Responder ó comentario

O PROFESORADO DO IES MARTAGUISELA VAI DE EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

O mércores, día 28 de xuño, tocoulle ao profesorado do IES Martaguisela realizar unha excursión pola Ribeira Sacra, despois dun intenso curso 2022-2023.

Comezaron a xornada visitando o Monforte medieval e histórico (conxunto arquitectónico de San Vicente do Pino, a Torre da Homenaxe, o Parador Nacional, a igrexa e o Pazo Condal. Continuaron a visita guiada con Vicente, guía turístico da empresa Novas Rutas, polas rúas da xudería, a igrexa da Régoa, a Calexa, a ponte medieval, o claustro do Museo do Viño, o Parque dos Condes e o exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga.

Xa cara á mediodía desprazáronse a Sober, concretamente á Alfarería de Gundivós onde Elías lle explicou e mostrou a técnica e elaboración da cerámica tradicional típica desta zona, e para repoñer forzas degustaron as delicias do Restaurante Berso de Sober.

Antes de rematar a viaxe por terras monfortinas visitaron o Mirador do Duque e achegáronse ata a adega Regina Viarum de Doade.

Foi un día cheo de emocións positivas, de reencontro con antigos compañeiros e compañeiras que nos serviu para termos unha convivencia fóra da dinámica do traballo diario despois dun curso moi intenso.

Moitas grazas  a todas e a todos!!

Deixámosvos máis fotografías da xornada e o vídeo-resumo elaborado por Rose.

Responder

Powered by Drupal - Design by artinet