Skip to Content
 

Segunda entrevista da serie #exdemonelos

Xa temos feita a primeira entrevista entre ex-alumnos do IES Monelos deste curso. Neste caso, José Luis Serantes alumno que estivo connosco ata o curso pasado, entrevista a Marta Iglesias que rematou os seus estudos en Monelos no ano 1992, e que actualmente é profesora de Formación e Orientación Laboral no IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña. Moitísimas grazas a José Luis polo traballo realizado e a Marta polo seu tempo e por contarnos as súas experiencias vitais no Monelos.

¿En qué año entraste en Monelos y cuántos años estuviste estudiando allí?

Entrei no ano 1988 e estiven 4 anos (BUP e COU).

¿Qué es lo que recuerdas con más cariño?

Recordo os anos do Instituto como unha etapa moi chula, na que o pasei moi ben e fixen moitos amigos. Era un centro con moi bo ambiente no que se organizaban bastantes actividades fora do que era o estritamente académico

¿Tu paso por Monelos dejó alguna huella en tu vida que nos quieras contar? ¿Alguna anécdota especial?

Os anos no instituto  foron os meus mellores de estudante e si me marcaron en moitas cousas: comecei a falar en galego, aínda que tardei algúns anos máis en utilizalo como a miña única lingua. Tamén penso que foi no instituto onde empezou a miña inquietude profesional, parecíame que ser profesor podería gustarme, aínda que non o tiña nada claro! 

Non lembro ningunha anécdota en particular! Si algunha falcatruada que vou a omitir...

¿Qué consejo les darías a los chicos y chicas que estudian hoy en Monelos?

Diríalles que disfruten moito, que aproveiten todas as oportunidades que lle ofrece o centro, que participen na súa vida cultural e nas actividades que lles propoñan, e que tamén estuden un pouco claro. Esta etapa vai a ser o inicio de etapas máis duras, outros estudos ou a vida profesional,  e probablemente influirá moito máis do que creen no seu futuro laboral.

¿Recuerdas especialmente a algún compañero de Monelos? ¿Sigues estando en contacto con algunos de estos compañeros de instituto?

Por suposto! A miña mellor amiga é do Instituto e manteño contacto con moitos compañeiros. É verdade que a algúns perdinlles a pista e que con outros recuperei o contacto anos despois cando os reencontrei no barrio, no traballo...

¿Qué profesor/es recuerdas con más cariño? ¿Por qué?

Teño recordos positivos de moitos, pero recordo con especial cariño a Luísa, de lingua castelá. Era moi boa profesora, conseguía que todos  aprenderamos moito e o pasaramos ben. Que máis se pode pedir! Xa me gustaría a min!. 

¿Qué recomendarías a los nuevos alumnos de cara al futuro con los estudios superiores? ¿Deben fijarse más en la salida laboral o en su vocación?

Creo que é máis importante a vocación dende logo. Se cres que algo che gusta e pensas que ademais podes facelo ben, eu intentaría prepararme o mellor posible para conseguilo,  sen dúbida  logo serás quen  de atopar unha saída profesional.

¿Desde cuando tienes interés por el derecho? ¿Tenías clara tu elección de la carrera?

O meu interese polo dereito debo dicir que nunca foi tal se falamos en xenérico. Cando rematei o Instituto, aínda que xa tiña na miña mente o ensino, matriculeime en dereito un pouco porque me convenceron de que había ter máis saídas. Logo pois houbo ramas do dereito que me gustaban moito, como a parte social e laboral, e outras que menos.

¿Por qué preferiste impartir clases en vez de ser abogada?

Nunca tiven moi claro que quixera ser avogada e antes de rematar a carreira xa decidín que ese non había de ser o meu futuro profesional. Encantábame o dereito laboral e tiña unha compañeira que tiña un pai profesor de FOL. Que máis podía pedir, podía adicarme ao ensino na parte que máis me gustaba do dereito. Tíveno bastante claro xa no 4º ano da carreira e saíume ben!

¿Cómo profesora crees que la materia de FOL debería de impartirse en bachillerato aparte de en los ciclos de formación profesional?

Creo que FOL é un módulo que debe propoñerse como algo esencialmente práctico e útil. Gustaríame que a xente que cursara o módulo coñecerá un pouco máis o mercado laboral e que tivera as ferramentas para loitar por melloralo. Paréceme útil para o bacharelato tamén, aínda que penso que son contidos que tamén se traballan en economía e ciencias sociais.



page | by Dr. Radut