VALES MATERIAL
Enviado por martadiz o Ven, 29/07/2022 - 05:06Os vales para axuda de material estarán á disposición das familias do
alumnado beneficiario a partir do xoves día 1 de setembro de 2022 na
secretaría do centro.
Intrucións para a matrícula
Enviado por heber o Lun, 13/06/2022 - 08:15
PRAZOS DE MATRÍCULA
· Para axilizar o proceso de matrícula o alumnado que xa está en condicións de promocionar xa pode entregar na secretaría os papeis da matrícula. De faltar algún documento seralle requerido.
· Aqueles que inda non saiban se promocionan ou non deberán esperar á entrega de notas o vindeiro día 27 de xuño. Este alumnado que se matricula en 2º, 3º ou 4º ESO formalizará a matrícula na semana do 27 de xuño ao 1 de xullo.
· Na seguinte semana (do 4 ao 8 de xullo) virán a matricularse o alumnado novo de 1º ESO. Non se admitirán matrículas máis alá do 8 de xullo.
SEGURO ESCOLAR
Todo o alumnado que se matricule en 3º e 4º ESO deberá abonar 1,12 euros para o seguro escolar no número de conta:
Moi importante indicar o nome do alumno no Concepto da transferencia ou ingreso e entregar o xustificante do pago xunto coa matrícula
Prematrícula 1º ESO
Enviado por heber o Ven, 03/06/2022 - 06:56
O alumnado que se incorpora o vindeiro curso ten que cubrir o papel de prematrícula para elixir as optativas. Poden descargalo e envialo ao correo ies.mestre.landin@edu.xunta.gal ou entregalo en conserxería. Precisamos esta información o antes posible e o máis tardar o xoves dia 9 de xuño.
A oferta educativa do noso centro (materias e número de horas semanais por curso) está colgada na web.
A formalización da matrícula para 1º ESO farase posteriormente na semana do 4 ao 8 de xullo.
Datas avaliacións e notas
Enviado por heber o Mér, 01/06/2022 - 08:50
DATAS DE AVALIACIÓNS E NOTAS
En aplicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, recordamos que este curso existe unha 3ª avaliación e boletín de notas, ademais da final e ordinaria.
DATAS DA 3ª AVALIACIÓN: 6 e 7 de xuño
ENTREGA BOLETÍN DE NOTAS DA 3º AVALIACIÓN: 8 de xuño ás 14:10 h.
DATAS DE AVALIACIÓNS FINAIS: 23 de xuño
ENTREGA DE NOTAS FINAIS: 27 de xuño ás 11:00 h.
DATAS DE RECLAMACIÓNS NO CENTRO: 28 e 29 de xuño.
O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e seguimento das materias pendentes.
· Aclaración: A nota da 3ª avaliación non é unha nota final do curso.
O profesorado de cada materia informará ao alumnado nos días da 3ª avaliación das opcións para recuperar ou subir nota segundo se contemple nas modificacións de programacións que se fixeron para cumprir coa nova normativa e que están publicadas na páxina web do centro.
Becas NEAE e Fondo libros
Enviado por heber o Xov, 26/05/2022 - 06:42
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2022-2023
Publicado no BOE do 18 de maio do 2022
Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022
Quen a pode solicitar?:
· Alumnado con discapacidade
· Alumnado con trastorno grave de conducta e comunicación ou linguaxe
· Alumnado con trastorno de espectro autista
· Alumnado de altas capacidades
Procedemento: Cumprimentar a solicitude en sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación profesional. Unha vez cuberto, imprimir o formulario en pdf e presentalo no centro educativo onde o alumno vaia a cursar estudos o próximo curso, xunto con todos os documentos xustificativos requeridos (informes e certificados)
Máis información na páxina web: becaseducacion.gob.es
Para dúbidas: Consultar o departamento de orientación do centro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html
DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 19 de maio ao 22 de xuño
MODO DE PRESENTACIÓN: A través da sede electrónica, da aplicación fondo libros ou na secretaría do centro.
Anexos para presentar no centro:
Anexo I https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657532
Anexo II https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657531
NOVA CONCRECCIÓN CURRICULAR
Enviado por Anónimo o Xov, 28/04/2022 - 06:12Novos criterios de promoción e titulación
segundo a normativa nova de avaliación en
documentos do centro.
Admisión 22/23
Enviado por Anónimo o Xov, 17/02/2022 - 08:08
Fase de reserva de plazas en centros de adscripción
De conformidad con la disposición adicional primera de la Orden de 12 de marzo de 2013 que regula el procedimiento de admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos, el 11 de enero de 2022 se inician los trámites del procedimiento (código ED550A), con la reserva de plaza en un centro de adscripción para alumnado que cambia de etapa.
-
El plazo de solicitudes abarcará del 11 de enero a 8 de febreiro de 2022, ambos incluidos.
La consulta de los listados de alumnado admitido, que se publicarán antes del día 28 de febrero, debe realizarse en el centro en el que está matriculado en el presente curso o en la aplicación admisionalumnado.
FASE DE ADMISIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 1 ao 22 de marzo de 2022, ámbolos dous inclusive.
Normativa de aplicación
-
Normativa de aplicación
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
Prazas ofertadas para o proceso de admisión do curso 2022-23:
Num. prazas ofertadas |
Vacantes |
|
1º ESO |
60 |
4 |
2º ESO |
60 |
7 |
3º ESO |
69 | 3 |
4º ESO |
69 |
-1 |
* 0 Vacantes reservadas para NEAE
VALES MATERIAL.
