• Inicio

Novas e accesos directos

Eventos

« Maio 2012
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Iniciar sesión

 

 Bouzas, 22  -  Apdo. Correos 88 - 36980 O GROVE (Pontevedra)

 Tf: 986732161  -  Fax: 986732179  -  email: ies.monte.vila@edu.xunta.es

O xoves 19 de abril o Departamento de Debuxo organizou unha saída a Santiago de Compostela para visitar os tellados da catedral e o museo Granell. Este ano o tema das esculturas de area é “Seres mitolóxicos” e tomando isto como referencia, organizouse esta saída a Santiago de Compostela para ver e realizar in situ un traballo de observación sobre as gárgolas da catedral, subindo aos tellados e, desde alí, estudar a súa finalidade. No museo Granell asistiuse á exposición de pintura e escultura surrealista baseada no mundo animal.



O xoves 30 de abril o departamento de Física e Química organizou unha saída a Allariz para visitar unha empresa de enerxía renovable chamada BIOALLARLUZ S.A., de iniciativa municipal. O alumnado de 2º da ESO e tres profesores foron recibidos polo concelleiro de Madioambiente de Allariz que, entre outras cousas, explicou o aproveitamento da broza do monte para producir enerxía eléctrica, a utilización da cinza como abono e a preparación do monte para evitar os incendios. A valoración desta actividade foi cualificada como moi positiva por parte dos acompañantes do alumnado.


O martes 24 de abril recibimos a visita no centro de tres actores e mais o director do filme galego “Vilamor”, realizado no 2012 e baseado nun feito real acontecido na Galicia dos anos 70. A esta presentación asistiu alumnado de 1º de Bacharelato e nela tanto o director como os tres actores explicaron de xeito moi divertido as súas experiencias na rodaxe, as anécdotas e, por riba de todo, o compromiso adquirido coa cultura e coa lingua galega. Ao final houbo un coloquio onde os mozos e mozas participaron activamente con preguntas sobre o filme e a propia profesión dos invitados.


O xoves 12 de abril achegouse ata o noso centro o Ángel Calle Collado, licenciado en Ciencias Matemáticas –Estatística e investigación Operativa (1992)- pola Facultade de Ciencias Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid. Tendo como auditorio ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, falou dos tempos de descontento e autoritarismos que vive a sociedade actual, dos novos movementos globais, do poder de convocatoria das redes sociais de internet , dos límites que impón o actual contexto político e financeiro da fin da era do petróleo, do papel do estado, dos partidos, dos sindicatos…. O resultado foi moi satisfactorio pois o alumnado participou de xeito activo e reflexivo ás cuestión presentadas polo profesor universitario.


O venres 30 de marzo ao longo da mañá asistiron ao centro dúas persoas pertencentes á “Protectora de animais de Cambados” para concienciar ao alumnado do trato que se lle debe dar aos animais. Para iso valéronse de exemplos reais onde diversos animais eran maltratados e recollidos pola “Protectora” onde eran curados e alimentados, e adestrados como animais terapéuticos en determinados casos de persoas enfermas. Tamén se valeron da presenza de dous cans recollidos perfectamente educados para desempeñar diversas funcións como vixilancia, compañía…

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 5.7)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2011