Saltar navegación.
Inicio

Prazos de matrículas para ciclos formativos

Os prazos para as matrículas de ciclos formativos aínda non se coñecen.

Cada ano hay dous períodos, ordinario e extraordinario. Trátase de procedementos online centralizados para facer as solicitudes de admisión e as matrículas para primeiros cursos de ciclos medios e superiores.

O normal é que esta convocatoria comece ao final do calendario escolar. É de esperar que a convocatoria empece máis ou menos a partir do día 19 de xuño.

Ao alumnado de primeiros cursos que precisa matrícula para o segundo curso se lle facilitará a información co boletín de notas final. Outros anos estas matrículas tiveron lugar na semana que comeza a partir do día 11 de xullo, xa que ata o día 10 de xullo a secretaría do IES está ocupada coas matrículas de ESO e bacharelato.

O prazo para as solicitudes de admisión é en setembro todos os anos, xa que é nas avaliacións extraordinarias de setembro da ESO onde o profesorado que avalía fai as recomendacións de incorporación á FP básica. Os de segundo curso de FP Básica recibirán a información do trámite de matrícula co último boletín de notas.