by artinet