Saltar navegación.
Inicio

Normalización Lingüistica

Departamento de Normalización Lingüistica

Concurso de poemas do Día de Rosalía

Dende aquí queremos darlle os parabéns a Soufiane Bouzagaoui por gañar o concurso de poemas do Día de Rosalía, organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Podedes lelo no blog da Biblioteca do centro: http://augateca.blogspot.com/2021/02/premio-un-poema-moi-rosaliano.html

Charla sobre a Calistenia

Soufiane Bouzagaoui, Erik Donaldson Pontes Pompeu e Martín Varela González (alumnos de FPB1) impartiron unha charla sobre a Calistenia ao alumnado de 1º ESO A. A charla foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Educación Física.
Álbum: 2020_2021 -> Charla FP Básica

Instagram do Equipo de Normalización de Lingua Galega

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa conta con Instagram.
Son varias as alumnas de 4º ESO as que xestionarán esta rede social. Na seguinte imaxe, creada polo alumnado de FPB1, deixámosvos a conta. Seguídenos

Día contra a violencia de xénero

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traballamos co alumnado da ESO e FPB do noso IES para loitar contra as violencias machistas. O alumnado mostrou a súa repulsa á violencia de xénero compoñendo haikus. No vídeo podedes ver o resultado.

Letras Galegas 2020

Celebrando o día das Letras Galegas


MEMBROS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2019-2020

Os membros do equipo:

Araujo Iglesias, José Ángel.

Carreras Silvia, Paula.

Fírvida Martínez, Ana Isabel.

Lagares García, Belén (coordinadora).

Lestón Villar, Francisco.

Pastoriza Entenza, Rosario.

Ojea González, Marcos.

Silva Vázquez, Camilo.

 

Distribuir contido