Skip to Content
 

Normalización lingüística

I Concurso IES Monelos de Cociña de Outono

Organizado polo EDLG

Bases do concurso

1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.

2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 28 de novembro no corredor de entrada do centro.

3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.

4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.

5. O primeiro premio terá un valor de 30 €.

6. O segundo premio terá un valor de 20 €.

7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.

8. Durante o primeiro e segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. 

 

    A Granxa Agrícola Experimental de Monelos

    O exprofesor de bioloxía do IES Monelos dará unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a Granxa Agrícola Experimental de Monelos  o 14 de novembro organizado polo EDLG



    Convocatoria do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

    O outono: tempo de de vendima, tempo do magosto

    O blogue do EDLG do IES Monelos

    ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO LETRAS GALEGAS

    05/06/2019 12:30

    Encontro coa artista SES

    24/04/2019 00:00

    O alumndo de 4º ESO e 1º BAC do ENDL.

    CONCERTO ZENZAR NO ÁGORA

    13/03/2019 10:15
    13/03/2019 12:45

    O alumnado de 4º de ESO asiste no Ágora ao concerto de Zenzar,  un dos grupos máis míticos do rock galego, os "Padriños do rock galego" e a unha charla sobre música e lingua, cun pequeno repaso da música contemporánea galega e o papel da muller nela.

    Teatro:"Eroski Paraíso"

    19/10/2018 10:20
    19/10/2018 13:20

    Compañía Chévere. Para alumnado de 1º de Bacharelato.

    "As aventuras de Gale"

    Programa Ao meu xeito!

    A compañía de teatro A Xanela do Maxín representou As aventuras de Gale. Gale conducirá aos espectadores a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, devanditos e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.

           

    Vídeo

    Distribuir contido


    by Dr. Radut