Novas de interese

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA

Durante os meses de xullo o horario de atención ao público na Secretaría do centro será:

  • Ata o 10 de xullo: de 9:30 a 13:30 horas

  • A partir do 11 de xullo: de 10:00 a 13:00 horas.

Datas de final de curso

 

Data

Nome

Descripción

21 xuño

Fin de actividades lectivas

 

25 xuño

Entrega de notas

O alumnado recollerá os boletíns de notas ás 12:30 da mañá na súa aula.

.

25 XUÑO

Entrega compromiso entrega libros

Os alumnos de 3º e 4º que suspendan algunha asignatura e precisen libros levarán o compromiso par asinar os responsables

25 xuño

Entrega ordenadores setembro.

O alumnado con materias suspensas poderá solicitar novamente o préstamo de equipos ou libros de 1º ESO

O alumnado de 2º ESO con pendentes recollerá o equipo o 17 xullo

27 xuño

Matrícula 4º ESO

Todo o alumnado que cursou 3º ESO  no curso 17/18

28 xuño

Matrícula 3º ESO

Todo o alumnado que cursou 2º ESO no curso 17/18

29 xuño

Matrícula 2º ESO

Todo o alumnado que curso 1º ESO no curso 17/18

2 xullo

3 xullo

Matrícula 1º ESO

Todo o alumnado que cursou 6º Primaria  no curso 17/18.

2 xullo Apelidos da A á K

3 xullo Apelidos da L á Z

22 xuño

Data final recollida libros e equipos EDIXGAL

De non entregar en tempo non terá dereito a axuda de libros no vindeiro curso.

12 xullo

Listaxe provisional cheque

Publicación da listaxe cheque escolar/ fondo libros

13 e 14

 

Reclamacións

Reclamacións á listaxe provisional do cheque

3-4 setembro

Exames de setembro

Publicarase  na web do centro o horario das probas

14 setembro

Listaxe definitivo cheque-libros

Publicación da listaxe definitiva: libros de texto e material escolar

17 setembro

Inicio do curso

Presentación do alumnado de 1º e 3º ESO

Entrevista persoal entre titor, familia e alumno.

18 setembro

Inicio do curso

Presentación do alumnado de 2º e 4º ESO

Entrevista persoal entre titor, familia e alumno.

 

Libros de texto 2018-19

1º e 2º ESO empregarán os contidos EDIXGAL.

Fondo solidario e material escolar

 

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

 

O luns día 21 de maio publicouse no DOG a Orde de 09 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar  destinados a educación primaria, secundaria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

 

Prazo:

 

§  Dende o 22 de maio ata o 22 de xuño.

 

§  Hai excepcións a esta data. (traslados, tutelas …etc)

 

Solicitude:

 

§  Será no modelo oficial  ED330B.

 

§  Unha única solicitude para libros e material escolar.

 

§  Será única para todos os fillos si están matriculados no mesmo centro docente para o curso 2018/19.

 

Presentación:

 

-        No centro onde este admitido o alumno.

 

-        En caso de non estar admitido, deberá presentalo no centro no que está escolarizado

 

-        Se dispoñen de Chave365 ou certificado dixital poden cubrir o formulario da solicitude a través do menú Cidadán nos seguintes links, así como a lexislación completa sobre esta axuda.

 

 

 

https://casaut.edu.xunta.es/cas/login?service=https%3A%2F%2Fwww.edu.xunta.es%2Ffondolibros%2Fj_acegi_cas_security_check

 

 

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Citacións dos responsables cos tutores

INICIO DE CURSO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

8

9

 

 

 

 

FESTIVO LOCAL

11

12

13

14

15

Publicación na web dos horarios das presentacións

 

 

 

Inicio do curso

PRESENTACIÓN

1º ESO

2º ESO

18

19

 

 

 

PRESENTACIÓN

3º ESO

4º ESO

 

 

 

 

Axudas material escolar e fondo libros

Xa están publicadas no taboleiro do centro o listado de axudas de material escolar concedidas.

LÍMITE DE RECLAMACIÓN: 19 DE XULLO

Libros de texto 2017-18

CAlendario de EXAMES de setembro

Folga de transporte

Exames de pendentes

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

 

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 27 DE FEBREIRO

 

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

 

 

 

 

Requisitos:
-  Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2015- 2016.

