Servizos da Augateca
Servizos da Augateca
A Augateca ofrece entre outros servizos:
- Fondos na sala (periódicos, revistas, libros, DVD) para consultar na AUGATECA
- Ordenadores e tablets para consultar e facer traballos, con fins educativos
- Préstamo para casa de libros, DVD, e lectores electrónicos
- Lectura, estudo e obradoiros nos recreos
- Diversas actividades de animación á lectura e conmemoracións
- Formación de usuarios
- Diseño e coordinación de proxectos de investigación interdisciplinares e colaborativos (ALFIN/AMI) Club de lecturaMochilas de garda, con libros para levar as aulas.Un espazo creativo, punto de encontro do alumnado nos recreos para deseñar e construír, innovar e ser creativos, compartir e aprender a través da experiencia (robótica, domótica, artes. ...)
- Bibliotecas de aula, dotadas de fondos específicos cada curso
- Puntos de lectura informal nalgúns corredores do Centro
- Un blog que informa sobre todo o relacionado coa Augateca (novidades, actividades, servizos, catálogo en liña...) http://augateca.blogspot.com/
Os fondos están catalogados e rexistrados seguindo a Clasificación Decimal Universal (CDU), de xeito dixital co programa Meiga. Pódese consultar todo o material que posúe a Augateca a través de internet, no catálogo en liña que ofrecemos dende o blog.
O préstamo, devolución ou renovación de materias para os usuarios da BE é exclusivamente no recreo, para iso deberán presentar o seu carné de lector e dirixirse aos encargados da Augateca.
A Augateca está aberta no horario lectivo, a condición de que estea un membro do equipo da BE ou un alumno/a colaborador. Pódese consultar o horario que figura na porta da entrada. Tamén é posible utilizar os espazos e recursos da Biblioteca durante o horario lectivo, previa reserva, acompañados dun profesor ou profesora para unha actividade programada a tal efecto.