Skip to Content

2016-17

CURSO DE INICIACIÓN AO GOLF PARA 1º CURSO DO TSAAFD

Un ano máis o alumnado de 1º TSAAFD realizou o pasado día 25 de abril unha sesión de iniciación ao deporte do golf no campo Val de Rois impartida polo profesional Jacobo González. Na mesma tratáronse contidos relacionados co coñecemento do campo, cos diferentes paus, coa técnica correcta do swing, co golpe de approach, chip, putter,... e finalizaron a sesión xogando no buraco 18.

VER GALERÍA DE FOTOS

VISITA DA ADEGA MARTÍN CODAX

Na primeira semana se abril o alumnado italiano de Intercambio acompañado dos seus correspondentes galegos e o resto de alumnado de 1º Bacharelato-B realizou unha visita guiada da adega Martín Codax en Cambados.

EXCURSIÓN AOS ANCARES 2017

Nesta primeira semana de abril un nutrido grupo composto por alumnado de 2º curso do ciclo superior (TSAAFD) e por alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha viaxe aos Ancares. O profesorado de ciclo e máis o de bioloxía e de xeoloxía que os acompañou quixo compartir estes momentos con eles e máis cun dos profesores do departamento de bioloxía e de xeoloxía que se xubila este ano: Manuel Chouza.

Esta excursión foi, en palabras do profesorado acompañante, moi proveitosa: unha boa caminata cun tempo espléndido e a sensación de ter aprendido moito de bioloxía e de xeoloxía combinada con moito exercicio físico. O comportamento do alumnado foi excepcionalmente bo.

VER GALERÍA DE FOTOS

MARZO SEN FRONTEIRAS 2017: CENTRO BATA

O dia 29 de marzo alumnado e profesorado do centro Bata para persoas con transtornos do espectro autista viñeron ao noso centro a realizar unha xornada de inclusión. Nesta derradeira xornada do proxecto MARZO SEN  FRONTEIRAS que se veu facendo todos os mércores de marzo no noso instituto o alumnado de 2º do ciclo superior realizou un gran traballo no que respecta á súa formaciòn nos mòdulos correspondentes e tamén no que respecta ao traballo de inclusión.
 
Este dia foi diferente porque compartiron xogos e actividades cos alumnos de 3ºESO-B .Previamente xa a directora do centro, Yolanda Heras viñera unha semana antes á biblioteca dar unha pequena charla ao noso alumnado na que foi informado do que ían facer, de como tratar a estas alumnas e  alumnos, das dificultades... Xa era a segunda vez que esta gran profesional pasaba polo noso centro este ano.  Cabe destacar o comportamento excelente desta clase de 3ºESO-B que axudou moitísimo ao alumnado de ciclo a que todo saíra ben.
 
 
(Fai clic na imaxe para ampliala)

NOVAS DO NOSO ALUMNADO DESDE BRETAÑA

O venres 24 de abril comezou a segunda parte do intercambio entre o Collège Victor Segalen de Châteaugiron e tres institutos de Vilagarcía de Arousa entre os que se conta o Instituto do Carril. O alumnado carrilexo xa recibira aos seus/súas correspondentes no mes de outubro e agora tócalle ir á casa dos seus correspondentes en Bretaña.

Este ano o intercambio está centrado nas artes e todas as visitas que realizaron en Galicia e as que están a facer en Bretaña están orientadas cara esa temática. O intercambio finalizará con dous días en París para descubrir os tesouros desta cidade.

Para poder seguir en detalle as aventuras dos carrilexos na Bretaña podes seguir o blog de francés facendo clic aquí ou nesta imaxe  e poderás ver fotos e ler diariamente o relato que fai o noso alumnado.

Nesta foto está todo o grupo de bretóns e galegos diante da casa do concello de Châteaugiron.

(Preme na imaxe para ampliala)

Asimesmo, o alumnado de intercambio, tanto galego como bretón escribiu unha serie de relatos inspirados na escultura de Francisco Leiro que se atopa na entrada principal do noso instituto. Podedes ler aquí estes relatos que son bastante cuiriosos dada a técnica que utiilizaron para a escrita.

(Para ler o libro preme na imaxe)

TSAAFD: CURSO SOBRE O ESTRÉS NO MERGULLO

Hoxe, 28 de marzo pola mañá,  tivemos unha charla para o alumnado do ciclo superior a cargo do profesor Marcelino González do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) da Illa de Arousa sobre o estrés no buceo. Foi unha interesantísima sesión que será moi útil para o noso alumnado.

(clic na imaxe para ampliar)

MARZO SEN FRONTEIRAS 2017: O SAIAR

Esta nova edición de Marzo sen fronteiras estivo dedicada ao centro ocupacional O Saiar. A actividades, coordinadas polo alumnado do Ciclo  superior,  foron realizadas nun ambiente festivo e os participantes puideron disfrutar nesta xornada dun visitante moi especial: un cabalo. As virtudes terapeuticas do contacto cos animais está sendo moi utilizadas para unha grande variedade de problemas, tanto psíquicos como físicos. É un pracer disfrutar da beleza e do contacto con este fermoso animal. Podedes ver aquí unha foto da actividade e/ou visitar a galería de fotos completa.