Enviado por josemanuelbeiro o Lun, 13/09/2021 - 12:00Os vales para axuda de material están a vosa disposición dende hoxe na secretaría do centro.
ENTRADAS E SAÍDAS PARA O PRIMEIRO DÍA DE CLASE.
Enviado por josemanuelbeiro o Lun, 13/09/2021 - 11:59O alumnado de 1º ESO accederá ao centro pola porta da pista de baloncesto, situada na parte de atrás do edificio á esquerda.
O alumnado de 2º ESO accederá ao centro pola porta da pista de fútbol.
O alumnado de 3º e 4ºESO farán a súa entrada ao edificio a través da porta principal.
IMPORTANTE: en todas as entradas especificaranse os cursos que deben acceder por elas así como as listaxes de cada un dos grupos e os alumnos serán chamados polo profesorado.
INICIO DAS CLASES CURSO 21-22
Enviado por martadiz o Xov, 09/09/2021 - 06:56As clases comezarán o vindeiro mércores 15 de setembro en horario de 8:30 a 15:00 horas para todo o alumnado.
A partir do luns día 13 publicaranse na páxina web as instrucións para o acceso ao centro.
ANPA
Enviado por josemanuelbeiro o Ven, 03/09/2021 - 09:02A ANPA estará aberta do 6 ao 10 de setembro en horario de 9.30 a 13.00 horas.
CALIFICACIÓNS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA
Enviado por josemanuelbeiro o Mar, 31/08/2021 - 06:38O boletín coas calificacións da avaliación extraordinaria poderá consultarse a través de Abalar o día 6 de setembro a partir das 12.00 horas, sendo tamén posible solicitar unha copia impresa na secretaría do centro.
Lembramos que o prazo de reclamacións serán os días 7 e 9 de setembro de 9.00 a 13.00 horas. (O día 8 de setembro o centro permanecerá pechado por festividade local).
DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por josemanuelbeiro o Mar, 31/08/2021 - 06:31A devolución dos libros de texto para o alumnado con materias pendentes para a convocatoria de setembro e que solicitou o préstamo dos mesmos, deberá realizarse no momento de formalizar a matrícula.
PRAZO DE MATRICULA SETEMBRO
Enviado por josemanuelbeiro o Mar, 31/08/2021 - 06:27O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado coas materias para a convocatoria extraordinaria de setembro é do 6 ao 10 de setembro.
RECOLLIDA VALES FONDO LIBROS
Enviado por martadiz o Ven, 16/07/2021 - 09:39O alumnado con todas as materias aprobadas en xuño que resultou admitido na solicitude de fondo libros, pode pasar a recoller os vales pola secretaría do centro.
Recordamos que o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.
PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR
Enviado por martadiz o Ven, 09/07/2021 - 06:11Poden consultar na conserxería do centro a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 21/22" do alumnado.
Calendario de probas extraordinarias de setembro 2021.
Enviado por heber o Mar, 29/06/2021 - 04:50
Hora |
Mércores 1 de setembro de 2021 Materias |
8:30 |
Lingua Castelá e Literatura / Teatro/ Latín |
9:30 |
Xeografía e Historia |
10:30 |
Educación Física / EPVA/Videocreación |
11:30 |
Francés |
12:30 |
Matemáticas/Economía |
13:30 |
Música / Cultura clásica Valores Éticos / Relixión Católica /Relixión Evanxélica |
Hora |
Xoves 2 de setembro de 2021 Materias |
8:30 |
Tecnoloxía /TIC/Programación/Investigación/IAEE |
9:30 |
Bioloxía e Xeoloxía |
10:30 |
Lingua Galega e Literatura |
11:30 |
Inglés |
12:30 |
Física e Química |
Publicación de boletíns
Enviado por heber o Mér, 23/06/2021 - 06:21Bo día
Recordamos que o boletín de nota finais pódense consultar no Espazo Abalar e no Abalar Móbil no apartado de cualificacións e facendo clic en Ord. O prazo de reclamacións vai do 25 ao 28 de xuño. Os consellos orientadores os poderedes recoller en secretaría a partir do 24 de xuño. Podedes solicitar unha copia impresa dos boletín de notas na secretaría do centro o 24 xuño a partir das 12h.
Calendario de probas extraordinarias de maio.
Enviado por heber o Lun, 26/04/2021 - 06:44
EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
Ø 19 de maio de 2021
Hora |
Materias |
Aula |
17:00 –17:50 |
Bioloxía e Xeoloxía/Física e Química |
1 |
17:50 –18:40 |
Lingua Galega e Literatura |
2 |
18:40 –19:30 |
Matemáticas/ Investigación e tratamento da información |
6 |
Ø 20 de maio de 2021
Hora |
Materias |
Aula |
17:00 –17:50 |
Xeografía e Historia/Relixión católica |
1 |
17:50 –18:40 |
Inglés/Francés |
2 |
18:40 –19:30 |
Lingua Castelá e Literatura |
6 |
Enquisa convivencia 2021
Enviado por heber o Xov, 08/04/2021 - 07:32A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.
Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.
A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).Estos son os lenaces para acceder á enquisa empregando o constrasinal achegado:
"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil
"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig
"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost
"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee
"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce
"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas