Articulos

Comisión de convivencia

 

COMISIÓN DE CONVIVENCIA DO CENTRO

A Comisión de convivecia ten as seguintes funcións:

  • A participación na dinamización do Plan de Convivencia do Centro e na mediación escolar.
  • A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflictividade no seu ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel Centro. Este informe será trasladado ao Observatorio de Convivencia Escolar a nivel provincial.
  • Informar trimestralmente ao Consello Escolar.
  • Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados relacionados coa mellora do clima de convivencia.
  • Propoñerlle á Administración educativa todas aquelas medidas que se consideren oportunas para a mellora da convivencia escolar no Centro.
  • Aqueloutras que a propia Administración ou o Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial lle poidan encomendar. 

Comisión C. pedagóxica

 

 

A comisión de coordinación pedagóxica está integrada pola directora, que é o seu presidente, a xefa de estudos, os/as xefes de departamento, o coordinador do equipo de normalización lingüística, a orientadora e o coordinador de formación en centros de traballo e o coordenador da biclioteca.

De entre as súas funcións cómpre salientar o seguinte:

  • Propoñer ao claustro de profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación.
  • Propoñer ó claustro a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e o calendario de exames ou probas extraordinarias, de acordo coa xefatura de estudios.
  • Canalizar as necesidades de formación continuada do profesorado.
  • Propoñer ao director ou directora os profesores titores que han de formar parte do departamento de orientación e do equipo de normalización limgüística.

Consello escolar

 

O Consello Escolar é o órgano colexiado a traves do cál, participan, no goberno do centro, todos os sectores da comunidade educativa: o profesorado, o alumnado, os seus pais e nais, o persoal de administración e servicios e o Concello.

O Consello escolar ten as seguintes atribucións:

  • Establecer as directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do instituto, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
  • Elixir o director ou directora do centro.
  • Propoñer a revogación do nomeamento do director ou directora, logo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.
  • Decidir sobre a admisión de alumnado, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.
  • Aprobar e modificar o regulamento de réxime interior do instituto.
  • Resolver os conflictos e impoñe-las correccións con finalidade pedagóxica que correspondan a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia no centro, de acordo coas normas que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do instituto e a execución do mesmo.
  • Aprobar e avaliar a programación xeral anual do instituto, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que lle competen ó claustro.
  • Aprobar a programación das actividades escolares complementarias e avalia-lo seu desenvolvemento.
  • Establecer as directrices para a participación do instituto en actividades culturais, deportivas e recreativas naquelas accións asistenciais que o instituto puidese aportar a súa axuda.
  • Establecer os criterios de colaboración con outros centros, entidades organismos.
  • Promover a renovación das instalacións e equipamento do instituto, e vixiar a súa conservación.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do instituto, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa.
  • Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación de centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza.
  • Regula-lo procedemento de autorización das saídas voluntarias entre clases ou en período de lecer do alumnado do centro.

TITORÍAS CURSO 2023-2024

Grupos

Titor/a

1º ESO A

Ánxela Vázquez Andrade

1º ESO B

Mª Jesús Lampón González

1º ESO C

Ana Maria Cosme de Avilés

2º ESO A

María José Rodríguez Goberna

2º ESO B

González Guillán, Divina Elena

3º ESO A

Amaya González Reyes

3º ESO B

Lourdes López Tomé

3º ESO C

Severino Amado Serantes

4º ESO A

María Dolores Vilar Aguiño

4º ESO B

Ana María Garrido Padín

1º BACH A

Graciela Méndez Camiña

1º BACH B

Xosé L. Bouzas Millán

2º BACH A

Teresa Prol Galiñanes

2º BACH B

Concepción López Berdullas

FPB 1

Mª Carmen Álvarez Fernández

FPB 2

David Pereiros Iglesias

1º CM SMR

Pablo Gallego Falcón

2º CM SMR

Marcia Fernández Estévez

Titor/a Ámbito Socio-Lingüístico: Lourdes López Tomé

Titor/a Ámbito Científico: Eva Mascato Rey

Titorías 22/23

Se quere dispor desta táboa pode descargala pulsando no adxunto: Listaxe de titores 2022-2023

Comisión de Coordinación Pedagóxica 2021-2022

DEPARTAMENTO PROFESOR/A
Dirección Santiago Rodríguez, Nuria
Xefatura de Estudos Fernández Rodríguez, Aránzazu
Bioloxía e Xeoloxía Rodríguez Rascado, Duardo
Debuxo   Arrillaga Chopitea, Josebe
Economía Meis Oubiña, Martín
Educación Física Andrade Padín, Javier
Filosofía Fernández Fuentes, Simón
Física e Química Mascato Rey, Eva
Francés  Costas Simón, Solange
Informática Chamosa Leira, Javier
Inglés Garrido Padín, Ana María
Latín Hermo Segade, María de la Purificación
Lingua Castelá Álvarez Rodríguez, Gerardo
Lingua Galega Bouzas Millán, Xosé L.
Matemáticas González Guillán, Divina Elena
Música Rodríguez Goberna, María José
Orientación de Azevedo Fernández, Estrella del Mar
Pedagoxía Terapéutica Martínez Pontevedra, María del Mar
Procesos Comerciais Gómez Rodríguez, Ana María
Relixión López Viñas, Lourdes
Tecnoloxía Besada Porto, Marcelina
Xeografía e Historia Peteiro Cruz, Francisco Javier
Biblioteca Arrillaga Chopitea, Josebe
Coordenadora de F.C.T. Álvarez Fernández, María del Carmen
Dinamización da Lingua Galega Garrido Padín, Ana María