(Clic na foto para ampliala)

VER GALERÍA DE FOTOS

 

(Clic no xornal para ler a nova)

O CENTRO "CON ELES" PARTICIPA EN MARZO SEN FRONTEIRAS

(Fai clic na imaxe para ampliala)

O TSAAFD segue a celebrar o seu "Marzo sen fronteiras". Esta vez visitáronnos os alumnos da asociación de disminuidos psíquicos "Con eles" de Caldas. Nunha xornada festiva puideron realizar xogos e exercicios que favorecen non só a saúde senón tamén o benestar persoal. Para ver ne imaxes o desenvolvemento da xornada podes visitar a galería de fotos e tamén podes ler a nova no xornal.

VER GALERÍA DE FOTOS

Fai clic no xornal para ler a nova:

O alumnado de ciclo prepara diferentes actividades para cada sesión atendendo ao tipo de público e ademais tamén un pequeno avituallamento cedido de xeito altruista por moitas empresas que previamente buscou o alumnado de 2º do ciclo superior sendo a financiación parte do proxecto.

A organización de Marzo sen Fronteiras quere agradecer esta colaboración desinteresada das empresas e tamén ao alumnado do Bacharelato de Artes que baixo a supervisión da súa profesora Maika prepararon un bonito poster que servíu de photocall.

Facer constar que este proxecto ten a súa propia páxina de Facebook chamada tamén Marzo sen Fronteiras, desde a que podedes seguir todas as novas a medida que se van producindo.

ACTOS DO DÍA DA MULLER

Bibliomalveiras acolleu este mércores 8 de marzo de 2017  esta performance do alumnado de Música e Artes Escénicas a prol da muller e do seu legado en moitos casos menosprezado e case esquecido.

Testemuña desta homenaxe é a árbore chea de follas con reseñas da vida e obra de mulleres extraordinarias que todo o mundo pode ver e consultar en Bibliomalveiras.

Outra das iniciativas deste día foi a colocación nas escaleiras de fotocopias coas vidas de 100 mulleres galegas, unha publicación que a Xunta puxo á disposición de todo o mundo e que é un documento interesante para toda a sociedade galega.

Outra das catividades promovidas por Bibliomalveiras foi a participación de todo o alumnado nun concurso sobre mulleres excelentes en diferentes campos como a ciencia, as artes, a educación, a literatura, etc. O alumnado participou moi activamente no mesmo.

Ademais diso o noso centro educativo sumouse á iniciativa de gardar uns minutos de silencio polas 21 mulleres asasinadas a causa da violencia machista no que vai de ano. Unha alumna do centro leu un comunicado ao que todo o mundo pode expresar o seu acordo asinando nos taboleiros situados na entrada principal do instituto.

Para coñecer en detalle  estas e outras inciativas levadas a cabo no día da muller visitade o blog de Bibliomalveiras.

MARZO SEN FRONTEIRAS: C.E.E. DE VILAGARCÍA

O Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas (TSAAFD) celebrou con moito éxito este mércores a primeira das xornadas de Marzo sen fronteiras. Trátase dun proxecto do Ciclo Superior en colaboración con todos os centros de discapacitados de Vilagarcía e forma parte dos módulos de Proxecto Integrado e do de Actividades Físicas para Persoas con Discapacidade. Ao longo de todo o mes de marzo virán distintos centros a pasar a mañá co alumnado do TSAAFD

Nesta primeira xornada participaron 27 alumnos e alumnas acompañados por 22 persoas entre profesorado e coidadores pertencentes ao Centro de Educación Especial (C.E.E.)de Vilagarcía.

VER GALERÍA DE FOTOS

 

(Clic na imaxe para ampliala)

O próximo mércores virá o alumnado do centro de adultos Con Eles. O alumnado de ciclo preparará diferentes actividades para cada sesión atendendo ao tipo de público e ademais tamén un pequeno avituallamento cedido de xeito altruista por moitas empresas que previamente buscou o alumnado de 2º do ciclo superior sendo a financiación parte do proxecto.

A organización de Marzo sen Fronteiras quere agradecer esta colaboración desinteresada das empresas e tamén ao alumnado do Bacharelato de Artes que baixo a supervisión da súa profesora Maika prepararon un bonito poster que servíu de photocall.

Facer constar que este proxecto ten a súa propia páxina de Facebook chamada tamén Marzo sen Fronteiras, desde a que podedes seguir todas as novas a medida que se van producindo.

 

(Para ler a nova na prensa preme na imaxe)
Distribuir contido


by Dr. Radut