Saltar navegación.
Inicio

Recursos

A Augateca incorporouse ao Plan de mellora de bibliotecas escolares para centros públicos da Xunta de Galicia, no curso 2013-14 (PLAMBE 9). O que permite recibir unha asignación económica cada curso para a renovación dos fondos da nosa colección, cuxa contía depende da avaliación da memoria das actividades levadas a cabo no exercicio anterior, así como das liñas prioritarias de actuación presentadas para o seguinte período.

A xestión recae nun equipo de profesores e profesoras, cun marcado carácter interdisciplinar. Cada membro do equipo ten de media 1 ou 2 horas de atención a BE, cunhas funcións asignadas e asiste a reunións periódicas para a planificación/coordinación e seguimento do plan de traballo.

A BE está adherida ao programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, na modalidade de “VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR”, dito programa, gracias a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, permite o recoñecemento das horas BE para o alumnado colaborador, mediante un diploma acreditativo. Cada curso renovase con alumnos de todos os niveis educativos, ata un total aproximado de 15, que por parellas nos recreos ou en grupos, realizan tarefas de apoio na xestión e dinamización, fomento da lectura e conmemoracións, con un elevado grado de implicación.