Skip to Content

2016-17

CAMPAÑA "UN NADAL SOLIDARIO"

Iniciamos a campaña "Un Nadal solidario". Se cada un de nós aportara un kilo de alimentos obteriamos unha importante cantidade para apoiar a persoas con dificultades. Animádevos a traer un kilo ou un litro dalgún produto como legumbres, pasta, azucre, cartóns de leite ou mesmo deterxente, xabón,... A lista de productos pode ser consultada na entrada do instituto.

Fonte da imaxe: freepik.es

O BACHARELATO ARTÍSTICO PASOU POLA BIBLIOTECA

Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.

O BACHARELATO ARTÍSTICO PASOU POLA BIBLIOTECA

Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O VIH

O día 1 de decembro, Día mundial da loita contra o VIH, membros da Cruz Vermella en colaboración co noso centro educativo instalou un estand informativo para o alumnado co obxecto de darlle visibilidade a este problema e darlle información ao alumnado que acudíu a visitalo.

     

Non esquezas visitar a páxina da Cruz Vermella en Galicia e moi especialmente  o sitio da Cruz Vermella sobre prevención das ETS (Enfermidades de Transmisión Sexual), da VIH e da SIDA. Fai clic sobre a imaxe para acceder á páxina.

CONTACONTOS EN FRANCÉS

O noso contacontos, Samuel Mountoumnjou, naceu e criouse no oeste de Camerún, nunha aldea chamada Foumban, onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Iniciouse na arte da narración oral sendo aínda adolescente da man dos seus pais e dos seus avós.

Actualmente afincado en España, Samuel , ademáis de narrador oral, é profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa experiencia como docente axudoulle a perfeccionar as súas capacidades para a comunicación oral. 

Traballa para colexios, institutos, escolas de idiomas, bibliotecas, librerías, centros socioculturais, ONGs, e calquera outra entidade que o solicite. Participou en semanas interculturais, obradoiros de animación á lectura, festivais de narración oral e outros eventos culturais como o Día do Libro, o Día Internacional da Muller, o Día Mundial da Paz, etc. As súas linguas de traballo son o español e/ou o francés.

Achégase ao noso centro con “África conta”, un conxunto de contos, fábulas, parábolas e historias tradicionais que segundo el mesmo di son “contos para entreter que invitan a pensar”. Son historias cheas de calor e de cores que nos transportan ate as profundidades do continente e transmiten o espírito da África Negra. Para axudarnos a comprendela e a amala. E para axudarnos a comprender e a amar o francés, unha lingua moi viva que nos une.

VER GALERÍA DE FOTOS

CICLO SUPERIOR: CHARLA SOBRE BEBIDAS ISOTÓNICAS E ENERXÉTICAS

VER GALERÍA DE FOTOS

Para calquera persoa preocupada polo seu benestar é importante saber que bebidas se poden usar para hidratarse de maneira efectiva. No mercado existe unha amplia oferta de productos dos que convén saber a súa composición e os seus efectos. Todos coñecemos as bebidas chamadas isotónicas e as bebidas enerxizantes, pero en que se diferencian? Teñen os mesmos compoñentes? E os mesmos efectos? 

A confusión sobre este tema entre os deportistas é grande:  por un lado as bebidas enerxéticas parecen unha boa opción ao conter líquido e enerxía á vez pero por outro lado usan substancias estimulantes como a cafeína e o guaraná que aceleran a mente e o metabolismo e provocan cambios no noso organismo.

Para ver claro entre toda esta maraña de información que nos chega de todas partes o alumnado do ciclo superior recibiu unha charla-degustación sobre estas bebidas que lle será moi útil no desempeño das súas funcións profesionais nun futuro próximo. 

CARTA DE AGRADECEMENTO DUNHA FAMILIA

Esta é a carta enviada pola familia dun alumno e que queremos compartir hoxe con vós. 

Para ler a carta facede clic na imaxe.

MAGOSTO 2016

  Este ano tivemos un Magosto máis ben movidiño e moi divertido. Celebramos a festa en media xornada do venres 11 de novembro, día do San Martiño. Segundo reza o programa que podedes ver aquí á esquerda (clic na imaxe para ampliar), tivemos unha charla dirixida ao alumnado de 1ºESO a cargo dun grupo de alumnas de 1ºBacharelato. Uns días antes unhas alumnas tamén de 1º Bacharelato presentaron diante dos compañeiros e compañeiras de 1ºESO a orixe e o significado da celebración do Samaín no país galego.

 

Máis tarde o alumnado do ciclo superior invitounos a todos a bailar nun flashmob e nun móvete dance a toda marcha.

Despois e como xa é tradicional no noso instituto, tivemos unha degustación de bolos preñados con chourizo e castañas asadas polos nosos profes Miguel Barros, "O Mestre", X.M. Longo,o profe de Tecnoloxía e por Manolo, o noso ex-director e profesor de Matemáticas xa xubilado. Amenizou a festa un grupo de música tradicional composto por rapazas e rapaces que forman parte de asociacións de música e baile tradicionais e que se xuntaron para  esta ocasión.

 

VER GALERÍA DE FOTOS DO MAGOSTO

Como broche final foron entregados os premios do concurso de cabazas do Samaín.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

(para ampliar,  clic nas imaxes)

David González Torrado,

Premio á cabaza máis orixinal

Ricardo Eiras Espiñeira

Premio á cabaza máis elaborada.

 VER GALERÍA DE FOTOS DE CABAZAS DO SAMAÍN


CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN DE DOAZÓN E TRANSPLANTE DE ÓRGANOS

Nas horas centrais da mañá do día 8 de novembro un médico e unha enfermeira da Oficina de Coordinación de Transplantes do SERGAS viñeron ao noso centro. Esta charla para o alumnado de Bacharelato promove a doazón de órganos e tecidos que tantas vidas ten salvado e poderá salvar no futuro.

O alumnado do ciclo superior tivo unha sesión organizada especificamente para eles polo departamento de Educación Física tanto polo interese que teñen para este colectivo todos os temas relacionados coa saúde como pola necesidade de espertar a súa solidariedade e salvar vidas.

Podedes acceder á edición electrónica de A vida o mellor agasallo. Preguntas arredor da doazón e do trasplante facendo clic neste título ou na portada do libro que está aquí abaixo. Trátase dun libro de preguntas e respostas que tenta resolver as dúbidas máis frecuentes sobre a doazón de órganos e tecidos editado en galego e en castelán pola Consellería de Sanidade e pola Oficina de Coordinación de Transplantes.

CHARLAS DE EDUCACIÓN VIAL

Os días 10, 14, 15, 17 e 18 de novembro a Policía Local achegaráse ao instituto para dar unhas charlas de educación vial.  Nestas charlas trataranse os seguintes temas:

  • 1ºESO: “Normas e sinais. Circulación por vías interurbanas”
  • 2ºESO: “Accidentes: causas, consecuencias, elementos de seguridade.”
  • 3ºESO: “Condución responsable do ciclomotor.”
  • 4ºESO: “Mozos, alcohol e tráfico”
  • 1ºBAC: Os medicamentos tamén poden afectar á capacidade para conducir.
  • 2ºBAC: Drogas e condución, incompatibles.
Distribuir contido


by Dr. Radut