Outro ano máis estamos a organizar a nosa carreira de atletismo (neste caso, adiantada ao venres, 22 de marzo). Como xa sabedes, trátase dunha carreira:

- Solidaria: coa ficha de inscrición hai que achegar un kg de comida non perecedeira que se entregará a Cáritas de Meira.

- Reivindicativa: xa que pedimos un día das letras galegas para Avelino Díaz.

- Festiva: pódese correr/andar disfrazado/a.

- Unha carreira para socializar: xa que participará a comunidade educativa do IES Fonmiñá da Pastoriza (alumnado e profesorado) e as familias que queiran do noso alumnado.

Para participar só tes que cubrir o formulario que podes descargar AQUÍ ou na imaxe (ou solicitalo en secretaría), cubrilo e levalo á secretaría do IES Pedregal de Irimia cun quilogramo de comida non perecedoira antes do día 18 de marzo. A primeira das carreiras comezará a partires das 11:30 h na Campa do Plantío.

Tags:
23/02/2024 00:01

 

Este curso 2023-2024, no IES Pedregal de Irimia continuamos co proxecto comezado o curso pasado para fomentar o pracer da lectura entre a comunidade educativa.

Invitámosvos novamente a unirvos club de lectura para adultos dirixido a toda a comunidade educativa (nais e pais, titoras/-es legais, profesorado e persoal non docente), dentro do club de lectura Soños de papel, que leva xa varios anos funcionando no centro.

A idea é xuntarnos unha vez por trimestre para falar dun libro, compartindo opinións co fin de enriquecernos cos distintos puntos de vista que aporte cada un dos membros e realizar algunha outra actividade cando sexa posible.

 

MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ

Distribuir contido