Balonmán en Cangas cos alumnos de 2º ESO

 

O Sábado 11/05/2013 @s alumn@s de 2º curso asistiron, invitados polo equipo de Balonmán  "Frigoríficos do Morrazo" de Cangas ao partido que lles enfrentou co "Alser  Porto Sagunto" no Pavillón do " Gatañal" en Cangas, pertencente á antepenúltima xornada da liga ASOBAL.

Agradecer a toda a directiva e xogadores do Cangas Balonmán pola excelente acollida antes, durante e despois do partido.

Minutos antes do pitido inicial do árbitro,  o veterano capitán do "Cangas" Fernando Eijo, fíxolle entrega  a Luchi,en representación de todo  o alumnado, dunha camisola asinada por todos os xogadores do equipo para que colguemos no noso ROCHO DAS CAMISOLAS do noso instituto..

Moitas grazas a todo@s por participar nesta actividade