Skip to Content
 

Normalización lingüística

2 de febreiro: celebración do día da Candeloria

 
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. 
 
Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! 
 
O venres 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O venres 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Bases do concurso día da paz 1º ESO (30 de xaneiro)

 

1. O concurso está organizado pola materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Xeografía e Historia. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2024. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de xeografía e historia, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección. 

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do 29 de xaneiro. 

9. O mércores 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do mércores 31 de xaneiro ao venres 2 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 5 bocadillos e bebida • O segundo premio dun vale 3 bocadillos e bebida canxeable na cafetería do instituto. Un agasallo por parte do xurado popular tamén canxeable na cafetería do instituto.

Historias da Coruña: a edición de libros en galego

Programa elaborado pol@s alumn@s de 1º de ESO Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González. 

 

Radio Monelos: programa musical sobre "Grande Amore"

Programa realizado polas alumnas de 4º ESO C Sara Castro Sánchez e Sofía Regueiro Seoane.

  

Algúns videoclips de "Grande Amore": "Esta pena que a veces teño", "Onde ela me quer levar", "Do meu corpo van nacer outros corpos" e "Pelea".

Radio Monelos: programa musical sobre Sofía Espiñeira

Programa realizado polos alumnos de 1º de bacharelato Enrique Alonso Fúster e Pablo Barro García.

Algúns videoclips: "Xeografías", "A vida contemplativa", "As miñas flores" (directo) e "Remuíño de son" (con Belém Tajes e Los Jinetes del Trópico)

Resumo das novas de Nadal de 2023 e Aninovo de 2024

Programa elaborado pol@s alumn@s Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato) e Yelina Dopico López (4º ESO)


Radio Monelos: novas do 11 ao 18 de decembro

Redacción e presentación de Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato)

Presentación Paula Rial Cernadas (1º ESO)

Sumario:

Galicia: 50 aniversario da inauguración da ponte de Rande

Mundo: agresión armada dunha alumna de 12 anos ao seu profesor nun colexio en Francia

España: a Real Academia de la Lengua Española solicita unha mellora dos contidos da lingua en secundaria.

A Coruña: vitoria do Depor a domicilio ante o Arenteiro por 1-2

Predición meteorolóxica para este Nadal na Coruña

Elaborada pola Meteoescola do instituto. Na locución as alumnas de 1º de ESO Zeltia Deus, Loreto Gómez, Estrella Julián, Iria García, Estela Cao, Valery Gerez e Iria Díaz.

Monelos no ar (programa nº 1)

 Programa realizado en directo no 2º recreo o mércores 20 de decembro dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Nesta emisión centrámonos sobre a celebración do Nadal en distintos países da Unión Europea. Tamén presentamos algunhas recomendacións literarias por vari@s alumn@s da ESO para estas vacacións.

Coordinan a actividade as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.

Presentan as alumnas de 3º de ESO Catalina Bago e Sabela García.

Control de son por parte de Alejandro Lorenzo de 1º de Bacharelato.

 

 

III Concurso de experimentos de física e química en galego

1º premio: Marcos González Rocha (4º ESO): Densidade

 

2º premio: Daniel Rey Rodríguez (4º ESO): A pila de ácido cítrico

 

Finalista: Uxía Seoane Lage (4º ESO): Experimentos sobre a extensión superficial

Distribuir contido


by Dr. Radut