Skip to Content
 

Criterio complementario de admisión do alumnado aprobado polo Consello Escolar do IES Monelos

Criterio complementario de admisión do alumnado aprobado polo Consello Escolar do IES Monelos

Para dar cumprimento ao artigo 9.3 i) do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o Consello Escolar do IES Monelos aprobou, con data 22 de xaneiro de 2013, o seguinte criterio complementario:

“Na ESO outorgarase 1 punto ao alumnado que, segundo o caso, teña nota media igual a notable ou a 7,5 no seu expediente académico no curso inmediatamente anterior ao que solicita a admisión”.

*Para a súa xustificación os alumnos deberán presentar unha certificación académica persoal expedida polo centro de orixe.



blog | by Dr. Radut