Co obxectivo de pór en marcha o libro dixital nos centros educativos galegos, o proxecto E-Dixgal arrancou no curso 2014/2015. O IES Pedregal de Irimia foi seleccionado para comezar este curso 2017-18. Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais.O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline).

OS ALUMNOS DE 1º E 2º ESO PARTICIPAN NO EDIXGAL
17/04/2018 09:20
18/04/2018 15:05

Concurso de inglés online no que participará o alumnado de primeiro e segundo de ESO

Tags:
22/02/2018 10:53

Este ano volvemos a participar no concurso The Big Challenge. O 17 de abril, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de ESO serán os encargados de representar ao IES Pedregal de Irimia neste concurso internacional. Para máis información, fai clic aquí.

Tags:
21/02/2018 18:42

Desde o Departamento de Inglés estamos traballando para crear un proxecto dixital con varias escolas de outros países de Europa. Este proxecto farémolo a través da plataforma eTwinning. Pronto poderemos darvos máis información.

 

 

 

 

 

 

 O noso centro foi selecionado paraparticipar na primeira fase do proxecto Abalar. 

Todos os nosos alumnos de 1º ESO disporán dun notebook na aula,con conexión a Internet, así como unha pizarra dixital e un cañón co que sepoderán proxectar sobre a pizarra os contidos que o profesor considere oportuno(videos,  programas educativos, ...)  Preténdese que os nosos alumnosdispoñan dunha ferramenta máis coa que fixar os contidos propios da etapaademáis de adquirir unha gran destreza no manexo dos novos medios.  

O Proxecto proporcionarlle aos pais información directasobre a as faltas de asistencia dos seus fillos, das súas notas, epoderán facer un seguimento académico dos fillos, grazas a unprocedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores.

http://www.edu.xunta.es/web/abalar

Distribuir contido