Visita ao Acuario e praia das Pipas (1º ESO)

 

 

O pasado 3 de maio o alumnado de 1º ESO foi a pé ata o Acuario do Grove, nunha actividade coordinada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Educación Física, dentro da Primeira Semana da Saúde.

Nesta visita ao Acuario do Grove, fixemos unha andaina de 4 quilómetros pola natureza para incentivar a actividade física ao aire libre. Unha vez no Acuario observamos os exemplares de peixes, crustáceos e celentéreos, entre outros grupos, máis importantes da contorna. A visita foi guiada polo profesor de bioloxía, que comentou os aspectos máis relevantes da biodiversidade das nosas rías.

De regreso, fixemos unha parada na praia das Pipas para facer actividades deportivas na area. Os estudantes quedaron contentos tanto coa visita como coas actividades ao aire libre.

Charla: Educación afectivo-sexual (Martes 16/05, 17:00h)

 

 

 

O centro de Sexoloxía con mucho gusto! foi o encargado de impartir este curso os obradoiros de educación afectivo-sexual organizados polo Departamento de Orientación e financiados polo Concello do Grove.

 

 

O próximo martes 16 de maio ofrecerá un relatorio gratuíto e aberto ás familias e a todas as persoas interesadas.

Será na Casa da Cultura do Grove, ás 17:00h.

 

Visita á base de brigadas helitransportadas do Campiño (1º ESO)

 

O venres 8 de maio o alumnado de 1º ESO visitou a base do Campiño, dentro do Proxecta+ "O monte vivo" (departamentos de Matemáticas e Xeografía e historia).

O alumnado máis novo do IES Monte da Vila probou por un día a “poñerse na pel” dos bombeiros, soñando con ser intrépidos pilotos a bordo do helicóptero (recibiron explicacións de primeira man sobre o seu funcionamento), usando a mangueira do camión ou manexando ferramentas para apagar un lume sobre o terreo.

 

O equipo de extinción de incendios de O Campiño acolleu ás e aos estudantes con enorme amabilidade, e resolveron en todo momento as súas dúbidas, animándoos a participar e premiando a quen fixo preguntas tras a proxección dun vídeo cunha gorra de recordo. Tamén agasallaron ao IES Monte da Vila con dous libros sobre as impresionantes paisaxes de Galicia que entre todos debemos protexer.

 

Coñecendo o traballo dun luthier: artesán de instrumentos de corda (2º ESO)

 

O venres 28 de abril o luthier Alberto Davila ofreceunos unha charla sobre o seu labor como produtor de instrumentos de corda. Trouxo mostras de laude, viola da gamba, zanfoña, arcos... Feitos no seu taller. Así como das madeiras de primeira calidade coidadosamente escollidas, para acadar un produto de excelente resultado sonoro e de ofrecer a mellor relación calidade –prezo.

 

 

 

A actividade foi organizada entre o Departamento de Matemáticas (Proxecta+ "O monte vivo") e o Departamento de Música. Participou o alumnado de 2º ESO.

Primeira Semana da Saúde: Charla sobre solo pelviano (Venres, 5/05, 16:30h)

 

 

Dentro da Primeira Semana da Saúde (Proxecto de Innovación do Departamento de Educación Física) haberá unha charla sobre o solo pelviano, a cargo de Beatriz Crispín Pazó (VIGOENTRENA) aberta a toda a comunidade educativa.

 

Será o próximo venres, 5 de maio, ás 16:30h, no Ximnasio do IES Monte da Vila.

 

Quedades todas/os convidadas/os!

Actividade para a mocidade (Concello do Grove): 12/05

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ofrece esta actividade gratuita para a mocidade.

Non se precisa inscrición.

Actividade para a mocidade (Concello do Grove): sábado 6/05

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ofrece esta actividade gratuita para a mocidade.

A inscrición está aberta ata o xoves, 4 de maio.

Crónicas clásicas: teatro para descubrir o Mundo Antigo

 

 

O pasado venres 28 de abril o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Humanidades (Latín I) asistiu á representación de “Crónicas clásicas”, unha divertida obra da compañía Vicus Teatro (Lois Blanco e Pablo Carrera).

O alumnado subiu ao escenario para poñerse na pel dos actores antigos.

 

O espectáculo reinterpreta a esencia das comedias clásicas e abre a porta a coñecer e situar aquela linguaxe teatral que se daba na Atenas e Roma da Antigüidade. A través da comedia, o alumnado achegouse aos mitos populares antigos, ás festas na honra dos deuses, e sobre todo, descubriu que a base do humor e do riso non cambiou tanto, igual que os comportamentos humanos.

Organizaron a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e o Departamento de Latín, en colaboración coa Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Concello do Grove.

 

Dragon Boats 2023 (1ºESO)

 

Como cada curso escolar, dentro do Programa XOGADE, o alumnado de 1º ESO está convidado a desfrutar dunha xornada de Piragüismo na Escola, neste caso, do Dragón Boat. O pasado 24 de abril, a pesar de que estaba o día anubrado, foi perfecto para a práctica. Os/as técnicos déronnos instrucións moi sinxelas e con todas as medidas de seguridade, ocupamos dous Dragóns e saimos a remar, competir, colaborar en equipo e rir. Rematamos a xornada cunha volta á calma e cun aperitvo de froita.

 

Aquí tedes o vídeo co resumo e que reflexa o ben que saiu todo. Teremos Dragóns Boats para o 2024!

Listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso académico 2023-2024

Publicada no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe provisional do alumno admitido para o vindeiro curso académico 2023-2024.
Todo o alumnado que solicitou a admisión en prazo resultou ADMITIDO.
Prazo de formulación de reclamacións contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes provisionais.
A publicación das listaxes definitivas será o  día 15 de maio.

Distribuir contido