Saltar navegación.
Inicio

RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA 23-24:

Aquel alumnado que promocionou ao curso seguinte pero non aprobou algunha  materia do Departamento de Filosofía será obxecto dun seguimento para a súa recuperación:

-      VALORES CÍVICOS E ÉTICOS:

  •  Entrega dos traballos de recuperación colgados no edixgal nas datas sinaladas para tal fin onde o alumnado desenvolverá as competencias pertinentes.
  • O alumnado coa materia pendente será convocado ao inicio do curso para explicarlle o plan de recuperación, localización dos traballos, datas de entrega e outras cuestións de interese.
  • Se o alumnado non supera a materia mediante a entrega de traballos realizará unha proba final no mes de maio en función a contidos mínimos.  

 

-     FILOSOFÍA 1º DE BACHARELATO:

  • O alumnado coa materia pendente será convocado ao inicio do curso para explicarlle o plan de recuperación, localización dos exercicios de repaso, datas de entrega, datas de exame e outras cuestións de interese para a recuperación da materia pendente.
  • As dúas vias para a recuperación son:
    • Realización de dúas probas parciais. O alumnado realizará dous exames parciais, un en xaneiro e outro en abril. A nota final será a cualificación media das dúas probas; considérase aprobada a materia pendente se se acada un mínimo de 5 puntos.O alumnado que supere a materia por esta vía non terá que presentarse á proba final
    • Proba final no mes de maio. En caso de non aprobar a materia pola vía anteriormente descrita, o alumnado poderá realizar a correspondente proba final única, establecida para o mes de maio pola xefatura de estudos. En canto aos contidos, mínimos esixibles, criterios de avaliación etc., remitimos á correspondente programación de 1º de bacharelato. Considérase aprobada a materia pendente se se acada un mínimo de 5 puntos.