Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Prazas vacantes en ciclos formativos

Hai prazas VACANTES nos seguintes ciclos formativos ofertados polo centro:

-CM de Instalacións eléctricas e automáticas

-CM de Servizos Administrativos

-CS de Administración e Finanzas

Podes matricularte ata o día 2 de outubro ás 13:00 h. Lembra que para acceder ó CM necesitas o título da ESO ou proba de acceso e para acceder ó CS, o título de Bacharelato ou proba de acceso.

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O alumnado con discapacidade, trastorno de conducta, TDAH ou altas capacidades pode solicitar unha bolsa para recibir apoio pedagóxico ou logopédico fora do centro.

A solicitude pódese entregar na secretaría do centro ata o día 30 de setembro de 2015.

O impreso xérase na sede electrónica do Ministerio de Educación e hai que realizar un rexistro previo.

Unha vez feito o rexistro, co nome de usuario e o contrasinal obtido, pódese iniciar o trámite da solicitude.

Preme no enlace que segue para iniciar o procedemento:

https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=680

Visita do alumnado do colexio adscrito

Como todos os anos, o alumnado de 6º de primaria visitou o noso centro. Agardamos que marcharan contentos!

Preme na imaxe para ver as fotos da visita:

Cursos de inmersión lingüística en inglés del Ministerio

Se estás cursando unha ensinanza postobrigatoria (ciclos formativos ou bacharelato), podes mellorar o teu nivel de inglés con cursos de inmersión lingüística en España.

Para poder optar a elas, tes que ter sido becario do MEC e ter unha nota mínima de 7 en inglés. O prazo de presentación abrangue ata o 9 de abril de 2015.

Máis info en:
Cursos de inglés do Ministerio de Educación

Listaxes provisionais probas de acceso ciclo superior

Xa podes consultar os/as admitidos/as ás probas de acceso de ciclo superior. Se non apareces nas listaxes ou atopas algún erro, podes reclamar do 24 ó 26 de marzo.

O alumnado inscrito no Pedra da Auga atópase nas páxinas 457 a 463 do documento:Listaxe de admitidos

Cursos de inglés en Galicia

 

Se queres mellorar o teu inglés e coñecer rapaces e rapazas doutras partes de GALICIA, apúntate a esta actividade.

Tes de prazo desde o 17 de marzo ata o 16 de abril (incluído).

Consulta o procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Probas libres ESO e Bacharelato

Se non acadaches o título da ESO ou do Bacharelato e non estás matriculado nestas ensinanzas, no curso 2014/2015, podes presentarte por libre, nos centros de Educación para Persoas Adultas.

Consulta os prazos de matrícula e tipos de exame nos seguintes enlaces:

ESO

Bacharelato

Reunión solicitantes "Europa. Next Station: Vocational Training Network"

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA CANDIDATOS Á REALIZAR A FCT EN EUROPA

ORDE DO DÍA:

1- Procedemento para levar a cabo a selección definitiva de adxudicados.

2- Entrega do protocolo a seguir por parte do alumnado seleccionado.

LUGAR: Despacho de Dirección

DÍA: Mércores, 17 de decembro de 2014

HORA: 11.15-11.55

CONVOCA: Marta Torreiro, Coordinadora de Programas Internacionais

Dando a cara pola igualdade de xénero

GRACIAS a tod@s os que DESTES A CARA e, en especial, a Samuel, a Naila (botámoste de menos!), a Lara e o grupo de 3º PDC (tamén coñecido como Sobrevivirei!). 

Podedes comprobar o guapos que saístes en:

Dou a cara  ou

https://twitter.com/augaorienta

Dillo a quen maltrata

Os escritores/as de 1º e 2º da ESO teñen moito futuro! Descubre os cartas elixidas como gañadoras no noso IES, premendo na imaxe. PARABÉNS!!!

Distribuir contido