Complementarias e extraescolares

DISECCIONANDO DIFERENTES CEREBROS

O ALUMNADO DE 2º BAC LEVOU A CABO UNHA PRÁCTICA DE LABORATORIO DISECCIONANDO DIFERENTES CEREBROS 

O alumnado de Psicoloxía  de 2º BAC realizou o xoves 15 de decembro unha disección de cerebros de vaca, porco e año no laboratorio, coa colaboración do profesorado dos Departamentos de Filosofía e Bioloxía. 

Para a disección empregáronse un par de cerebros de cada animal, estando un deles cocido e outro ao natural, para comprobar as diferenzas entre eles.

Nesta actividade, realizada despois de explicar e traballar na materia de Psicoloxía as distintas partes e funcións do encéfalo e o sistema nervioso, o alumnado puido recoñecer estruturas cerebrais como a substancia gris e a substancia branca, o bulbo raquídeo, o cerebelo, o corpo caloso ou a cortiza cerebral, comprobando as semellanzas existentes entre o encéfalo humano e o encéfalo destes animais.

 

Deixámosvos fotografías de diferentes momento das actividades.

Para máis fotos fai clic aquí ou na imaxe.

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos

O IES Martaguisela colabora co Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos da Garda Civil.

Na mañá de hoxe, día 12 de decembro, o alumnado de 1º ESO asistiu á charla sobre acoso escolar que impartiu a Garda Civil no noso instituto, mentres que o de 2º ESO recibiu información sobre drogas, alcohol e tabaco.

Dentro dos obxectivos do Plan Director podemos salientar os seguintes:

  1. Responder as cuestións relacionadas coa seguridade dos menores e a mocidade nos centros educativos e os seus entornos.
  2. Contribuír a formar o alumnado no respecto aos dereitos e áas liberdades e nos valores de dignidade e igualdade.
  3. Mellorar o coñecemento dos recursos policiais dispoñibles para a prevención da delincuencia e protección ás vítimas.

Dende o IES Martaguisela queremos agradecer o labor dos axentes da Garda Civil, dona Vanesa Domínguez Sousa e don Juan Manuel Corbal Fernández, e o seu achegamento ao alumnado á hora de falar dos problemas de seguridade que lle afecta como colectivo.

 Deixámosvos algunhas fotografías do acto.

Podedes ver todas as fotos da charla facendo clic aquí.

CONCURSO DE CARTEIS DE SAMAÍN

 

PARABÉNS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS DE SAMAÍN  

 O alumnado do IES Martaguisela celebrou o Samaín con películas, actividades deportivas e disfraces propios desta celebración ancestral. Ademais nas semanas previas o alumnado da ESO redactou relatos e elaborou carteis animando a empregar o termo Samaín e non Halloween para o concurso organizado polo departamento de Normalización Lingüística. 

 Os gañadores do concurso de carteis de Samaín foron: India López Arias, Diego Nogueiras Pérez e Celia Martín Blanco. Parabéns a todos os/as participantes e, de xeito especial, ás/aos gañadoras/-es.

Alén disto, o alumnado de 4º ESO ofreceu petiscos e sobremesas co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 

 Deixámosvos fotografías de diferentes momento das actividades.

Primeiro premio

Segundo premio

terceiro premio

 FAI CLIQ AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DO SAMAHÍN DESTE ANO

 

O ALUMNADO DE 4º ESO DO IES MARTAGUISELA PARTICIPA NA LIMPEZA DO RIO SIL AO SEU PASO POLO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

O pasado mércores, día 26 de outubro, o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Bioloxía, acompañado polo seu profesor Óscar de Alonso, participou nas actividades organizadas pola Asociación Chelonia en colaboración co concello do Barco de Valdeorras

 A primeira hora da mañá asistiron á exposición dunha conferencia sobre a problemática do lixo que afecta ao medio mariño e aos ambientes acuáticos, sobre a importancia dos océanos e corpos de auga para o planeta e a loita contra o cambio climático acelerado, sobre a importancia e necesidade da reciclaxe e da economía circular e o consumo responsable. Esta conferencia foi impartida por Antonio Castro, Director de Proxectos da Asociación Chelonia, no salón de actos do centro educativo.

Posteriormente, o alumnado participante desprazouse ao parque do Salgueiral para realizar unha recollida de lixo nas Beiras do Sil, desde ese punto ata o parque do Campiño (Viloira), nun tramo duns 1.200 metros de lonxitude. Recolléronse un total de 194,32 kg de residuos, entre os que resaltaron dous pneumáticos (un de grande tamaño), 8 xanelas de cristal (que foron levadas ao punto limpo, xa que pesaban demasiado para levalas de Viloira ao punto de encontro no Salgueiral), pezas metálicas, envases lixeiros e algúns de vidro, así como un número importante de toalliñas hixiénicas, entro outros moitos elementos.

Estas actividades foron coordinadas pola Asociación Chelonia, dentro do proxecto Mares Circulares, impulsado por Coca-Cola Europacific Partners, que se vén desenvolvendo en máis de 80 localizacións de España e Portugal desde o ano 2018.

O alumnado fixo unha valoración moi positiva desta actividade e regresou ao instituto cun maior grao de concienciación sobre a necesidade da reciclaxe e o bo uso dos residuos que xeramos no día a día.

 Deixámosvos fotografías de diferentes momento da actividade.

