Aberto o prazo para solicitar axudas para participar en actividades de aprendizaxe de inglés ou francés. O prazo vai do 6 de marzo ó 7 de abril e a cantidade a aportar dependerá dos ingresos familiares.
Máis información en:
https://www.edu.xunta.es/axudasle/
¿Queres saber máis do software libre e das licenzas Creative Commons? Baixa o seguinte documento en pdf. Axudarate a preparar o exame!!!
Comeza o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos de grao medio.
Podes presentar a solicitude na secretaría do centro, entre o 27 de febreiro e o 9 de marzo.
Os requisitos básicos que tes que cumprir son:
-Ter 17 anos cumpridos ou cumprilos no ano natural.
-Non ter o título da ESO.
Máis información en www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio ou no departamento de orientación.
Dos días 9 a 11 de febreiro de 2012 celebrouse en Pontevadra o IV Encontro das Escolas Asociadas da UNESCO de Galicia.
O IES Pedra da Auga participou con dúas actividades:
-Obradoiro de radio
-Obradoiro de multilingüiismo

DATAS DA SELECTIVIDADE 2012:
6-8 de xuño
19-21 de setembro
Consulta o calendario completo no seguinte link:
http://ciug.cesga.es/PDF/calendariocentros.pdf
Se estás en 4º da E.S.O e escolliches como materia optativa a Tecnoloxía, descarga o arquivo adxunto ao teu pen e enche as preguntas que te propoño
O alumnado de 4º da ESO está a crear un sitio cos traballos deste ano e cunha lembranza de traballos feitos por compañeiros de anos anteriores, algúns dos cales foron premiados.
Agardamos que che guste!
https://sites.google.com/site/quimicaiespda/home/
.......................................
Problemas de MECÁNICA
Movemento Uniforme (MU)
1-Expresa unha velocidade de 120 km/h en m/s.

Na AULA VIRTUAL podes atopar un curso co nome de RECURSOS DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA, ó que podes acceder como convidado. Nel podes atopar cousas como tests de orientación vocacional de resolución on-line, consellos para optimizar o estudio ou información de interese para preparar as distintas probas de acceso.