Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. O CMDC Breogán visita ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO

O pasado 28 de setembro, en colaboración cos clubs deportivos do Concello, o Departamento de Educación Física tivo a visita dos grandes deportistas do CMDC Breogán. O histórico clube, que compite na alta competición galega deunos a oportiunidade de coñecer o día a día dos seus campións e campioas: Tono Campus (antigo alumno), Tania Álvarez, David Barreiro e Natalia García.

Como afrontan unhas modalidades de alta esixencia física e mental desde o punto de vista dos deportistas e das deportistas? Que diferencias hai no piragüismo entre as mulleres e os homes? Son xustas? Que historia garda a canoa feminina? A conversa levou aos estudantes de 1º e 2º da ESO á reflexión con grandes palistas e mellores persoas.

 

 Breogan

Listaxe de libros de texto 2023/24 (Actualizada o 01/09/23)

No PDF adxunto pode consultarse a listaxe de libros de texto para o próximo curso escolar.

Concerto de fin de curso

O venres 9 de xuño tivo lugar o concerto de fin de curso do noso instituto, no Auditorio do Grove. A actividade foi organizada polo Departamento de Música, que coa colaboración e axuda inestimable do profesor Iago Alvite (Departamento de Educación Física).

Alumnado de 2º ESO

 

Alumnado de 3º ESO

 

 

O alumnado de Música interpretou o seguinte repertorio baixo a dirección da profesora María José Rodríguez Goberna:

-2º de ESO: “Over the Rainbow” da BSO “O mago de OZ” e  “Halellujah”

-O alumno Víctor Villa:  "Dusttale Megalovania"

-A alumna Antía Varela: "Bluebird" de Alex Frech.

-3º de ESO: A cantiga “Santa María Strela do Día” de Alfonso X, O Sabio.

-O noso invitado Pablo del Valle: A Sinfonía a 3 voces de J.S. Bach e “Abril” das estacións de Tchaikovsky

-1º de Bachalerato: “Yellow Submarine” de The Beatles, A  BSO do “Señor dos aneis”, “Demons” de Imagine Dragons, “City of Stars” da película La, la, land e “Viva la vida” de Coldplay.

-Os alumnos Aitana García, Hugo Otero, Nik Devesa e  Nerea Barral xunto co profesor Yago Alvite: “Where is my mind?" de Pixie e “Day Tripper” de The Beatles

 

 

Alumnado de 1º Bach., da materia Linguaxe e Práctica Musical

 

Nerea Barral, Nik Devesa, Hugo Otero, Aitana García e o profesor Iago Alvite.

 

Podedes volver desfrutar do concerto accedendo a este vídeo, realizado pola profesora María Saco e editado por Josebe Arrillaga (Depto. Debuxo).

ADMISIÓN GRAO MEDIO CURSO 2023-2024

FORMACIÓN PROFESIONAL

 

ADMISIÓN GRAO MEDIO CURSO 2023-2024

 

COMO SE DISTRIBÚEN AS PRAZAS:

 

Admisión ciclos formativos de grao medio. Curso 2023/2024 XuntadeGalicia

 

 

 

INFORMACIÓN IMPRESCINDIBLE PARA REALIZAR SOLICITUDE LIGAZÓN:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2023-2024

 

DETÁLLASE:

 

  • Instrucións sobre como realizar solicitude web:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10195

 

  • Vídeo de axuda para realizar a solicitude web:

 

https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

 

  • Asistente informático para realizar a solicitude:

 

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

 

  • Instrucións xerais do proceso de admisión:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10189

 

  • Oferta actualiza da23-24.

Clasificadaporfamiliaprofesionalecicloformativo.

Clasificadaporprovinciae concello:

http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

 

ADMISIÓN GRAO SUPERIOR CURSO 2023-2024

FORMACIÓN PROFESIONAL

 

ADMISIÓN GRAO SUPERIOR CURSO2023-2024

 

 

COMO SE DISTRIBÚEN AS PRAZAS:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-superior

 

INFORMACIÓN IMPRESCINDIBLE PARA REALIZAR SOLICITUDE LIGAZÓN:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/node/13647

 

DETÁLLASE:

 

 

 

Prazos do proceso de admisión de Formación Profesional

Prazos do proceso de admisión

  • Réxime ordinario

  • Réxime para as persoas adultas

 

Períodoordinariodeadmisión

Presentación de solicitudes

23 xuño ás 9:00 ao xullo ás 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes

10 xullo

Reclamación á listaxe provisional

10 xullo ás 9:00 ao 12 xullo ás 13:00 horas

Listaxe definitiva de solicitudes

19 xullo

1ª adxudicación

19 xullo

Matriculación 1ª adxudicación

19 xullo ás 9:00 ao 24 xullo ás 13:00 horas

2ª adxudicación

27 xullo

Matriculación 2ª adxudicación

27 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas

3ª adxudicación

setembro

Matriculación 3ª adxudicación

setembro ás 9:00 ao setembro ás 13:00 horas

Adxudicación continuada (chamamento)

11 setembro ás 9:00 horas ao 29setembro ás 13:00 horas

 

Períododesolicitudedematrícula simultánea

Presentación de solicitudes*

*Sempre que existan prazas dispoñibles.

 

11 setembro ás 9:00 horas ao 14 setembro ás 13:00 horas

Matriculación*

*Sempre que existan prazas dispoñibles con resolución positiva do servizo de inspección educativa.

 

20 setembro ás 9:00 horas ao 22 setembro ás 13:00 horas

 

Outrasaccións

Oferta das prazas vacantes dos módulos de réxime ordinario para réxime para as persoas adultas.

 18 setembro ás 9:00 horas ao 22  setembro ás 13:00 horas


Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Este documento contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

Calendario de matrículas

Calendario matrícula Xullo 2023
3 de xullo 1º ESO
4 de xullo 2º ESO
5 de xullo 3º ESO
6 de xullo 4º ESO
7 de xullo 1º BACHARELATO
10 de xullo 2º BACHARELATO

Charla sobre o uso e atribución de contidos de Internet

O día 20 de xuño, no segundo recreo, terá lugar unha charla sobre o uso e atribución de contidos en Internet.

 

Está aberta a profesores e estudantes.

 

Distribuir contido