Skip to Content

Pais/Nais

Presentación ANPA RAIOLA - Curso 2023-2024

 Benvidos/as ao novo curso!


Dende a Asociación de nais e pais do alumnado do IES Monelos, ANPA Raiola, desexamos darvos a benvida a este novo curso escolar ás familias que vos incorporades ao instituto por primeira vez e saudar ás que xa formabades parte del.


Queremos explicarvos quen somos e cal é a nosa función dentro da comunidade escolar. A ANPA está formada por todas as familias que queren participar na vida cotiá do instituto. O obxectivo é colaborar na construción dunha comunidade educativa plural, comprometida coa educación, na que traballemos de xeito conxunto todas as persoas implicadas e dende a que podamos reivindicar á administración todas as carencias observadas e colaborar na súa mellora.

O papel de nais e pais é fundamental neste labor e a través de representantes no Consello Escolar (órgano fundamental do centro) onde temos voz para presentar calquera cuestión de interese, demandas, queixas, suxestións,…

Toda a información referente á ANPA será publicada no taboleiro que está xunto á porta
do local e na nosa páxina web https://anparaiola.wordpress.com/. Calquera comunicación, aclaración ou suxestión que teñades, a podedes facer en persoa no local da ANPA ou por correo electrónico na dirección anparaiola@gmail.com.

Queremos estar máis en contacto con todos e todas vós. Lembrade que estamos á vosa disposición, para calquera cuestión de interese, información ou dúbidas, no local da ANPA os martes en horario de 16:30 a 18h, e tamén no correo electrónico anparaiola@gmail.com. Porén, é moi importante que cando cubrades a ficha de socio indiquedes o voso enderezo electrónico, para unha mellor información e contacto máis fluído.

Para ser socio da ANPA é necesario cubrir a folla de alta como socio e pagar a cota anual
correspondente, de 15€/familia, en efectivo, no local da ANPA, ou na entidade “Abanca”, na conta ES31 2080 0011 9130 4000 6223. De pagar por banco, haberá que
entregar a ficha de inscrición xunto coa copia do xustificante bancario no local da ANPA
ou por correo electrónico.

Dende a Xunta Directiva desexámosvos un bo curso e animámosvos a formar parte e colaborar coa nosa Asociación.

Xunta Directiva ANPA Raiola

Asociación de pais/nais de alumnos do IES Monelos

 

Contacto:

No local da APA, os martes de 16:30 a 18:30 h.

No email anparaiola@gmail.com

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut