Notas de prensa

RESULTADOS FINAIS COMENIUS 2009-2011


Xa rematamos o proxecto COMENIUS no que estabamos traballando cos nosos colegas de Polonia e Lituania, podedes seguir vendo e lembrando as viaxes no Blog do Comenius e entrando no E-journal para consultar os documentos elaborados entre os tres países.

Si entrades no seguinte link podedes ver os documentos elaborados polos tres países no seu formato definitivo

http://www.europeansharedtreasure.eu/detail.php?id_project_base=2009-1-RO1-COM06-03188

Novas na prensa

Novo artigo da viaxe do Comenius aquí

Noticias sobre o Comenius na prensa.

Xornalistas noveles de Ordes poñen rostro a cultura galega para Europa

08/05/2010

Estudan 3º e 4º da ESO no IES Maruxa Mallo de Ordes e xa entrevistaron ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; ao conselleiro de Educación, Javier Vázquez; ao director do Instituto de Medicina Legal, Ángel Carracedo; ao presentador do Luar, Xosé Ramón Gayoso; ao cardiólogo Alberto Bouzas; á gaiteira Susana Seivana, ou ao escritor Suso de Toro. Son sete dos nove persoaxes a través dos que queren describir a cultura galega para os seus compañeiros de Polonia e Lituania, onde outros dous institutos participan xunto ao galego nun programa da Unión Europea que ten por obxectivo mellorar as destrezas dos alumnos en inglés e novas tecnoloxías.

Os mozos de Ordes obtiveron unha­ subvención europea cunha dotación de 20.000 euros para o seu proxecto, ademais de axudas do concello e de varios empresarios locais. Con iso puideron viaxar a Lituania e pronto o farán tamén a Polonia, a onde levarán transcritas, en galego e inglés, e editadas en audio as entrevistas que estiveron facendo este trimestre para dar a coñecer a sociedade galega en Europa. O seu traballo tamén poderá consultarse, cando remate o curso e grazas ao programa E-journal –un Youtube a menor escala–, na páxina web do seu centro escolar.

O seu contacto co mundo do xornalismo foi do máis productivo. Isabel Mato, coordinadora deste proxecto, que leva por título Comenius­, comenta que fixeron unha selección de dez personaxes relevantes e que todos, agás un, se prestaron encantados. Queda pendente algún outro, como Luis Tosar, co que non saben se poderán falar por cuestións de axenda. De momento, a mestra explica que melloraron as súas habilidades de comunicación, co inglés e a súa desenvoltura á hora de relacionarse con outras culturas.

Tamén conservan anécdotas. A do cativo que non puidera entrevistar a Touriño na campaña electoral e que o fixo agora e as das rapazas que se aventuraron, con algo de medo, a formular ao conselleiro Vázquez cinco preguntas sobre o decreto do galego. Contestóullelas todas.

Da experiencia poida que non saia ningún reporteiro, pero seguro que resultará algún médico. As súas entrevistas estaban tan preparadas que ata Carracedo lles contou que “lle dan mil voltas aos xornalistas”.

Xornal de Galicia do 27 de Febreiro

Recorte de prensa do 27 de Febreiro do xornal de galicia relacionado coa visita dos compoñentes do comenius a A Coruña

19 feb 2010

Nota de prensa relacionado coa chegada a Ordes dos Lituanos e os Polacos

Máis novas nos xornais

Tedes artigos novos aquí, aquí e aquí.

El Correo Gallego 14 Nov 09

Noticias sobre o Comenius na prensa

Nova noticia no Metropolitano

Novas notas de prensa sobre o Comenius

Novas notas de prensa de El Correo Gallego e de La Voz de Galicia.

PRIMEIRAS ACTIVIDADES NO PROGRAMA COMENIUS

DRUSKINIKAI

COMENZAMOS A NOSA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA COMENIUS, SI QUERES COLABORAR, SABER O QUE PASA E SENTIRTE PARTE DO PROGRAMA PINCHA NO SEGUINTE LINK E ENTRA NO NOSO BLOG, ALI PODERÁS SABER O QUE ESTAMOS A FACER E CONTESTAR UN INTERESANTE CUESTIONARIO SOBRE LITUANIA (en galego ou inglés) PARA QUE COÑEZAS MÁIS UN DOS PAISES COS QUE IMOS TRABALLAR

BLOG DO COMENIUS DO IES MARUXA MALLO

RECORTES DA PRENSA

Recorte de "Tierras de Santiago"

Distribuir contido