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/2016.

ver máis requisitos na convocatoria

 

 Prazo aberto dende o 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

 

 

CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538

Entroido

Estimadas familias

O centro retomará a actividade ordinaria o xoves  día 2 de marzo, logo dos días de celebración do entroido.

Eleccións ao consello escolar

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

      De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 26 de setembro e a do 4 de outubro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

 

Corrección no listado de libros para o curso 2016-17

Atopouse un erro no ISBN  do libro de Xeografia de 4 da ESO. O número correcto é o seguinte:

978-84-8349-501-8

Desculpen as molestias

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

En virtude da ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2016/17 informámoslles:

-FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO: Publicada a listaxe provisional, poden presentar as posibles reclamacións ata o luns 18 de xullo. A publicación da listaxe definitiva será o 15 de setembro, data na que tamén se realizará a asignación de libros de texto para 3º da ESO.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO

-AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: O alumnado de 3º que superou todas as materias en xuño, xa pode recoller o VALE DE LIBROS DE TEXTO para 4º da ESO na secretaría do centro, no caso de ter dereito a el.

 

-AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: O alumnado que superou todas as materias en xuño, xa pode recoller o VALE DE MATERIAL ESCOLAR na secretaría do centro, no caso de ter dereito a el.

Calendario de setembro

Apertura Concurso para a concesión do servizo de cafetería

 Ábrese o concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Mestre Landín para o curso 2016/17.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro mediante o teléfono 886 15 13 15 (en horario de 9:00 a 14:00 h) ou ben a través do correo electrónico ies.mestre.landin@edu.xunta.es. Adxúntase a documentación necesaria para a participación no concurso.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA 2016/17

REQUERIMENTO DOCUMENTACIÓN


 

 

 

Videochamada portas abertas

O instituto IES Mestre Landín convoca ás familias interesadas de 6 de primaria a unha presentación telemática o vindeiro xoves día 21 de xanerio ás 19:30h. A conexións realizarase accedendo  a través do enlace que se achegará por parte dos colexios e empregando a plataforma Webex. Nesta reunión explicarán o proceso de admisión é reserva e as características do centro e da etapa. Se non recibiu o enlace pode contactar co centro para solicitalo.

Dado a  situación de pandemia as visitas presenciais quedan reducidas a situacións excepcionais que requiran resolver dubidas particulares. Neste caso poden contactar directamente co centro IES MestreLandin no 886151315.

Circular centro 11: Eliminación das contas iesml.es

Bo día
A partir do día 1 de novembro as contas @iesml.es do profesorado e alumnado serán suspendidas, e o día 15 de novembro serán eliminadas. Por este motivo pódese realizar unha copia dos teus arquivos de google drive e dos correos electrónicos dado que serán eliminados definitivamente. No presente curso empregaremos unicamente a aula virtual e o Edixgal, que contan cun servizo de mensaxería para comunicarnos co profesorado. Un saúdo

Novidades COVID-19

Comezamos unha nova etapa na que será precisa a colaboración de toda a comunidade educativa para afrontar con serenidade os diferentes escenarios que nos depare a situación sanitaria que estamos a vivir. Tomando como referente as Instrucións do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o curso 2020-2021 para os centros de ensino non universitario, publicado pola Xunta de Galicia e a súa actualización do día 31 de agosto, establecemos as medidas oportunas que pasamos a indicarvos. 

  • Medidas organizativas.

Durante o presente curso 2020/21 levaranse a cabo una serie de medidas organizativas que pretenden evitar as aglomeracións nos momentos de entrada e saída do centro.

  1. Regulación das entradas.

O alumnado accederá ao recinto do centro e permanecerá nas zonas exteriores mantendo a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. 

A entrada do alumnado ao edificio comezará ás 8.30 horas. Durante o percorrido ata a súa aúla deberá respetar a distancia de seguridade de 1,5 metros e deberá realizar a hixiene das mans nalgún dos postos de xel hidroalcoholico que se atopará durante o seu percorrido, ou en último caso no posto de xel hidroalcóholico que se atopará dentro da aula.

Cada grupo terá asignada unha porta e un percorrido para o seu acceso á aula.

  1. Regulación de saídas.

Cinco minutos antes da finalización da última hora lectiva, o alumnado sairá da aula polo corredor correspondente a cada grupo, seguindo a sinalización do chan e respetando a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, abandonando o edificio pola porta correspondente da súa clase.