 

O ALUMNADO DO IES MARTAGUISELA VISITA A EXPOSICIÓN DE PINTURA “DESDE LA EMOCIÓN” DO EX-ALUMNO, ENRIQUE FERNÁNDEZ PRADA

O pasado venres 21 de outubro o alumnado de 4º ESO de Educación Plástica e do Bacharelato de Artes xunto cos profesores Pablo Serén Casanova e Carlos Blanco Martínez, visitaron, no casino do Barco de Valdeorras, a exposición de pintura “Desde la emoción” do artista Enrique Fernández Prada, ex-alumno do IES Martaguisela.

A sesión comezou cunha ollada inicial libre ás 22 obras da exposición, de esquerda a dereita como recomendou o seu autor. Posteriormente, foilles explicando o proceso que seguiu en cada unha das pinturas: dende a idea de partida e a enclaxe da composición, ata as técnicas empregadas para materializar a pintura e a paleta de cores que usa predominantemente no seu repertorio.

O alumnado puido tocar algunha mostra física dos materiais que utiliza o pintor, en particular, Enrique Fernández Prada faloulles da súa predilección pola cola de coello, un produto que usa para dar imprimación ás obras de arte.

Finalmente outro percorrido libre pola exposición, cun novo enfoque polos coñecementos acabados de adquirir.

Alén disto, todo o alumnado tivo a ocasión de ter unha charla distendida co artista. Faloulles da orixe da súa paixón pola arte, as súas estancias noutras rexións do mundo e a formación artística que recibiu. Todo este conxunto de experiencias foron a clave para perfeccionar a súa técnica.

Deixámosvos un enlace á prensa local Valdeorras de cerca que fixo unha magnífica reportaxe da visita do IES Martaguisela a esta exposición.

https://www.valdeorrasdecerca.com/enrique-fernandez-impartio-una-clase-de-arte-al-alumnado-del-martaguisela-en-el-casino/

 

Deixámosvos algunha fotografías da actividade.

 

RESULTADOS DO CONCURSO ESCOLAR "CIBERSEGURIDADE NO COLE!"

O alumnado de 2º ESO do IES Martaguisela participou na segunda edición do concurso escolar “CIBERSEGURIDADE NO COLE”.

O mércores, 20 de outubro, os alumnos de 2º de ESO A e B participaron neste concurso OnLine, competindo contra máis de 30 centros de toda Galicia, para un total de 70 equipos.

As preguntas do concurso versaban sobre os perigos de internet e as medidas que como usuarios debemos ter en conta para un uso responsable desta rede.

Os nosos equipos quedaron nas posicións 5ª e 13ª (2º de ESO A e 2º de ESO B respectivamente).

Unha pena que só os tres primeiros pasaron á final, que se celebrará en Santiago de Compostela.

Felicidades os participantes polo concurso e pola boa imaxe que sempre deixades do Centro.

 Deixámosvos algunhas fotografías dos alumnos durante o concurso.

 

Convivencia poética: Vivindo na poesía

O alumnado de 1º ESO participou na actividade

Convivencia poética: Vivindo na poesía

O alumnado de 1º ESO do IES Martaguisela participou na actividade Convivencia poética: Vivindo na poesía organizada polas Letras de Florencio.

O pasado luns, día 3 de outubro, Débora Álvarez, directora do Proxecto Florencio, encargouse de introducir o alumnado na poesía para posteriormente manter unha xuntanza con escritores e escritoras gañadoras ou finalistas de anteriores edicións do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Chegado o día da xuntanza, 17 de outubro, previa lectura de diferentes poemas, o alumnado participou activamente nun xogo tratando de descubrir a autoría dos poemas relacionando cada un deles co seu autor ou autora.

Rematou a sesión cunha rolda de preguntas aos poetas e lectura de poemas.

 

Deixámosvos algunhas fotografías das xuntanzas.

Compromiso na distancia

O alumnado de 3º ESO C visitou a exposición COMPROMISO NA DISTANCIA

 

Continuando co ano de Florencio Delgado Gurriarán, o alumnado de 3º ESO C do IES Martaguisela visitou a Biblioteca municipal para afondar na figura e o traballo incansable do escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

A actividade levouse a cabo o luns, día 17 de outubro, e consistía en ler a información da exposición Compromiso na distancia e responder unhas preguntas sobre o noso autor.

 Deixámosvos algunhas fotografías da exposición.

 

Compromiso na distancia

O alumnado de 3º ESO C visitou a exposición COMPROMISO NA DISTANCIA

 Continuando co ano de Florencio Delgado Gurriarán, o alumnado de 3º ESO C do IES Martaguisela visitou a Biblioteca municipal para afondar na figura e o traballo incansable do escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

A actividade levouse a cabo o luns, día 17 de outubro, e consistía en ler a información da exposición Compromiso na distancia e responder unhas preguntas sobre o noso autor.

 Deixámosvos algunhas fotografías da exposición.

DÍA DA SAÚDE MENTAL - 10 DE OUTUBRO

O alumnado de 3º ESO asistiu a unha charla sobre o suicidio 

Este xoves, día 13 de outubro, o alumnado de 3º ESO da IES Martaguisela asistiu a unha charla a través de streaming sobre unha das grandes preocupacións dentro da saúde mental: O SUICIDIO, grazas á coordinación do departamento de Orientación.

A charla foi organizada pola Fundación da Obra Social de Abanca dentro do ciclo Educación s. XXI e impartida por Luís Ferrer i Balsebre, doutor en Psiquatría e membro da Real Academia galega de Medicina, quen abordou de maneira directa este importante tema de saúde mental e as súas consecuencias, xa que as mortes por condutas suicidas en menores aumentaron exponencialmente nos últimos 30 anos en todo o mundo e a pandemia non mellorou esta situación.

Deixámosvos algunhas fotografías da charla.

Powered by Drupal - Design by artinet