Parabéns á promoción 2017-2023!!

Que o voso futuro sexa prometedor e lembrade o que dicimos as profesoras e profesores do IES Pedregal de Irimia: "O mellor do noso centro é o seu alumnado"

PREME NA IMAXE

Alumnado de 3º ESO de Educación Dixital, 4º ESO de TIC e 1º BAC de Tecnoloxía e Enxeñaría Industrial, participou na 6ª competición de robots da Universidade de Vigo. O equipo Pedregal 2 gañou o premio á orixinalidade polo seu robot "Raio Pedregal". Os premios consistiron nuns auriculares e un rato para cada alumno/a. Ao centro déronlle dous robots mboot. Parabens ao alumnado e profesorado participante nesta actividade.

Actividade organizada polos departamentos de Música e Xeografía e Historia; o alumnado participante, de 1º e 2º BAC, realizaron unha visita á catedral, ao Auditorio de Galicia e fixeron unha ruta turística pola cidade.

 

26/05/2023 21:00

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR

As entradas pódense mercar (ATA O 10 DE MAIO) nos seguintes establecementos de Meira:

• Café-Bar La Flor

• Cafetería-Bar Xeira

• Casa Cazoleiro

• Hotel-Agrotaberna I máis D

• Librería Laurel-O Estanco

• Librería Papelería A Praza

• Librería Pedregal

• Mesón Parrillada O Pozo

• Nova Pizza Meira

• Panadería Castañal

• Panadería Muriato

• Pastelería Casa do Muiñeiro

• Pastelería Horacio

• Tapería Arguiñano

• Tíbor

Os/as de lonxe tamén as poden encargar chamando ao teléfono do Instituto e realizando o pagamento por transferencia.

Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Filosofía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual, realizaron unha visita a Santiago de Compostela para visitar o Museo do Centro Gaiás e o Museo de Historia Natural da USC co alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

 

 

 

Distribuir contido