  1. Regulación de recreos.

Tanto a comezo como a finalización dos recreos o alumnado procederá a hixiene de mans (nos postos habilitados para tal fin) e manterá a distancia de seguridade en todo o momento (tanto na saída das aula como no retorno a mesma). Durante os recreos non se poderá utilizar para xogar mesas de ping pong, canchas de baloncesto e pistas de fútbol para a realizacion da actividades deportivas.

Nos se poderá beber directamente da billa da fonte do patio (nin de ninguna billa dos aseos, poderán traer una botella)

  • Medidas de protección individual.

  • O alumnado accederá á súa aula con máscara e o seu uso será obrigatorio con independencia do mantemento da distancia interpersoal. Deberán levar unha segunda máscara de recambio e un estoxo para gardala.

  • Cada alumno deberá aportar o seu propio set individual de limpeza: máscara de reposto gardada nun estoxo e panos desbotables e se é posible contar tamén cun xel hidroalcohólico.

  • En tódalas instalacións do centro debe manterse una distancia de seguridade mínima de 1,5 metros. 

  • Durante a xornada lectiva deberá realizarse una correcta hixiene de mans polo menos 5 veces (o centro dotará a cada aula, así como os espazos comúns de dispensadores de xel hidroalcohólico).  Nos aseos disporase de xabón e panos desbotables.

  • Nas aulas disporase dunha papeleira con tapa para refugar os residuos de forma segura.

  • As aulas dispoñeran de material de limpeza e desinfección.

 

  • Medidas de protección colectivas

  • Os acompañantes do alumnado non poderán acceder ao centro, agás en circunstancias excepcionais ou con autorización da dirección.

  • As reunión coas familias serán preferentemente telemáticas, e no caso de ser presenciais realizaranse coas seguintes medidas: emprego de máscaras, hixiene de mans, respeto da distancia interpersoal.

  • Principios sanitarios básicos.

  • O centro conta cun equipo COVID formado polo director do centro e dous membros do claustro e será de referencia para os distintos membros da comunidade educativa.

  • Ao inicio do curso as familias deberán entregar unha declaración responsable na que se comprometerá a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación clínica do COVID e comprometerse a non enviar ao alumno/a ao centro nos supostos que alí se indican. 

  • Toda a comunidade educativa ten a obrigatoriedade de comunicar a sintomatoloxía compatible coa COVID – 19 ao equipo COVID coa maior brevidade vía telefónica a través do 886151315 ou a través do correo electrónico iesmestrelandin@edu.xunta.gal

  • Tanto persoal do centro como alumnado deberán realizar unha autoavaliación de síntomas compatibles coa COVID – 19 nas últimas dúas semanas antes de asistir ao centro (a detección temperá é imprescindible para evitar o contaxio polo que rógase ser riguroso no control de síntomas): febre superior a 37,5, síntomas respiratorios, tose seca e dificultade respiratoria e outros síntomas como: fatiga severa, dor muscular, falta de olfato, falta de gusto, diarrea). No caso de detectarse na casa de algún destes síntomas, o alumnado non acudirá ao centro e a familia contactará de forma inmediata co seu centro de saúde.

  • Se se detectan síntomas compatibles coa infección durante a estancia no centro, contactarase coa familia, que deberá presentarse no centro o máis axiña posible. A familia deberá solicitar consulta telefónica co seu pediatra ou facultativo.

  • Se alguna persoa do núcleo familiar do alumno/a ten algún dos síntomas citados anteriormente non poderá acudir ao centro. A familia debe comunicar a incidencia ao centro. As faltas de asistencia derivadas das medidas COVID consideraranse xustificadas coa confirmación das familias a través do ABALAR MÓBIL.

  • Medidas de hixiene e limpeza.

O centro dispón dun protocolo de limpeza e desinfección:

Habrá dous turnos de limpeza, en cada un deles realizaranse as seguintes tarefas:

  • Ventilación das aulas á saída do alumnado. 

  • Limpeza/desinfección dos baños tres veces ao longo da xornada lectiva. 

  • Limpeza dos pasamáns, pomos das portas, mesas, mobles, teléfonos, perchas e outros elementos.

  • Limpeza dos espazos empregados e que non teñan máis carga horaria no día.

  • Restantes tarefas ordinarias.

 

Nos próximos días publicarase o protocolo completo na páxina web do centro e comunicarase a través de ABALAR.

 

Aula de grupo

 

 

Distribuir contido