Skip to Content
 

HISTÓRICO, CURSO 2016-17, CURSO 2015-16, CURSO 2014-15, CURSO 2013-14, CURSO 2012-13, CURSO 2011-12, CURSO 2017-18

Roteiro de Mustallar

Os alumnos de 2º de ESO foron de visita a Os Ancares e fixeron o Roteiro de Mustallar. Neste enlace tedes o resumo do traxecto e as calorías que queimaron Risa

Coruña Educa: visita á cidade medieval

Os alumnos de 2º de ESO do grupo B, fixeron un percorrido pola cidade visitando: Praza de María Pita, Porta de Aires, Casa de María Pita, Praza e Convento das Bárbaras, Igrexa de Santo Domingo, Xardíns de San Carlos, Colexiata de Santa María, Praza de Azcárraga e Igrexa de Santiago.

Visita a Os Ancares

O alumnado de 1º de ESO foi de visita a Os Ancares. Aquí tedes algunhas das fotos que fixeron:

Entrevista en V Televisión a Xacobo de Toro

¡Cómo mola mi profe de Ciencias!

¿Camina la educación hacia menos apuntes y más vídeos? Se lo preguntamos a Xacobo de Toro, profesor de Biología y Geología en el instituto coruñés de Monelos. Su método audiovisual ha sido reconocido por Scientix, la comunidad para la enseñanza de ciencia en Europa.

EPA IES Monelos

Ao longo desta semana os alumnos de primeiro de bacharelato da asignatura de Economía, percorreron Monelos facendo entrevistas a máis de 400 alumnos co obxectivo de obter a tasa de paro, ocupación, inactividade e actividade dos familiares dos nosos alumnos. O vídeo que recolle os resultados obtidos é o seguinte:

Visita a Santiago de Compostela alumnos de Arte

O pasado martes 8 de marzo, os alumnos de segundo de bacharelato da asignatura de Arte, foron percorrer Santiago de Compostela. Foron visitar a Catedral, museo catedralicio: a cripta, percorrido polas tribunas, cubertas exteriores e a restauración do Pórtico da Gloria. Asemade, visitaron o Pazo de Xelmírez e o conxunto arquitectónico da Praza do Obradoiro atendendo especialmente á fachada barroca do Obradoiro e Hostal dos Reis Católicos (antigo Hospital Real).

O noso profesor, Xacobo de Toro, premio Scientix polo seu método de ensino audiovisual

Xacobo de Toro, profesor de Bioloxía no noso Instituto, foi recoñecido por Scientix polo seu método de ensino audiovisual. Preme nas imaxes para saber máis.

Actividade de acrobacia co alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato

Resumo de actividades de Acrosport levadas a cabo por alumnos de 3º de ESO A, B e PDC e  1º de Bacharelato A, B e C

Visita a Inditex dos alumnos de segundo de bacharelato C

Novamente este curso fomos visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, nesta ocasión cos alumnos de economía de segundo de bacharelato do grupo C.

Moitas grazas a María Borras pola visita tan agradable que nos fixo. Saíron esgotados pero moi contentos da experiencia.

Recital Carolina Pérez

Carolina Pérez, profesora de canto do conservatorio de música, ofreceu un recital de canciones de amor o venres 19 de febreiro con motivo do concurso de cartas de amor no que participou alumnado de 3° ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut