Saltar navegación.
Inicio

Premios

Premios que o IES recibiu

A regueifa dos metais

O proxecto realizado polos alumnos/as de 4º da ESO e coordinado por Xabier Prado, acadou o 2º premio da III Olimpiada Galega de Química para alumnos da ESO, na modalidade de Proxecto integrado.
Parabéns para todos os que participaron!
Enlace ó video:

http://www.youtube.com/watch?v=VoWe54kA9u8&feature=mfu_in_order&list=UL

Becas High School

O alumno do noso centro GONZALO NAYA PITA resultou seleccionado para participar no programa internacional de Becas High School, que lle permitirá pasar un curso académico estudando en Estados Unidos.

NORABOA!

Se queres coñecer máis sobre estas bolsas financiadas pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega, preme sobre o seguinte enlace:

http://www.becashighschool.org/

Nova publicada no "Atlántico Diario" o día 18 de decembro de 2010.

GaliciaSkills

No mes de novembro de 2010 celebrouse en Galicia o I Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2010.

PREMIOS GAÑADOS POLO IES PEDRA DA AUGA

PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE OS TEMAS TRANSVERSAIS polo traballo sobre  EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE AMBOLOS SEXOS. ANO 1997
PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE OS TEMAS TRANSVERSAIS polo traballo sobre EDUCACIÓN PARA A PAZ. ano 1997.
PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE OS TEMAS TRANSVERSAIS polo traballo sobre EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE ÁMBOLOS SEXOS. ANO1998
PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE OS TEMAS TRANSVERSAIS polo traballo "Transversalidade na Educación" (1999)
TERCEIRO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA (polo traballo "Día da Paz 2001: o intercambio cultural")
TERCEIRO PREMIO A EXPERIENCIAS E PROXECTOS DE PROMOCIÓN DE CONDUCTAS TOLERANTES (polo traballo "Coa memoria voltaron.
Agora témolas connosco"). ANO 2001.
PREMIO ANTÓN FRAGUAS polo traballo sobre AS PESQUEIRAS.

 

Gañadores do concurso escolar da ONCE

Alumnos de 1º ESO A resultaron gañadores da Fase Provincial do concurso escolar da ONCE, clasificándose para a Fase Autonómica.

PARABÉNS para:

CLARA VILLARINO GÓMEZ, BELÉN ARJONES FERNÁNDEZ, PAULA CODESEDA TRONCOSO e ANTONIO HUESO BRAVO.

XOGO DA BOLSA CAIXAGALICIA

VII EDICIÓN XOGO DA BOLSA ORGANIZADO POR CAIXAGALICIA (CURSO 2007/08)

 

 

Europoems

O IES Pedra da Auga participou no curso 2007/2008 xunto co Liceo D´Alessandro de Palermo (Sicilia, Italia) e a Hisar Schools de Estambul (Turquía) coa colaboración da ES de Sá da Bandeira de Santarém (Portugal) e un centro alemán nun proxecto para construir unha páxina web conxunta sobre poesía europea.

A web ten por título "EuroPoems"     , e desafortunadamente xa non é accesible en Internet a páxina web orixinal (desapareceu do servidor da escola turca que o aloxaba)

O IES Pedra da Auga presentou varios poemas:

-Adeus Ríos, de Rosalía de Castro, en galego

-Andaluces de Jaén, de Miguel Hernández, en castelán

Distribuir contido