Skip to Content

2016-17

ATLANTIS, A CIENCIA DO MITO

Un éxito a Xornada Divulgativa Medioambiental 2017.

Profesorado e alumnado de Bacharelato disfrutaron coa nova proposta do xornalista galego da Costa da Morte Emilio Varela. Por quinta vez ma última década achegouse ata o I.E.S. do Carril para presentarnos o seu último traballo centrado xeograficamente no Mediterráneo.

Conferencia, documental e coloquio encheron máis de tres horas intensas de contidos complexos e completos tentando relacionar todos os aspectos que a propria realidade amosa. Pero é tanta a paixón coa que fala e a enerxía que transmite que o tempo pasou axiña.

Este Atlantis, a ciencia do mito levounos polo Parque Nacional do Vesubio e a traxedia pompeiana ata a xoia xeolóxica da illa de Thera, no Exeo e o Parque Nacional Nea Kameni. Falounos da meirande catástrofe natural vivida polo mundo antigo: a erupción de Santorini. Lembrounos a cidade perdida de Akrotiri e a cultura minóica.

Pero Emilio nunca abandona o seu compromiso de divulgar as desfeitas medioambientais e por iso presentou o mar Mediterráneo como o espazo mariño máis ameazado do Planeta. O seu obxectivo, así como o do Departamento de Bioloxía nestes trinta anos é formar un alumnado crítico e convencido da necesidade de conservar o Planeta como o que é, a casa de todos os seres vivos e por tanto tamén nosa. Con este empeño traballou sempre o profesor Manuel Chouza, ao que lle dedicamos esta xornada como agasallo pola súa próxima xubilación.

Un coloquio e unha foto de grupo remataron este acto nunha mañá moi proveitosa do 24 de xaneiro de 2017.

MASTER CLASS DE ZUMBA STRONG PARA O TSAAFD

Eneida León , ex-alumna del TSAAFD do IES M. A. González Estevez, impartíu unha Master Class de Zumba Strong ao alumnado de 1* y 2* de ciclo do TSAAFD.

VER ALBUM DE FOTOS 

 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO WORKING WHEELS AO TSAAFD

WORKING WHEELS é unha asociación de discapacitados físicos. Alex, membro da mesma, veu explicar ao alumnado como traballa a asociación e como se enfrentan a distintos retos deportivos: maratones, travesías.. Trouxo una handbike que é unha bici para competir e que todo o mundo tivo a oportunidade de probar. Alumnado e profesorado queren agradecerlle a Alex a súa explicación. Se queredes saber máis podedes visitar o Facebook da asociación.

VER ALBUM DE FOTOS DA VISITA

BOAS FESTAS!

 BIbliomalveiras quere desexarvos unhas felices festas:

O IES do Carril quere desexar a todo o mundo un 2017 cheo de éxitos e de bo traballo.

OBRADOIRO DE FROITAS SAUDABLES

O alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas (TSAAFD) realizou un obradoiro de froita saudable dentro do módulo de Fundamentos biolóxicos.
Cada alumno/a tiña que preparar unha ficha sobre unha froita, traela á clase e explicarlle aos seus compañeiros as propiedades da mesma. En total o alumnado probou entre vinte ou vintecinco froitas diferentes.

 

Podes ampliar a imaxe premendo sobre ela

TSAAFD: PRESENTACIÓN DUN PROXECTO DE ESCOLA DE FÚTBOL

O martes 20 de Nadal, Blas Charlín, entrenador de fútbol,  veu ao noso centro para presentar un  proxecto dunha escola de fútbol base en Angola. Esta actividade está incluída no módulo de Xestión e proxecto e completa a formación do alumnado do Ciclo Superior cun enfoque que desenvolve as súas capacidades profesionais nese eido. 

VER GALERÍA DE FOTOS

Clic nas imaxes para amplialas

      
 

Se queres saber máis sobre este proxecto podes ler a,prensa: La voz de Galicia e Diario de Arousa

GRAN FOLIADA DE FIN DE ANO

Este Nadal tivemos unha gran foliada aberta á participación de todo o mundo que quixo tocar, bailar e cantar ou simplemente disfrutar do ambiente festivo. Se alguén era gaiteiro, podía traer a gaita. Tamén podíase tocar a caixa, a pandeireta ou o pandeiro. Podíase bailar con zocas ou descalzos. Podíase cantar fino ou cantar gordo. Todo valeu nesta super festa tradicional para todos os públicos. 

Velaí algunhas fotos do evento. Fai clic nas imaxes para amplialas.

    

NADAL EN BIBLIOMALVEIRAS

Este ano Bibliomalveiras sorprendeunos cunha felicitación de Nadal ben especial chea de bós desexos.  Pola súa banda o club de lectura Tira da páxina tamén fixo a súa particular árbore de Nadal cunhas recomendacións de lectura para estas datas.

Podes ver máis recomendacións de lectura aquí , recomendacións de cine aquí e máis imaxes da biblioteca aquí. Asimesmo podedes seguir a evolución do encerado coa reflexión Antes de morrer quero... aquí

Para ampliar fai clic nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut