Skip to Content
 

Economía

EPA IES Monelos

Ao longo desta semana os alumnos de primeiro de bacharelato da asignatura de Economía, percorreron Monelos facendo entrevistas a máis de 400 alumnos co obxectivo de obter a tasa de paro, ocupación, inactividade e actividade dos familiares dos nosos alumnos. O vídeo que recolle os resultados obtidos é o seguinte:

Visita a Inditex dos alumnos de segundo de bacharelato C

Novamente este curso fomos visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, nesta ocasión cos alumnos de economía de segundo de bacharelato do grupo C.

Moitas grazas a María Borras pola visita tan agradable que nos fixo. Saíron esgotados pero moi contentos da experiencia.

Visita a Inditex

O 4 de febreiro fomos visitar a sede de Inditex en Arteixo cos alumnos de economía de segundo bacharelato D. En concreto a sede central, onde puidemos observar o traballo de diseñadores, "country manager", patronaxe, escaparatismo, estudio fotográfico e diseño interior de tendas.

Resumo da visita aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut