Saltar navegación.
Inicio

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS NO IES PEDRA DA AUGA.

 

ALUMNADO QUE QUEIRA PEDIR PRAZA DA ESO: MARTES 23 DE XANEIRO ÁS 17:00 HORAS.

 

ALUMNADO QUE QUEIRA PEDIR PRAZA EN BACHARELATO: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HORAS.

Inditex CS ADM

30/11/2023 08:00

SAIDA DIDACTICA LEÓN ATAPUERCA e BURGOS

Saida didactica conxunta co departamento de filosofía para 1º Bacharelato. Consultar ficheiro adxunto.

 

INICIO DO CURSO 2023/2024

INICIO DO CURSO 2023/2024

 


O vindeiro luns 11 de setembro comezan as clases para todo o alumnado no IES Pedra da Auga co seguinte horario de mañá 08:45 a 14:25 e pola tarde 16:20 a 18 horas. 

No aplicativo de Abalar atoparán o nivel e clase na que o alumnado está matriculado. 

O alumnado de 1º da ESO debe acceder directamente a Biblioteca onde os esperarán os seus titores/as no documento adxunto poden consultar quen é.  

O alumnado de 1º de Bacharelato debe acceder directamente ao salón de actos onde estarán os seus titores/as; no documento adxunto poden consultar quen é. 

O alumnado de nova incorporación ao centro dos cursos de 2º, 3º e 4º deben esperar na entrada e serán acompañados as aulas correspondentes. 

Proximamente serán convocados as reunións de Pais e Nais onde se lles comunicará toda a información de inicio de curso e a entrega dos cheques de material. 

O resto de alumnado debe ir dierectamente a súa aula asignada que poden consultarla no documento adxunto. 

Un saúdo 

Equipo Directivo

 

Formularios de matrículas e prazos.

O Vindeiro mércores día 19 saen as adxudicacións de prazas para primeiros cursos de Ciclos medios e superiores e comeza o prazo para as matrículas, que abrangue ata as 13 horas do día 24.

O luns día 24 saen as adxudicacións para primeiros cursos da FP básica e comeza o prazo de matrícula que no noso Centro abrangue ata o día 28.

O horario de atención ao público é de 10 a 13 horas.

Formulario para as matrículas de ciclos e FP Básica  das persoas adxudicadas.

 

Tamén é posible que se adxudique algunha matrícula para 1º curso de bacharelato nestes días.

Formulario para 1º de bacharelato.

Calendario de exames extraordinarios.

Os calendarios extraordinarios de xuño pódense consultar nos seguintes enlaces:

F.P. Básica

Bacharelato.

Concurso intercentros: Repensando o amor

Concurso intercentros: Repensando o amor:

O 24 de marzo tivo lugar na biblioteca do IES Val do Tea a entrega de premios do concurso filosófico intercentros "Repensar o amor", convocado co gallo do 14 de febreiro. As persoas gañadoras e finalistas foron as seguintes:
- Modalidade A (ESO):
     • Gañador: Hugo Menéndez Farpón (IES Pedra de Auga).
     • Finalista: Alejandra Pérez Cuevas (IES Pedra de Auga).
- Modalidade B (Bacharelato):
     • Gañadora: Sofía Rodríguez Fernández (IES Val do Tea).
     • Finalistas: Sofía Tellado Muñoz (IES Val do Tea), Antía Martínez Pérez (IES Pedra de Auga) e María Alba Ramallo Martínez (IES Val do Tea).

¡Parabéns aos gañadores e finalistas!

8M: Mural e entrevista na radio

8M: Mural e entrevista na radio

No día 8 de marzo  un grupo de 5 alumnos de 4º ESO A e B parciparon nunha entrevista na radio do centro onde se sinalou a importancia de coñecer as orixes e desenvolvemento do movemento feminista, así como a identificación dos problemas que afectan as mulleres na actualidade.

Distribuir contido