II CARREIRA SOLIDARIA: UNHAS LETRAS PARA AVELINO

Mércores, 21 de xuño de 2023, a partires das 9:45 h

Contorna do IES Pedregal de Irimia

Participantes: alumnado e persoal (docente e non docente) do IES Pedregal de Irimia.

Carreiras (pódese facer andando, modo “paseo”):

• 1º, 2º e 3º da ESO: 1,35 km (1 volta ao cirtuíto).

• 4º da ESO, Bacharelato e adultos: 2,6 km (2 voltas ao circuíto).

Premios: 1º, 2º e 3º clasificada e 1º, 2º e 3º clasificado nas seguintes categorías: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, 2º BAC e ADULTOS (estes dous últimos formarán unha soa cateogoría).

Nos seguintes pdf  está toda a información:

Tags:

Entrega de premios de The Big Challenge a 1° e 2° ESO, curso 2022-23.

Os primeiros postos foron para Iván López Novo de 2º ESO, Aya Lafou Bouftini de 2º ESO, Natalia Andión Bergantiños de 1º ESO e Younes Abdennaouí de 1º ESO.

Todos os participantes levaron un agasallo.

Preme sobre a imaxe

Fotografías da festa do 40 Aniversario do IES Pedregal de Irimia.

Preme aquí

Entrevistas realizadas con motivo da celebración do 40 Aniversario do IES Pedregal de Irimia.

No D.O.G. do 19 de maio de 2023 publicouse a Orde do 10 de Maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convoncan axudas para adquirir libros de textos e material escolar destinado ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria para o curso 2023 /24.

 Como aspectos máis destacables desta orde pódense sinalar:

 • E-DIXGAL: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto de educación dixital será excluido da participación no Fondo solidario de libros. No IES PEDREGAL DE IRIMIA  haberá EDIXGAL en toda a ESO polo que o alumnado non terá a axuda de Fondo libros. O IES PEDREGAL DE IRIMIA, á marxe da convocatoria oficial de participación no fondo solidario de libros de texto convocado pola Consellería de Educación, repartirá entre o alumnado perceptor da axuda para adquirir material escolar os libros de texto que ten en existencias das materias que non entran en EDIXGAL.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: 

             1. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € : 75 €

             2. Renda per cápita entre 6000 e 10.000 € : 60 €

PRAZO DE SOLICITUDES: 19 de maio ao  21 de xuño de 2023.

 

                                      Meira, 23 de maio de 2023

 

Distribuir contido